Estadullos


| | | | Estadullos dun carro tradicional galego | | | |
Para termar da carga están os estadullos. Para termar da lingua están os bos e xenerosos.



Estou...
 FEIXES
 FOTOBLOGOTECA
 Outros carros
 Abrir regos
 Por outros carreiros
 ARQUIVO

O QUE TEN CU...
Levando o carro cara a Vieiros, topeime cun penedo ben grande no medio do carreiro: unha plataforma para "conciliar" as linguas da Galiza.
Reivindícase a "non imposición" da lingua que non sexa a materna do profesor/a, por aquilo da transmisión correcta dos contidos ós alumnos/as. (!) Xa se sabe: os profesores que imparten francés deberán ensinar castelán (ou galego); os profesores que imparten inglés, deberán ensinar castelán (ou galego; os profesores que imparten galego, deberán ensinar castelán (ou galego).
Cando asoma a posibilidade de aumentar a dotación horaria das materias impartidas en lingua galego, aparecen os paladíns do bilingüismo harmónico.
Que quede claro:
- os profesores do ensino público, pola súa condición de funcionarios, deben acatar a lexislación relativa ó emprego da lingua nas aulas. Isto non é imposición, senón a lei (que, por outra banda, non se soe cumprir como cómpre). Se dubidan, falen co fiscal xefe do TSXG.
Que mágoa que estas plataformas non se crearan no inicio dos nosos Séculos Escuros!
Relación directamente proporcional: 68% de materias en galego = maior índice de protesta. Había ser ó revés.
O que ten cu...
Comentarios (0) - Categoría: Aguilloando - Publicado o 30-01-2007 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
Saúde e Terra