En galego todo é posible
Que lemos?
Ligazón a Nunca Xamais
A secuela oficial de Peter Pan xa está nas librarías de todo o mundo en varios idiomas, incluíndo o galego. A través de Edicións Obradoiro, editorial do Grupo Santillana, as novas aventuras do personaxe creado por James Barrie (1860-1937) poden chegar aos lectores galegos no seu propio idioma coincidindo co lanzamento no resto dos idiomas. “Peter Pan e a levita escarlata”- “Peter Pan in Scarlet” no orixinal- é a secuela oficial do clásico de Barrie, encargada polo Hospital Infantil Great Ormond Street a través dun concurso que finalmente gañou a veterana escritora británica Geraldine McCaughrean. O Hospital puxo en marcha o concurso para poder manter os ingresos polos dereitos sobre Peter Pan que teñen por expreso desexo de James Barrie. Silvia Carril Caldelas foi a encargada da tradución do inglés ao galego.
Censura en Educación
-Poñen unha pancarta co lema: Traballamos por un ensino público de calidade
-Piden que se retire
-No blogue do ENL do CEIP escríbese un artigo sobre isto
-A dirección considera INAPROPIADO o contido de dita entrada:
-Esixen unha serie de medidas para que siga aberto o blogue:
Como se negaron a dalo por escrito, van deste xeito:
1- Calquera exposición que se queira solicitar terá que ser primeiro comunicada ou ben ó coordinador ou ó Equipo Directivo. Nota: Se alguén quere cóntolle este conto.
2- Entregar as claves do blogue e do correo electrónico ( xa llelas entregara fai dous anos pero estraviáronas).
3- Antes de subir un artigo ó blogue, ou poñer unha nova no taboleiro do EDNL, ou nos xerais, teño que ter autorización do coordinador ou do Equipo Directivo.
4- Teño que retirar todos os artigos "complicados" (inapropiados) do blogue.
5- E último, teño que entender ben claro cal é a xerarquía.
Ante isto, o blogue pasa a ser persoal de Nito:
Por favor, dádelle difusión
Mañá, folga de estudantes
Folga de estudantes, por un ensino público de calidade
Cando eu era estudante de instituto, alguén falaba de que había folga, e decidíamos seguila, uns por solidariedade, outros por faltar a clase ese día.
Desde que son profesora poucas folgas fixeron os estudantes. Ignoro se nas cidades houbo durante estes anos, pero nos centros rurais onde traballei non se notaron.
Porén, esta vez, con redes sociais polo medio, vaia se souberon que había folga. Por unha vez, o tuenti ten un obxectivo cívico.
Grazas desde aquí, por nos apoiar no noso intento de mellorar o ensino público.
Comezamos
Atopei unha morea de rapaces que falaban galego. De 60 rapaces e rapazas, só unha falaba castelán. Quedei agradablemente sorprendida de dous irmáns marroquíes que levaban relativamente pouco tempo e xa utilizaban perfectamente a nosa lingua para se comunicar cos seus compañeiros.
Polo demais, uns primeiros moi calados, un terceiro cheo de balbordo e un bacharelato expectante.
Actividades complementarias: o teatro
Igual que len unha novela e recitan un poema, é necesario que vexan unha obra de teatro para analizala e poder comprendela en toda a súa dimensión.
Claro que antes, hai moitas actividades que facer.
O ano pasado levámolos a Memorias dun neno labrego. Previamente lemos o libro na aula e fixemos por grupos un traballo co vocabulario que descoñecían de cada capítulo.
Despois cada un deles aprendeu un capítulo para poder contárllelo aos rapaces de 1º e 2º da ESO a modo de contacontos.
Fomos ver a obra, e logo viñeron os comentarios sobre a mesma. Publicamos artigos sobre a mesma na bitácora do centro e tamén en El País de los Estudiantes.
Entre todos, escribiron unha listaxe de preguntas para facerlle unha entrevista a Cándido Pazó.
Penso que conseguimos que a lectura deste libro fose algo inesquecíbel para eles, pero desde logo, levou moito traballo.
Actividades complementarias
Hai actividades que proveñen do departamento de orientación. Outras do noso propio departamento.
No caso das primeiras, poñamos por caso, imos ao centro da contorna onde irán os nosos alumnos no Bacharelato ou, probablemente, a un ciclo.
