O martes fixemos unha excursión a Ourense. Collemos o tren das termas na praza maior e unha monitora foinos explicando todo. Logo paseamos pola ponte romana e chegamos á estación; alí visitamos o tren avant e regresamos en tren ata o Carballiño disfrutando das maravillosas vistas dende a ponte sobre o río Miño.
Unha viaxe fantástica.
O venres fomos ao auditorio para ver unha obra de teatro: A PANTASMA DO PALCO, un espectáculo musical e teatral que conta a historia de cinco amigos que buscan un lugar para ensaiar a música que lles gusta. Así, deciden probar sorte no xardín dun palacete abandonado nos arredores da vila. Alí saben que hai un palco de música ao que ninguén foi dende hai moito, moito tempo porque, malia que está deshabitado, ás veces vense nel sombras e escóitanse belas melodías…
Disfrutamos moito con esta representación.