Xa tedes aqui o novo blog adicado os Enredos Musicais e onde poderedes ver,coñecer, comentar e aportar os vosos comentarios sobre os temas que aqui se iran expoñendo.
un sáudo a todos Emilio Lois.
anuncios
|
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Asubío de cana. |
|

Facíase cunha cana de 10 ou 12 cm. de longo e 1 ou 2 cm. de diámetro. Esta cana tiña un nó por un dos extremos. No outro, facíase un bisel coa navalla como o dunha frauta de pico e no furado dese extremo introducíase un cortizo ou un pau cun rebaixe plano en dirección ó bisel, polo que ó soprar, se acadaba o son.
Tamén era posible facelo cunha cana máis longa e facerlle furados para os dedos. Asi teriamos unha frauta de pico coa que poderiamos facer melodías.
|
|
|
|
|
| As Follas. |
|
 Ainda quedan en Galiza algúns maiores e non tan maiores que tocan a folla, como Mero da Baña que foi de quen puiden aprender a tocar este "instrumento".
As follas máis axeitadas son as de hedra, cartucho (ou corneta), limoeiro ou laranxeiro e sempre para aprender buscanse as máis tenras.
A folla cóllese cos dedos indicadores e polgares deixando unha distancia entre eles duns 3 cm. e ponse entre os beizos pero colocandoa de xeito que o extremo doble cara fóra facendo así unha lingueta que vai vibrar contra o beizo superior. Entón cos beizos prácticamente pechados, soprase cara adiante, sen que o aire fuxa por baixo e con pacencia xa que non é doado obte-lo son. Unha vezque a folla produza algún tipo de son, sabemos que imos no bo camiño e que xa logo sacaremos un son limpo.
Para facer melodias, simplemte modulamos como cando asubiamos, e hai xente que asubía mellor e outros que peor, pero caseque todos asubiamos.
coa folla pasa o mesmo. |
|
|
|
|
| ASUBÍO DE ABELÁ. |
|
Este é outro dos enredos sinxelos de facer.
Antigamente collían unha abelá e desgastabana contra unha pedra pola punta(xa que non era doado atopar papel de lixa)ata facer un rebaixe máis ou menos de un cm. de diámetro. Logo valeirábana e xa estaba lista para tocar.
para facela sonar simplemente hai que soprar como se apagaramos unha vela (cos beizos relaxados) e igual que o fariamos nunha botella,aínda que cun fio de aire máis fino. Este enredo acostumaba a facerse do mesmo xeito con pedras de pexegos. |
|
|
|
|
| CASCAS DE LANDRAS. |
|
 CASCAS DE LANDRAS.
Este enredo usouse como asubio.Debiu seu moi popular xa que ata o de agora atopamos ata tres xeitos diferentes de facelas sonar e en calquera destes xeitos o son producese con facilidade.
Estes asubios poden usarse todo o ano xa que podense facer sonar tanto secos como verdes o que seguramente favoreciu a expansion do mesmo.
pode atoparse tamen no Norte de Portugal. |
|
|
|
|
|
|
Fai non tantos anos os nenos para "adivertirse" debian recurrir á súa astucia e habilidade.
A maioría deles non tiñan acceso a xoguetes nin posibilidades económicas para mercalos, por iso, cun mínimo de ferramenta e materiais que os rodeaban no dia a dia, construian os seus xoguetes e os que aquí nos ocupan e preocupan son os xoguetes sonoros ou como prefiro chamalos, os Enredos Musicais.
Normalmente facianos no tempo libre e moitas das veces cando ían co gando xa que era unha tarefa doada e aburrida. Esta laboura consistía en levalo gando ata un prado e coidar que non escapara para a leira dun veciño.
Era nestes momentos cando a cabeciña comezaba a dar voltas e tentaban facer algún trebello para que o seu labor se fisexe un chisco mais curto.
Muitos dos vellos gaiteiros que aínda hoxe tocan iniciaronse na música en momentos coma estes, sen decatarse da importancia do traballo que fixeron na transmisión destes enredos duns rapaces a outros |
|
|
|
|
|
|