Enfermaría Galega Integral













Locations of visitors to this page


O meu perfil
enfergal@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOS ENFERMEIRAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

SÓ QUEDAN 2 DÍAS

... PARA O EXAME DE ENFERMERÍA DA OPOSICIÓN DO SERGAS 2009, ASÍ QUE DESÉXOVOS A TODOS SORTE!!
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Oposicións e exames - Observado o 12-11-2009 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
OPE SERGAS 2009...
... convocada...

pero e para cando os exames?

Cambiará todo agora co novo goberno?

O temario, prazas da categoría: http://www.sergas.es/OPE2008/ListadoAnexos.aspx?IdPaxina=60100&IdCategoria=22

E o acceso directo ao formulario de inscripción:
http://ope2008.sergas.es/OPEWE/HTML/SolicitudContent.aspx?idPaxina=60430
Observacións de Enfermaría (2) - Categoría: Oposicións e exames - Observado o 02-03-2009 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
I CONGRESO NACIONAL DE VIOLENCIA DE XÉNERO E SAÚDE
A CONSELLERÍA DE SANIDADE E O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE ORGANIZARÁN O PRIMEIRO CONGRESO NACIONAL DE VIOLENCIA DE XÉNERO E SAÚDE

Santiago de Compostela, martes 25 de decembro de 2008.- A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde organizarán en febreiro o primeiro Congreso Nacional de Violencia de Xénero e Saúde, que se realiza en colaboración co Observatorio da Muller do Ministerio de Sanidade e Consumo. Trátase dun encontro que está dirixido a todos os profesionais das diferentes disciplinas implicadas na prevención, atención e asistencia a mulleres en situación de violencia de xénero. A inscrición neste Congreso, que ten como lema xenérico fiando en xénero, é totalmente gratuíta www.galiciasaude.es/violenciag2009 ou www.sergas.es/violenciag2009.

Así, este congreso, que conta coa Raíña Dona Sofía como presidenta do Comité de Honra, reunirá en Santiago de Compostela a expertos nacionais e internacionais durante tres xornadas, do 11 ao 13 de febreiro, nas que se desenvolverán varias mesas redondas. En concreto, durante o primeiro día do Congreso realizarase o acto de benvida e a conferencia inaugural, que correrán a cargo dun representante do Ministerio de Igualdade, e da Premio Raíña Sofía 2007 para o Estudo da Violencia, Anuradha Koirala, fundadora da ONG Maiti Nepal.

Durante o segundo día deste I Congreso Nacional de Violencia de Xénero e Saúde comezarán a desenvolverse as mesas redondas, sendo a primeira delas sobre a violencia de xénero como un problema de saúde emerxente, e na segunda mesa, os profesionais avaliarán as políticas e proxectos internacionais en xénero e saúde.

Finalmente, o terceiro e último día as xornadas conclúen con dúas mesas redondas, na primeira delas se avaliarán os recursos sociosanitarios para as mulleres que sofren violencia de xénero; e a última mesa do Congreso propón un debate sobre a violencia de xénero, a cultura e os medios de comunicación.

Mellora da atención e asistencia ás mulleres vítimas da violencia de xénero
A violencia de xénero é un dos temas principais abordados no Plan de Atención Integral á Saúde da Muller co obxectivo de mellorar o proceso de atención á muller vítima de violencias de xénero, a través dunha mellor detección precoz, atención da patoloxía física e psicoafectiva, facilitar a documentación clínica útil e en tempo para os procesos xudiciais, ou establecer a derivación e coordinación cos dispositivos de servizos sociais encargados da atención social destas mulleres.

O Plan de Atención Integral á Saúde da Muller desenvolverá unha guía específica de detección da violencia de xénero que inclúa as patoloxías e procesos clínicos, os cuestionarios aplicables en caso de sospeita, e os criterios de valoración da urxencia.

No tocante ás actuacións de mellora da asistencia sanitaria, o Plan prevé un trato específico para ese colectivo de mulleres (intimidade, confianza e respecto), unha atención rápida da problemática psíquica, e cubrir exhaustivamente o parte de lesións. Tamén facilitar a información clínica necesaria para o proceso xudicial, e a sistematización das derivacións.

Outra das vías de actuación dende o Plan de Atención Integral á Saúde da Muller, ademais dunha guía específica e detección, e unha mellora da asistencia sanitaria a ese colectivo, é a sensibilización dos profesionais sobre o impacto da violencia de xénero na saúde.
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Oposicións e exames - Observado o 26-11-2008 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO DE EDUCADORES EN SEXUALIDADE E PREVENCIÓN DA VIH/SIDA/ITS
XORNADA DE SEXUALIDADE E VIH-SIDA-ITS: I ENCONTRO DE EDUCADORES/AS
Dirixido a: profesionais, estudiantes e persoas interesadas na sexualidade
Día: 4 de octubro de 2008
Lugar: Casa da Cultura
Horario: 9:30 – 14:00 e 16:00 a 20:00 h.
Inscripción gratuita
Certificado de asistencia
Información: 609.82.31.34 – 650.10.36.84
encontro.noia.2008@gmail.com
Declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade (SA301 A 2008/111-1)

PROGRAMA DEFINITIVO
9:30 – 10:00 Recollida de documentación.

10:00 – 11:00 Conferencia inaugural: “Educación sexual e VIH/SIDA. Unha maridaxe imperfecta”.
Alfonso Antona Rodriguez. Enfermeiro e Antropólogo Sexual. Técnico de Saúde na Comunidade de Ma-drid. FUNDADEPS - HCSC.
11:00 – 11:30 Inauguración oficial.
11:30 – 12:00 Descanso.
12:00 – 14:00 Mesa de experiencias sobre sexua-lidade e VIH-SIDA
“A prevención do VIH-SIDA dende o marco da Edu-cación Sexual: o concepto de sexualidade”. Ana Belén Carmona. Coordinadora GALIA Madrid – An-dalucía. Asociación La Sexología (Madrid). Unión de Asociaciones de Familiares (UNAF).
Noa Tilve Cabada, psicologa e coordinadora do cen-tro quérote de Santiago.
“Os xoves como mediadores sociais en saúde na pre-vención do VIH-SIDA”. Pilar Lorenzo. Área da Saú-de do Consello da Xuventude de Galicia.
“O VIH-SIDA e xoves un programa de interven-ción”. Laura Monsalve. Pedagoga. Coordinadora do Programa GALIA na Comunidade Valenciana.
“Coñecementos e actitudes afectivos-sexuais nos mozos e mozas de Riveira ”. María José Iglesias Fungueiriño. Responsable da Asociación RENACER.
14:00 – 16:00 Descanso.
16:00 – 17:00 "¿O sabemos todo sobre a anticopcep-ción de urxencia?”. Dr. Vicenç Villegas. Director Médico da Liña da Saúde da Muller de CHIESI, S.A. (Norlevo®).
17:00 – 17:30 Descanso.
17:30 – 18:45 Mesa de experiencias sobre anticon-cepción de urxencia e colectivos de risco
“Consultas sobre anticoncepción e contracepción de emerxencia”. Jose Ángel Fernández de la Iglesia. En-fermero-Consultor do Servizo de Consultas Sanita-rias de Galicia.
“Seguridade nos medios anticonceptivos. Fiabilidade e calidade dos preservativos”. Durex. (Aportan mate-rial para o debate).
“ITS, VIH-SIDA e prostitución”. Lucía Alonso Fernández. Directora dos Servizos Sociais do Conce-llo de Silleda. Coordinadora do Programa GALIA en Galicia. FUNDADEPS.
“Absolute beginners (personas que traspasan a idade adulta sen manter relacións sexuais)”. Adoración Montejo Ráez. Asociación “In Genero”.
“Conductas sexuais de risco baixo os efectos do alco-hol e outras drogas”. David Saavedra Pino. Traballa-dor Social. Plan Comarcal de Prevención de Drogode-pendencias.
18:45 – 19:15 “Incidencia do VPH na zona de Barban-za”. Dr. Luís Miguel González Seijas. Xefe do Servizo de Xinecoloxía do Hospital de Barbanza.
19:15 – 20:00 Conferencia de clausura: “Prevención das enfermidades xenitais producidas polo Virus do Papiloma Humán (VPH). A vacina VPH”. Dr. Javier Martinez Pérez-Mendaña. Xefe do Servizo de Xine-coloxía. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide – Prof. Novoa Santos. Ferrol.
21:30 Cena de convivencia. Entrega de pre-mios. Presentación Tupper-Sex a cargo de “A Maleta Vermella”. (Asistencia a cea: 20 €).
Máis información no blog:
PROGRAMA GALIA:
http://programagalia.blogspot.com
Comité organizador:
Eva Tizón Bouza. Enfermeira.
Coordinadora Galega do Programa GALIA (FUNDADEPS – PNS) eva.tizon.bouza@gmail.com
Ana León Caamaño. Enfermeira.
hayelnoyo@hotmail.com
Jose Ángel Fernández de la Iglesia. Enfer-meiro 061.
joseangel.fernandez.de.la.iglesia@sergas.es
David Saavedra Pino. Traballador Social.
saavedrapino@gmail.com
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Oposicións e exames - Observado o 22-09-2008 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
POR FIN AS INCORPORACIÓNS DA OPE 2006!!!
Despois de ano e medio de andanzas, por fin parece que vai rematar o proceso selectivo. A finales deste mes de setembro, vanse citar en Santiago, o persoal que acada unha plaza fixa no SERGAS nesta OPE; máis concretamente, o 27 de setembro para auxiliares e o 28 para enfermeir@s.
A relación de prazas e horas de elección de destino, podédelo ler nesta ligazón.
Os compañeiros da CIG, teñen publicado no blogue do Barco, listas cruzadas cos aprobados e a suas listas de contratación, para ter unha estimación de onde poden ir elixindo a praza cada un. Preme aquí.

