Agora xa sei o que é ser formiga!
Non camiño como Silvio por ningunhas costas,
mais aquela sensación é indescritible,
… afastados da popular zona de surfistas,
atopámonos camiñando polas embravecidas ondas da colina de area,
no verdadeiro Strandhill.
Despois de tantisimo tempo, tentamos retomar a blogoteca co vello espíritu fotolog-ero (moito máis animado él). Comezaremos dando a noraboa ao Jose, pola fantástica toma, vai xa un ano, nun lugar fantástico, ficando como mención especial polo xurado, magoa de primeiro premio!! que ben o merecías... a lo menos respecto a quen o levou. Para o meu gusto houbo moitas fotos mellores ca gañadora... aiss eses tribunais... haberá algún obxectivo e neutral??
Ai abaixo vai o enlace para ver as fotos do concurso.
Vou subindo imaxes deste fin de ano, por cortesía do Jose. Aha, quedan para a posteridade, para ben o para mal, jojojo. E hai que dicir que non estivo mal!! Iso sí, abundaban os lajartos e as boas! Fiuff
Un bico a todos, e que este novo ano sexa cando menos tan bo como o anterior.
(aniña, voute aforrando traballo. Ti, anímate a subir as outras, mulleriña)
O noso fogar segue a ser un rebumbio de vida... mais esta vez dun xeito menos inusual... que o das setas... iso non ten nome!!!
Cristino, é unha especie de ocupa. Somo tan só nais de acollida, pois este animaliño deixaranos de acompañar sobre o 9 de Xaneiro, cando a súa dona regrese dunhas vacación polas terras de berce deste pequeno Cuis.
A verdade é que é moi cuquiño... inda que algúns se empeñen en consideralo un parco animal de compañía!!
:P
o único malo é que non para de comer en todo o día! xa non sei que verdura lle dar para que non aborreza, jojojo.
Pois ale, a pasar todos unhas boas festas, de
Cristino, Marga e Eu.
Outra desvergonzada que tomou o noso fogar!!! Nada tería pasado se tivese medrado na terraza... benvida fora a pequena criatura... pero cando os cogomelos empezan a agromar nos teitos do teu fogar, violando brutalmente as capas de pintura... iso xa é outra cousa!!
Estouna intentando identificar, pero se alguén bota axuda, será recompensado.
Aí o vai. Xa deixei atrás ao xigante de ferro. O pobre, agora no inverno ficará máis tranquilo. Desaparece a poboación e o pequeno vandalismo... juejejue
Vou subindo cousas da Irlanda... que hai moreas... ai mi madriña... JOOOoooosee, como volvas facer tanta fotografía cortoche as... MANS polo menos, jum. Que de 1000, xa só facer unha selección de 100 da un traballo de carai.
O video é dun pub en Sligo. En varis ocasión topamos co acordeón diatónico, mais esta sesión de música tradicional foi xenial. O rapaciño uniuse ao grupo, e despois de tocar esta primeira peza, unha tarantella, tiñades que ver como lle jalearon naquel corral! Gusta moito por alá.
O rapaciño era francés, e levaba só dous anos tocando e por conta propia... isto non sei se dá exactamente ánimos para continuar, ou desesperación pura!!!!
(abaixo enlace fotos da primeira etapa: do Eire ao Ulster)
Amarante, Caleidoskopio, Faísca e Verdegaia organizan este sábado 31 de maio unha nova edición do mercadiño de troco e cesión na rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, entre as 12 e as 14:00. O mercadiño de Vigotroca é unha aposta por un consumo consciente e solidario, pola reutilización e a reciclaxe, pola participación cidadá e a utilización da rúa como espacio de intercambio e lecer. Se tes pola casa un montón de cousas que xa non usas e, pola contra, precisas doutras que non podes ou non queres mercar, pásate polo mercadiño de Vigotroca. Unha boísima ocasión para trocar, compartir e gozar da rúa. Sen cartos, porque a xente non ten prezo.
As asociacións que potencian o mercadiño de Vigotroca manteñen tamén a páxina web de intercambios http://vigotroca.arkipelagos.net, na que os particulares poden trocar ou ceder os seus bens e servizos.