Esta actividade prepárase previamente, procurando información sobre as distintas modalidades de Bacharelato, as saídas de cada unha destas modalidades, futuras carreiras que poden estudar. Así mesmo, temos que atopar información sobre a oferta dos ciclos medios e superiores da nosa comunidade e coñecer as distintas familias e por suposto saídas que teñen.
No meu caso, envío toda esta información por correo electrónico, dun xeito atractivo, para que a vaian lendo. Porén, isto só funciona cun pequeno grupo de alumnos.
Para o resto, na hora de titoría comentamos todos estes termos novos e imos aprofundando en cada unha destas vías formativas.
Noutra hora de titoría, procuro que sexa na aula de informática, cada alumno visita a páxina da Consellaría procurando información sobre a súa futura elección. Aí é cando hai que axudalos máis, porque se perden nas familias dos ciclos formativos e xa non digamos nas optativas de Bacharelato ou nas carreiras ás que poden optar.
Finalmente, visitamos o centro onde nos atende o seu profesorado. É raro que coincida co propio horario, así que normalmente temos que pasar máis horas das que consta no noso horario, entre a visita e as viaxes de ida e volta.
Á volta, aínda dedicamos unha ou dúas titorías a axudalos a orientarse e tamén a encher os impresos de matrícula para o ano seguinte.
Destinos provisionais e outras herbas
E así chegamos ao 13 de setembro, hoxe. O curso comeza o día 16, pero eu aínda non sei onde teño que ir prestar os meus servizos. Se necesito alugar un piso nalgún lugar desta nosa terra, se o meu fillo poderá ir ao colexio nesta cidade ou noutra e sobre todo que cursos vou ter que dar.
Porque non é o mesmo un 4º ESO na cidade que no rural con nenos galegofalantes. Nin un ámbito sociolingüístico de diversificación e xa non digamos se hai unha afín no noso novo destino.
Daquela, teremos que preparar bioloxía, inglés, francés, informática, latín ou vaia vostede saber.
Será tan difícil sacar a adxudicación unha semana antes, para nos dar tempo a preparar as nosas clases?
Por que estamos @s profesor@s en pé de guerra?
En todos os centros nos que estiven atopei uns compañeiros plenamente dedicados á docencia. Ademais do noso horario, facemos moitas outras actividades:
-Preparar as clases. Cada hora de clase leva moita preparación e raramente serve dun ano para outro porque as necesidades do alumnado varían de ano en ano.
Cando estas clases son de afíns o tempo de preparación multiplícase porque non é a materia que dominamos.  Este ano na adxudicación de Lingua Galega hai docentes que van impartir materias tan variadas como Bioloxía, Informática, Inglés, Francés, Xeografía, Filosofía, Latín, Grego, etc.
Ocorre o mesmo coas seccións bilingües
-Preparar actividades complementarias. É moi bonito organizar concursos ou excursións. Os alumnos aprenden moito, pero o traballo que non se ve non nolo agradece ninguén. Poñamos por caso que imos ver unha exposición sobre Curros Enríquez. Antes temos que ir ao lugar para saber o que van atopar, facelos entrar en contacto con este autor, durante a visita hai que guialos e despois hai que procurar que todo iso se plasme dalgún xeito nun traballo.
-Actualización e formación. Agora acaban de chegar aos centros da rede Abalar ordenadores para cada alumno de certos cursos. A formación non a realizamos durante o noso horario, senón fóra do mesmo. Isto non soe ser así na empresa privada.
-As TICs. Nos últimos anos, asistimos a unha explosión neste campo. Os blogs que xestionamos e realizan os alumnos non se actualizan na aula, senón que hai moito traballo na casa para que as cousas queden ben. Igualmente, atendemos ao alumnado por correo electrónico e iso esixe moito tempo pola nosa parte.
-As titorías. Desde que entrei no ensino, sempre fun titora dalgunha clase. En teoría cada semana temos unha hora presencial co alumnado, outra hora na que atendemos as súas dúbidas e outra hora para os pais. A maiores, ocupámonos de preguntar aos profesores e pactar con eles medidas para que os alumnos vaian mellorando. Tamén chamamos ás casas se hai algún problema. Se hai castigos, temos que asegurarnos que se cumpren, así que en certa medida, somos nós os castigados. Non poucas veces, a hora de atención a pais non chega a nada e temos que atendelos noutras horas libres nosas. Para min é case un traballo a tempo completo.
-Corrección de cadernos, exames, traballos
Asisto abraiada a que se nos chame vagos cando imos respondendo ás esixencias da sociedade, damos as nosas materias en inglés, en galego ou castelán segundo lle pete ao goberno actual, introducimos as novas tecnoloxías no ensino, procuramos educar ao alumnado en valores e tantas outras funcións.
E agora queren de nós que ademais os baixemos e subamos ao autobús. Que será o próximo? Se cedermos nisto, despedirán aos conserxes e teremos que ocuparnos tamén de labores de mantemento.
Non, non protestamos polo horario, senón polo cambio de funcións e polo pouco valorad@s que nos sentimos.
Tamén porque van despedir a moitos de nós este curso e os alumnos, finalmente, son os que van perder en todo este circo.
Desleigados
Non é fácil razoar sobre a lingua galega cando un contempla a espantosa alegría do Presidente de Galiza proclamando que a maioría dos pais non quere o Decreto que regula a presenza do galego e do castelán no sistema educativo. Cando se ve como, exultante, afirma que ante a escolla entre un ensino só en galego ou só en castelán a maioría preferiría esta última língua. Constitui un escándalo que un Presidente galego se embriague con esa interpretación dos resultados dunha sondaxe chea de elementos escuros, fraudulentos e ilícitos, como se a súa función fose a de asegurar o presente e o futuro dunha língua como o castelán que xa ten un Estado proprio e non necesita para nada do apoio do Governo galego, en lugar de normalizar o uso do galego, valéndose dos instrumentos ainda cativos que fornecen o Estatuto de Autonomía e a Constituición de 1978, depois de cinco centos anos de absoluta marxinación.
Desleigados e involucionistas, o Presidente e todos os que o acompañan nesta aventura ruín, constitúense en maquinas de guerra ao servizo dos que entenden a lingua oficial do Estado como arma contra a lingua galega, nun exercicio secular de despotismo e de incultura que culminou na Ditadura franquista.
Non van conseguir os seus propósitos. Van triunfar os que saben que cada língua abre horizontes para aprender as demais e que non hai maior empobrecimento cultural que a negación da lingua propria.
Neste camiño constitui unha senrazón dar por verdadeiros os dados e os argumentos sobre estado do galego utilizados polos que teñen o propósito de impedir a súa normalización como língua nacional. Neste caso, sen insistir nos aspectos fraudulentos da mesma, é preciso ter en conta que a participación da consulta non chegou máis que a 58,7% dos pais. Que a resposta foi muito menor nos centros do ensino público que nos privados e concertados, sendo urxente e inecusábel que se fagan públicos os resultados pormenorizados. E preciso ter en conta que apesar da intención expresa dos que hoxe governan de favorecer o ensino en castelán negando ao galego como lingua propria, as respostas que contemplan o uso da nosa língua, sumando o uso conxunto de galego e castelán e o uso do galego en exclusiva ou maioritariamente, chegan a 61,9% (1) en infantil; 44,9% (2) en primaria; 51,1% (3) en secundaria; e 77,1% (4) en formación profisional. Non se debe esquecer, ademais, que hoube pais que lle deron preferencia á demonstración do carácter fraudulento da consulta, optando como protesta pola abstención ou voto nulo.
Indo para alén. Frente aos negan o galego, pretendendo arrincoalo nun gueto subordinado, os que defendemos o seu inequívoco carácter histórico e presente como língua propria e nacional temos que facer unha lectura axeitada da situación do seu uso. Comezando por saber que non é pior senón mellor que a existente cando nos anos sesenta e setenta se producíu a emerxencia do movimento nacional galego depois da desgracia tráxica da guerra e da posguerra. En circunstancias especialmente negativas, cando Galiza non ten un Estado de seu, nen o Estado español recoñece a lingua galega como oficial en todo o seu ámbito, nen as instituicións autonómicas axen a respeito da língua coa responsabilidade dunha instituición de carácter estatal, contra o querido polos que tiveron a idea represiva da consulta o mesmo resultado da sondaxe evidencia a extraordinaria vitalidade e o incremento da consciencia política e cultural da lingua propria. Unha vitalidade que se mantén depois de que nas últimas décadas a sociedade galega sofrera unha mudanza radical, pasando o mundo rural de contar coa esmagadora maioría da xente a integrar apenas a decima parte.
Depois de ser a lingua do reino galego e de permanecer durante séculos como a lingua do povo sobre a base material da rica cultura agraria e mariñeira, a mudanza da sociedade, devindo en outra urbana e tendo dominado nas cidades a língua oficial do Estado, pudo ser mortal para a língua galega; hai exemplos disto noutros paises europeus. Mais non foi así. Segue sendo a máis falada polo povo e ainda que retrocedeu no número absoluto de falantes monolingües avanzou substancialmente en  ámbitos administrativos, económicos, sociais, educativos ou culturais dos que fora expulsada. Medrou mesmo a consciencia do carácter intercontinental e universal do galego, para alén do Estado español. Malia todas as agresións, agora abandeiradas tristemente por quen disfruta da alta responsabilidade do Governo de Galiza, a realidade presente permite anunciar outro futuro. Con governantes de lei.
No lo hablo, pero lo defiendo
A sociedade móvese na defensa da lingua propia de Galiza
CARLOS CALLÓN (WWW.CARLOSCALLON.COM)
A pesar do que digan desde as campañas difamatorias que agora están de novo en marcha, A Mesa non ten moitos recursos humanos nin económicos, aínda sendo a maior asociación cultural de Galiza en número de socias e socios. Por exemplo, A Mesa non ten diñeiro para circular por toda Galiza cun autobús coas súas campañas nin para pór en andamento grandes campañas mediáticas.
Mais, en troca, esta agrupación cidadá ten un grande activo: a forza de moitas persoas que dedican boa parte do seu tempo libre a esta causa, moitas cun ímpeto adicional desde que o PP comezou desde a Xunta a súa feroz cruzada contra o galego, travestida de "bilingüismo cordial". É con este traballo voluntario e de boca a boca, con escasos medios, como se conseguiron a inmensa maioría das case 26.000 sinaturas reais que deron xa o seu respaldo ao Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego, que tamén se pode subscribir a través de internet no espazo web da Mesa pola Normalización Lingüística.
Na rúa
Na medida das miñas posibilidades, se a axenda me dá licenza, tento participar nas mesas de recollida de sinaturas e de distribución de material que o colectivo pon na rúa.
A primeira impresión que teño do tratamento directo coa xente nesta actividade é que nos últimos meses aumentou a agresividade dun sector da poboación contra o galego. É minoritario, mais moi preocupante para a convivencia. Penso por exemplo no caso de persoas que collen o folleto que lles entregas, o rachan diante de ti e che devolven os pedazos. Tamén houbo algunha situación onde a resposta por entregarlle un folleto era un insulto, mesmo nunha ocasión en Ourense un señor se puxo a berrar diante do noso posto, enfurecido: "¡El gallego debería desaparecer! ¡El gallego debería desaparecer!".
O máis xeral, porén, é a idea de que houbo unha "imposición del gallego", que funciona como lenda urbana da cal ninguén pode dar mostras, mais que se repite unha e outra vez. Fronte iso, hai un esforzo pedagóxico moi grande dalgúns compañeiros e dalgunhas compañeiras para debater coas persoas sensíbeis pola cultura, que se interesan polo tema, mais que só tiveron informacións nese sentido manipulador. Claro que tamén hai quen usa iso da "imposición" como un novo mantra co cal argumentar o seu odio irracional contra a lingua de Galiza, e aí xa non hai posibilidades para o debate.
Malia o antedito, para min tamén está a haber sorpresas moi agradábeis nestes actos de rúa. Vexo un fenómeno que cada vez me parece que está a coller máis forza e que dá esperanzas para o futuro, aínda coas súas contradicións e limitacións. Refírome á xente que fala en español no seu día a día, mais que ten unha actitude favorábel e, nalgúns casos importantes tamén cuantitativamente, está a se mover na defensa do galego. Non son mulleres e homes que poidan valorar a preservación da cultura galega como algo politicamente correcto mais alleo, senón que mesmo participan en concentracións e mobilizacións. Na histórica manifestación do pasado 17 de maio puidemos constatalo.
Gallego sí
Nun destes postos na rúa, achegueime a unha señora que pasaba: "Estamos a recoller apoios para un manifesto en defensa do galego". A muller olloume con severidade escrutadora: "¿En defensa del gallego?" "Si, fronte aos ataques que está a recibir polo novo goberno da Xunta, para que se poida estudar en galego e usalo na administración". O seu xesto facíame presaxiar unha resposta airada, mais deixoume chocado: "¿Seguro que es en defensa del gallego? Porque hay muchos que te dicen que es en defensa del bilingüismo y después lo que están recogiendo son firmas contra el gallego. Y eso no. Yo no lo hablo, pero lo defiendo". Nesa mesma liña vai a repetida resposta doutra xente que tamén se achegou a asinar o manifesto: "Yo no hablo gallego, pero quiero que mis hijos sepan hablarlo y escribirlo."
