Os Enredos Musicais
Asubío de cana.
Facíase cunha cana de 10 ou 12 cm. de longo e 1 ou 2 cm. de diámetro. Esta cana tiña un nó por un dos extremos. No outro, facíase un bisel coa navalla como o dunha frauta de pico e no furado  dese extremo introducíase un cortizo ou un pau cun rebaixe plano en dirección ó bisel, polo que ó soprar, se acadaba o son.
Tamén era posible facelo cunha cana máis longa e facerlle furados para os dedos. Asi teriamos unha frauta de pico coa que poderiamos facer melodías.
As Follas.
Ainda quedan en Galiza algúns maiores e non tan maiores que tocan a folla, como Mero da Baña que foi de quen puiden aprender a tocar este "instrumento".
As follas máis axeitadas son as de hedra, cartucho (ou corneta), limoeiro ou laranxeiro e sempre para aprender buscanse as máis tenras.
A folla cóllese cos dedos indicadores e polgares deixando unha distancia entre eles duns 3 cm. e ponse entre os beizos pero colocandoa de xeito que o extremo doble cara fóra facendo así unha lingueta que vai vibrar contra o beizo superior. Entón cos beizos prácticamente pechados, soprase cara adiante, sen que o aire fuxa por baixo e con pacencia xa que non é doado obte-lo son. Unha vezque  a folla produza algún tipo de son, sabemos que imos no bo camiño e que xa logo sacaremos un son limpo.
Para facer melodias, simplemte modulamos como cando asubiamos, e hai xente que asubía mellor e outros que peor, pero caseque todos asubiamos.
ASUBÍO DE ABELÁ.
Antigamente collían unha abelá e desgastabana contra unha pedra pola punta(xa que non era doado atopar papel de lixa)ata facer un rebaixe máis ou menos de un cm. de diámetro. Logo valeirábana e xa estaba lista para tocar.
CASCAS DE LANDRAS.
Este enredo usouse como asubio.Debiu seu moi popular xa que ata o de agora atopamos ata tres xeitos diferentes de facelas sonar e en calquera destes xeitos o son producese con facilidade.
Estes asubios poden usarse todo o ano xa que podense facer sonar tanto secos como verdes o que seguramente favoreciu a expansion do mesmo.
A maioría deles non tiñan acceso a xoguetes nin posibilidades económicas para mercalos, por iso, cun mínimo de ferramenta e materiais que os rodeaban no dia a dia, construian os seus xoguetes e os que aquí nos ocupan e preocupan son os xoguetes sonoros ou como prefiro chamalos, os Enredos Musicais.
Normalmente facianos no tempo libre e moitas das veces cando ían co gando xa que era unha tarefa doada e aburrida. Esta laboura consistía en levalo gando ata un prado e coidar que non escapara para a leira dun veciño.
Era nestes momentos cando a cabeciña comezaba a dar voltas e tentaban facer algún trebello para que o seu labor se fisexe un chisco mais curto.