Menos dun mes despois, publicarase no DOG a data de posesión das prazas elixidas, en tódalas áreas de saúde. A Publicación no DOG prevese sexa o 20/10/08 e inicio do prazo o 21/10/08 para aux. de enfermaría e ATS/DUE.
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Oposicións e exames - Observado o 20-09-2008 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
LISTAXES DA FASE DE CONCURSO DA OPE SERGAS 2006
Resolución do 12 de xuño de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación provisional da fase de concurso.

O número 5 da base sexta B) da Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 156, do 14 de agosto), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dispón que, realizada polo tribunal a baremación correspondente da fase de concurso, se publicará no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por epígrafes, así como a valoración total da fase de concurso, para os efectos de que os aspirantes que o consideren
oportuno poidan presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, polo tanto este centro directivo
RESOLVE:
Primeiro.-Publicar as puntuacións obtidas polos
aspirantes das categorías de ATS e auxiliares deenfermaría, nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web www.sergas.es. relativas á baremación da fase de concurso, nas diversas epígrafes e a valoración total, indicando ademais, se for o caso, a relación de aspirantes
excluídos da fase de concurso por non achegar a documentación requirida ou por non cumprir os requisitos da convocatoria.
Segundo.-Abrir o prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que os interesados poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2008.
Antonio José Fernández Paniagua
Director xeral da División de Recursos Humanos
e Desenvolvemento Profesional
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Oposicións e exames - Observado o 20-06-2008 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE CONCURSO DA OPE DA XUNTA DE GALICIA 2006
Resolución do 7 de febreiro de 2008, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 002 do grupo II de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE), polas quendas de acceso libre e de promoción interna e cambio de categoría, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos do proceso selectivo convocado polas ordes do 21 de febreiro de 2006 (Diario Oficial de Galicia número 57, do 22 de marzo).

En sesión que tivo lugar o día 7 de febreiro de 2008, o tribunal designado pola Orde do 26 de abril de 2007 (DOG nº 85, do 3 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 002 (ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE) do grupo II de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de acceso libre e de promoción interna e cambio de categoría,
de conformidade co establecido nas ordes do 21
de febreiro de 2006:

ACORDOU:
Primeiro.-Desestimar as reclamacións presentadas
contra as puntuacións do terceiro exercicio pola
quenda de acceso libre, publicadas pola Resolución do 17 de decembro de 2007.
Segundo.-Que de conformidade co disposto na base
II.3.7 das respectivas convocatorias, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada conforme o previsto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Terceiro.-Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso con indicación da puntuación obtida polos distintos aspirantes, polas quendas de acceso libre e de promoción interna e cambio de categoría, en cada epígrafe.
Cuarto.-De acordo co disposto nas correspondentes
convocatorias, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2008.
Francisco José Pazos Soto
Presidente do tribunal
Resolución do tribunal. Listaxe provisional do concurso.
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Oposicións e exames - Observado o 24-02-2008 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE TRASLADOS
Segundo datos aportados polo SERGAS aos sindicatos, xa se pode saber o número de solicitudes de traslados que se presentaron en cada unha das categorías. Para nos:

1. Enfermaría: 1437 solicitudes de Galicia, 20 de fóra.
2. Auxiliar de Enfermaría: 563 / 11
90. Matronas: 46 / 1

Polo de agora non se sabe canta xente pedíu cada unha das prazas, pero no blog do Barco podedes ver o cadro de solicitantes de tódalas categorías: http://www.blogoteca.com/cigsaudebarco/index.php?cod=24897
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Oposicións e exames - Observado o 06-11-2007 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Exames da Oposición á Xunta de Galicia
Oposición da Xunta de Galicia
01/08/2007: LABORAIS GRUPO 2 ESCALA 002 - ANO 2006 - SEC 02
ATS, ENFERMEIRO/A, PRACTICANTE, DUE (QUENDA LIBRE): RESOLUCION DO 30 XULLO DE 2007, NOTAS SEGUNDO EXERCICIO
Resolución do 30 de xullo de 2007, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na categoria 002, do grupo II de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (ATS, enfermeiro, practicante, DUE)polas quendas de acceso libre e de promocion interna e cambio de categoria, pola que se lles da publicidade a diversos acordos do proceso selectivo convocado polas Ordes de 21 de febreiro de 2006 da conselleria de Presindecia, Administracions Publicas e Xustiza (DOG nº57, de 22 de marzo)
Resolución do 2º exame
Puntuacións do 2º Exame (libre)
Puntuacións do 2º exame (Promoción Interna)
Observacións de Enfermaría (6) - Categoría: Oposicións e exames - Observado o 02-08-2007 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal