Enredada


EU
 OS MEUS ENREDOS
 NO QUE ENREDAN OUTR@S
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Sensualidade... Que palabra...


Big Time sensuality. Bjork

Comentarios (0) - Categoría: Enredada en cancións - Publicado o 18-07-2008 01:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Ela puxo un hamster na súa vida

www.Tu.tv
Comentarios (0) - Categoría: Gatos e demais familia - Publicado o 21-06-2008 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Fermosa e tráxica.
"Nese instante crin entender por qué non recuperara aquela éxtase primeira, e que xamais a volvería a recuperar; que calquera novela que fose escribir no futuro escribiríase sen desgana, mais tamén sen expectación e sen ledicia: que n'O ruído e a furia deixara xa probabelmente a única cousa que en literatura me ía conmover a fondo: Caddy a gabear pola pereira para contemplar pola ventá o velorio da avoa mentres Quentin e Jason e Benjy e os negros ollaban cara arriba o traseiro enlamado das súas cirolas.

Esta é a única das sete novelas que escribín sen ningunha sensación paralela de esforzo ou présa, e sen unha sensación ulterior de esgotamento, alivio ou aversión. Cando a empecei, non tiña plan ningún. Nin sequera pensaba escribir un libro. [...] Un día sentín coma se pechase a porta entre min e todos os enderezos e catálogos das editoriais. Díxenme. Agora sei escribir. [...] E así eu, que nunca tivera unha irmá e perdera fatalmente á miña filla acabada de nacer, decidín agasallarme a min mesmo cunha rapariga fermosa e tráxica."


William Faulkner, 1933.


Este texto non foi publicado até 1972. Foi traducido por Xurxo Borrazás para acompañar a edición de O ruído e a furia da Editorial Galaxia. Vigo, 2007.


Comentarios (0) - Categoría: Enredada en literatura - Publicado o 10-06-2008 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Escoitaba o reloxo e o tellado e a Caddy
"Escoitaba o reloxo, e escoitaba a Caddy a carón de min, e escoitaba o tellado. Segue a chover, dixo Caddy. Odio a chuvia. Odio todo. E entón a súa cabeza pousou no meu colo e chorou, collida a min, e púxenme a chorar. Despois mirei o lume outra vez e as siluetas brillantes e suaves volveron aparecer. Escoitaba o reloxo e o tellado e a Caddy."


William Faulkner, O ruído e a furia, 1929
Traducción de Xurxo Borrazás para a Editorial Galaxia, Vigo, 2007




Comentarios (0) - Categoría: Enredada en literatura - Publicado o 10-06-2008 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Outra vez con Rufus
Rufus estará esta noite en Santiago e eu... non. E dígoo así, sen apelidos, porque non hai tantos Rufus, polo menos no meu corazón só hai outro e é gato e non está en Santiago, aínda que perto...

E como son unha de tantas que se quedou sen entradas para esta noite e non poderei escoitalo en directo... aquí me vexo enredando outra vez no de sempre... ai, pero a quen lle importa... é broma...

"Poses"

As paredes amarelas están revestidas con retratos
e a miña chaqueta chula nova de coiro vermella.
Todas esas poses, esas fermosas poses
fan que calquera rapaz se sinta como collendo rosas

Nunca houbo nada que tivese realmente tanta importancia
como cando levamos unhas gafas de sol negras novas de marca.
Todas esas poses, esas fermosas poses
fan que calquera rapaz se sinta tan guapo coma un príncipe.

Ao parque de verde outono conducen
todas as rúas da cidade, un marabilloso coro cantando.
Todas esas poses, oh, como podes culparme
a vida é un xogo e o verdadeiro amor é un trofeo.

E ti dis ten conta da miña cabeza
Cariño, ti dis ten conta da miña cabeza
da miña cabeza.
Oh non, oh non, oh non
oh non, non, bromeando

Reclinado entre este fardo de razóns
para seguir fumando os días nos atardeceres.
Todas esas poses de clásica tortura
arruínan a miña mente como unha serpe na horta.

De querer ser alguén, agora
estou borracho e levo chancletas na Quinta Avenida.
Unha vez caíches da virtude clásica
ningunha alma te espertará e abrazará.

Ao parque de verde outonal conducen
todas as rúas da cidade un marabilloso coro cantando.
Todas esas poses, agora que xa non son de rapaz
fixéronme un home, ai, pero a quen lle importa.

E ti dis ten conta da miña cabeza
cariño, ti dis, ten conta da miña cabeza
da miña cabeza.
Oh non, oh non, oh non
oh non, oh non.
E ti dis ten conta da miña cabeza
cariño, ti dis, ten conta da miña cabeza
da miña cabeza.
Oh non, oh non, oh non
oh non, oh non, non, bromeando
.


Comentarios (2) - Categoría: Enredada en cancións - Publicado o 01-06-2008 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal