EN NOVAS



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

VI Asemblea Nacional de Esquerda Nacionalista
A Mesa Nacional de E.N. convoca a súa VI Asemblea Nacional para o día 10 de Maio

Esquerda Nacionalista baixo o lema "ESPAZO ABERTO: socialista e galego" o vindeiro 10 de Maio de 2008, en Santiago de Compostela, celebrará a súa VI Asemblea Nacional.
Esta Asemblea Nacional vai supoñer unha renovación dos nosos compromisos, nosas obrigas e os nosos dereitos co nacionalismo galego, ademais dos principios políticos que nos sustentan dende fai moito tempo.
Grazas a este proceso asemblear, onde a militancia do partido expresará democraticamente a súa vontade política e organizativa, teremos a oportunidade de reformular o proxecto do socialismo galego dentro do nacionalismo, e sempre consolidando o BNG forte e participado que defendemos.

A Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista
info@esquerdanacionalista.com

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-03-2008 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
XORNADAS DE FORMACIÓN DE EN-MOCIDADE
Os días 5 e 6 de abril terán lugar en Betanzos as Xornadas de Formación de Esquerda Nacionalista-Mocidade "Construíndo nación, transformando a sociedade". Será un fin de semana de confraternidade, no que haberá tempo para o lecer, para a música, para a cultura e para coñecérmonos todos e todas nós.
Dende a nosa organización queremos facer un chamamento para que asistas a estas xornadas, xa que son de carácter aberto ás persoas de Galiza Nova, do BNG e do nacionalismo en xeral para poñer en común, ideas, formas de ver a realidade e pasar dous días entre mozos e mozas de todo o país.
Haberá varias comitivas que sairán dende Compostela, dende Vigo e dende Ourense. Para inscribirte manda un correo electrónico a mocidade@esquerdanacionalista.com ou ben chamando ao 669712591. A cota de inscrición será de 15 euros, que incluirá dous xantares, unha cea, estancia e todas as demais actividades de balde. Tamén existe a posibilidade de asistir só á cea do sábado no Restaurante Os Arcos, no que haberá intervencións políticas.

O programa é o seguinte:

SÁBADO 5 de abril
11:00 Chegada a Betanzos e recoñecemento das instalacións.
11:30 Visita guiada ao Museo das Mariñas e ao Casco Histórico.
14:00 Xantar.
16:00 Desenvolvemento das actividades formativas no Salón Azul do Edificio Liceo.
- Altermundo, abaixo á esquerda está o corazón, con Xosé Manuel Beiras e Xabier Macías.
- Nacionalismo e política de vivenda, con Xoán Bascuas
- Políticas sociais e de benestar nos concellos, facendo nación. Vítor Meizoso, Xabier López e Abel López Soto.
21:00 Cea de confraternidade con intervencións políticas.
- Charo Fernández Velho. Reponsábel Nacional de Acción Feminista do BNG.
- Antonio Oca. Director Xeral de Produción, Industria e Calidade agroalimentaria.
- Paulo Carlos López. Portavoz Nacional de Esquerda Nacionalista-Mocidade.
00:00 Lecer nocturno pola cidade.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-03-2008 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal