|
|
|
|
ECD.01: LUDI-MUIÑEIRA |
|
gaitas ou... o que se quera
Empezo esta sección, na categoría de obras didácticas cun pequeno experimento que escribín fai anos e hoxe animeime a dixitalizalo e divulgalo.
Isto ven dunha curiosísima partitura de Mozart que tiven nas miñas mans cando era pouco máis que adolescente: tratábase dun minueto para ser executado ao azar, mediante varias tiradas cun par de dados.
Por tanto a idea non é orixinal, mais sempre tiven na miña testa facelo para gaitas e con ritmo de muiñeira, asi que, aqui tedes a partitura -con instruccións nas primeiras páxinas- :
Ludi-Muiñeira. Partitura
Collede as gaitas, un par de dados e... xa me contaredes que tal foi o experimento.
Ah por certo, se hai algún namorado das matemáticas que, despois de botar unha ollada á partitura fixera un comentario para saber cantas combinacións serían posibles, lle estaría moi agradecido.
E que os números non son o meu :)
|
|
|
|
|
|