Claro que esta situación ten contradicións que están á vista de todos, mais tamén amosa unha importante esperanza para o futuro, cun aspecto que non entraba nas contas de Alberto Núñez Feijóo. Hai unha ostensíbel caída de falantes e unha situación de discriminación do galego, mais iso non é óbice para que haxa capas importantes da sociedade, especialmente nas cidades, que están dispostas a moverse en defensa da lingua propia do país. De existiren os espazos de uso sociais necesarios, a igualdade de condicións reais co castelán, estas mulleres e estes homes poderían dar o paso da recuperación da lingua propia como idioma espontáneo e habitual.
Así, este ataque pode ser un golpe letal se non se dá a resposta acaída, mais tamén dá a oportunidade para pasarmos da "ritualización da lingua á libidinización da lingua", como me valoraba non hai moito o psicanalista Manuel Fernández Blanco. Isto é, pasar de entender o galego como un complemento burocrático e amortecido a situalo como desexo e vida. Por usar outra metáfora, aínda que imperfecta, pasarmos da obriga do baño ao pracer da ducha.
Resposta social
Pensaba o PP que a súa política de ataques contra o galego ía ser un "paseíllo", mais estase a encontrar cunha importantísima resposta social, por parte de persoas de principios e crenzas diversas e grupos tamén de natureza plural, mesmo algúns que por vez primeira na historia están a se mover na defensa do galego. A ninguén se lle oculta que veñen tempos duros, mais tamén é verdade que hai moitos indicios para nos mantermos firmes e esperanzados.
Agora mesmo, hai varias iniciativas abrollando para aglutinar forzas e traballar desde diferentes ámbitos para valermos o idioma que nos une como galegas e como galegos. Unha delas vaise concretar a vindeira terza feira, 7 de xullo, ás 17 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela. A Mesa convocou para ese día, hora e lugar para constituír unha plataforma social aberta e plural, cuxa proposta de denominación é Queremos galego, seguindo coa mesma mensaxe que ateigou as rúas compostelás o pasado Día das Letras.
Tamén se propón que o eixo desta plataforma sexa a recollida de apoios para unha iniciativa lexislativa popular na cal A Mesa leva traballando varias semanas. (Anímate e participa!)
Destruír A Mesa
Non é casualidade que dous días antes desa reunión saíse nalgúns medios de comunicación unha nova campaña difamatoria contra A Mesa. O PP, igual que ataca o galego, tamén quere laminar esta asociación cidadá, como ferramenta que é da súa defensa, que alza a voz contra a discriminación lingüística e polo dereito a vivir en galego.
Os argumentos para a demonización da Mesa nesta fase son que recibiu diñeiro público para pór en andamento proxectos como o Voluntariado de Activación Lingüística (no cal participaron máis de 1.000 persoas) ou darlle un novo pulo ao Correlingua (no cal participan máis de 40.000 rapazas e rapaces cada ano). Din tamén, coas súas contas demagóxicas, que A Mesa recibiu sete veces máis diñeiro co bipartito que co PP, mais esquecen falar de como este colectivo estaba/está nas listas negras dos gobernos populares, por razóns ideolóxicas, a pesar de ser a maior asociación cultural de Galiza en número de socias e socios.Cómpre lembrar que mesmo o TSXG chegou a emitir unha sentenza obrigando a Xunta, daquela presidida por Manuel Fraga Iribarne, a entregar axudas públicas á Mesa. Malia as súas dimensións e o seu nivel de actividade, esta asociación foi en máis dunha ocasión a única discriminada, de entre todas as solicitantes, en convocatorias públicas de axudas.
Mais aínda que queiran destruír A Mesa pola Normalización Lingüística, negándolle sectariamente o diñeiro público ou seguindo a máxima de "difama, que algo queda", esta entidade ten ben claro que manterá as súas reivindicacións tan altas e tan claras coma sempre. Que ladren os inimigos do galego, que nós seguiremos cabalgando por esta causa xusta.