|
|
|
|
|
|
| XIV JORNADAS INTERNACIONALES DE ENFERMERIA |
|
LUGO, 26 E 27 DE MARZO DE 2009
TITULO: “EL CONTINUUM: MUJER-EMBARAZO-NIÑO.”
Organiza:
Escuela Universitaria Enfermería de Lugo
Colegio Oficial de Enfermería de Lugo
PROGRAMA CIENTIFICO
JUEVES 26 DE MARZO
8:30h.- Entrega de documentación.
9:00h.- Mesa Redonda: “Educación para la salud y embarazo”.
10:30h.- Foro de discusión.
12:00h.- Descanso-Café.
12:30h.- Conferencia.
Leslie Cragim. Matrona. Estados Unidos.
- “El Papel de la Matrona en Estados Unidos”.
13:00h.- Comunicaciones
13:30h.- Coloquio.
16:30h.- Ponencias
17:30h.- Coloquio.
18:00h.- Descanso-Café.
18:30h.- Acto Inaugural de las Jornadas.
19:00 h.- Conferencia.
Raquel Schallman. Matrona en Buenos Aires (Argentina).
Deidre Daly. Matrona. Directora del Programa de Formación de Matronas, Hospital Rotunda de Dublin, Irlanda. Presidenta de la Asociación de Matronas Europeas.
20:30h.- Recepción de los asistentes a las jornadas en el Excmo. Ayuntamiento de Lugo.
VIERNES 27 DE MARZO
9:00h.- Comunicaciones.
9:30h.- Coloquio.
10:00h.- Mesa Redonda: “Cuidados en el primer año de vida I”.
11:30h.- Foro de discusión.
12:00h.- Descanso-Café
12:30h.- Conferencia.
Raquel Schallman. Matrona en Buenos Aires (Argentina)
- “Establecimiento del vínculo materno-filial”.
13:30h.- Coloquio.
16:30h.- Mesa Redonda: “Cuidados en el primer año de vida II”.
17:30h.- Mesa Redonda. “Aspectos singulares”.
18:30h.- Foro de discusión.
19:00h.- Conferencia.
María García Franco. Enfermera Clínica Hospital de Cruces (Bilbao). Presidenta Sociedad Española de Enfermería Neonatal.
19:30h.- Clausura de las Jornadas.
22:00h.- Cena de Clausura.
Lugar: Auditorio de la Facultad de Veterinaria Campus de Lugo.
Data límite de inscripción: 14 de marzo de 2009
Información:
Escuela de Enfermería: Tel: 982 28 58 80
Fax: 982 28 58 85
Colegio de Enfermería: Tel: 982 24 24 50
Fax: 982 24 29 23
Correo: eueldeca@lugo.usc.es
colexio@enfermerialugo.org
Fecha límite para el envío de los resumes de las Comunicaciones: 14 de marzo de 2009.
Número máximo de autores por comunicación: 5
Cota de Inscripción: (márquese con una X la modalidad de inscripción elegida).
Enfermeir@s
75 €. (incluye recepción, asistencia a las jornadas y cena de Clausura).
45€. (incluye recepción y asistencia a las jornadas)
Alumnos
35 €. (Incluye recepción y asistencia a las jornadas)
65 €. (Incluye recepción, asistencia a las jornadas y cena de Clausura).
Forma de Pago: Transferencia bancaria a la C/C 2091-0102-65-3040014153 de Caixa Galicia
Se solicitan dos créditos de libre configuración y que sean reconocidas de interés sanitario por la Consellería de Sanidad. |
|
|
|
|
| AS FUNDACIÓNS DO SERGAS |
|
OS HOSPITAIS DE VERÍN, SALNÉS, VIRXE DA XUNQUEIRA E BARBANZA XA PERTENCEN AO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Un total de 815 traballadoras e traballadores estatutarizáronse voluntariamente
O actual Goberno galego procedeu ao longo do ano 2007 a sanear economicamente as fundacións sanitarias de Galicia cunha achega de 16,7 millóns de euros
Santiago de Compostela, 1 de xaneiro de 2009.- Os hospitais de Verín, do Salnés, Virxe da Xunqueira, en Cee, e da Barbanza, en Ribeira, xa son centros de pleno dereito do Servizo Galego de Saúde, ao se extinguir oficialmente as fundacións hospitalarias, logo do acordo do Goberno galego. Todas elas están xa inscritas no rexistro de extinción de fundacións.
A disolución destas fundacións hospitalarias prodúcese por non lograrse a través desta figura xurídica os seus pretendidos obxectivos de eficacia e eficiencia, así como a redución de gasto e mellora da calidade dos servizos. A extinción está a implicar unha mellora tanto para as e os profesionais destes centros ?que pasan a contar cos mesmos dereitos e deberes que o resto do cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde-, como para a calidade da asistencia sanitaria, que se beneficiará da maior homoxeneidade do sistema público.
O actual Goberno galego procedeu, dentro deste proceso de disolución das fundacións, a sanear economicamente as mesmas ao longo do ano 2007, cunha achega total de 16,7 millóns de euros, procedentes de fondos propios da Comunidade Autónoma.
Esta extinción posibilita, entre outras vantaxes, o sometemento dos centros a criterios uniformes de planificación e coordinación; a redución do gasto sanitario ao incorporar estes centros a plans conxuntos de adquisición e subministración de bens e servizos; garantir a concorrencia, publicidade e imparcialidade na contratación; o sometemento a criterios de control financeiro e orzamentario que se establecen para o resto de centros hospitalarios públicos; a unificación da oferta de emprego público; a consolidación do proceso de homologación das condicións de traballo do persoal; e, ademais de todo o antedito, a unificación dos cadros de persoal e réxime de xestión dos centros hospitalarios, coa conseguinte mellora da calidade asistencial.
Do total do cadro de profesionais das fundacións hospitalarias 815 estatutarizáronse, é dicir, integráronse no Servizo Galego de Saúde. Deles, 154 corresponden ao Hospital de Verín, 219 ao Hospital do Salnés, 200 ao Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee; e 242 ao Hospital da Barbanza, en Ribeira.
|
|
|
|
|
| PUBLICACIÓN FEGAS: ATENCIÓN A INMIGRANTES |
|
Título: Atención sanitaria y nuevas necesidades poblacionales: inmigración y demanda
Autor: Casal Rodríguez, Bruno; Burón Pust, Andrea; Cano Pérez, Juan Francisco; [et al.].
Idiomas: Castelán
Número de páxinas: 190
Edición: 2008
I.S.B.N.: 978-84-453-4556-6
PVP: 6,50 €
Descargar aquí. |
|
|
|
|
| Curso de formación de mediadoras/es xuvenís en prevención de drogodependencias |
|
IX Escola de Formación de Axentes de Saúde
Curso de formación de mediadoras/es xuvenís en prevención de drogodependencias
Santiago de Compostela, 17,18, 19, 20, 21 de 2008
Presentación e finalidade
As actividades de formación de axentes de saúde que desenvolve o Consello da Xuventude de Galicia tratan de favorecer tanto o desenvolvemento individual das persoas participantes como a súa implicación na saúde da comunidade, mediante a mellora da súa capacitación para actuar como mediadoras e mediadores xuvenís.
O curso que agora propoñemos encádrase no marco da IX Escola de formación de axentes de saúde, e ten por finalidade favorecer a dinamización da promoción da saúde e a prevención das drogodependencias no ámbito sociocomunitario e asociativo xuvenil. Dende estes ámbitos será posible incidir nos factores que inflúen na relación drogas e mocidade, a utilización do tempo de ocio, e os costumes e hábitos relacionados; e en definitiva, na xeración de contornos promotores de saúde.
Obxectivos
Facilitar espazos de formación e intercambio de experiencias para mozas e mozos en promoción da saúde.
Promover a visión crítica da realidade e os costumes e hábitos sociais relacionados cos usos e consumos de drogas na actualidade.
Estimular no ámbito asociativo xuvenil a realización de accións promotoras de saúde que contemplen a presenza normalizada de recursos orientados á prevención de problemáticas derivadas do consumo de drogas.
Metodoloxía da actividade
A metodoloxía de carácter activo-participativa, daralle especial importancia á análise de actitudes e á revisión crítica da realidade, facilitando a incorporación de criterios e estratexias necesarias para a prevención das drogodependencias.
Persoas destinatarias
Poderán participar un máximo de 30 persoas.
Na selección do grupo de participantes terán prioridade as persoas que formen parte de asociacións xuvenís ou teñan experiencia asociativa.
Imparten
Profesionais e especialistas do campo da prevención e da asistencia en drogodependencias da rede do Plan de Galicia sobre drogas, ademais de representantes doutras entidades e ONG que traballan neste ámbito.
Contidos
Conceptos básicos en drogodependencias: aspectos biolóxicos e sociais
Modelos teóricos explicativos para a intervención en drogodependencias
Os axentes sociais que actúan en prevención: a intervención sociocomunitaria
A mocidade ante o uso de drogas: os novos modelos de consumo
Intervención para a redución de riscos
Programar e localizar accións orientadas á prevención
Aspectos metodolóxicos para a educación e a prevención de drogodependencias
Datas de realización
17, 18, 19, 20 e 21 de novembro de 2008 (de luns a venres)
Duración: 35 horas
Horarios:
Mañás: de 10:00 a 14:00 h (de luns a venres)
Tardes: de 16:00 a 20:00 h (de luns a xoves)
Lugar de realización:
Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Rúa Madrid, 2, 4, Santiago de Compostela
INSCRICIÓN GRATUÍTA
Dende o noso web:
www.cxg.org
Data límite de recepción de solicitudes: 12 de novembro de 2008 (ás 12:00 h)
A asistencia á actividade confirmarase persoalmente por teléfono ou por correo electrónico, unha vez revisadas as solicitudes recibidas.
Organización, información e inscrición:
Consello da Xuventude de Galicia
Fonte do Santo Antonio, 25, 1º
15702 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 569 560
Fax: 981 563 488
Correo electrónico: info@cxg.org |
|
|
|
|
| POR FIN, A REUNIÓN POLO NOVO PACTO |
|

Por fin foi convocada a reunión que fai o SERGAS para o dia 30 sobre o novo Pacto de contratacións:
Asunto: Convocatoria comisión de traballo para a negociación do novo pacto de selección temporal
Órgano convocante: Subdirección Xeral de Políticas de Persoal
Orde do día:
• Presentación da primeira parte do borrador do novo pacto de selección temporal.
Lugar e data de reunión: Santiago de Compostela, xoves, 30 de outubro de 2008 ás 11:00h. na sala 02-03 da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional.
Convocados:
• Organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF, USAE, CESM e SATSE
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2008
O subdirector xeral de Políticas de Persoal
Francisco Javier Pena Corredoira
Pero non é ningunha panacea, pois non firmarán o novo pacto e xa novas listas.Parece que van ir a modiño, pois só falarán da primeira parte, as demaís partes (a saberes cantas hai), para futuras reunións, e despois até estar de acordo, poden pasar meses.
PARA CANDO O NOVO PACTO E LISTAS DE CONTRATACIÓN?
Seguiremos agardando... |
|
|
|
|
| EXPOSICIÓN DE PÍLDORA E MULLER. 30 ANOS DE EVOLUCIÓN |
|
 28 DE OUTUBRO / 31 DE OUTUBRO
GALERÍA SARGADELOS DE SANTIAGO
Cando se cumpren tres décadas da legalización da píldora en España, 30 mulleres españolas comparten as súas experiencias, vivencias e opinións persoais sobre este método anticonceptivo que cambiou a vida das mulleres hai trinta anos e aínda hoxe segue evolucionando para aportar saúde e benestar ás súas vidas.
Auspiciada pola Sociedad Española de Ginecología y Obstetricia (SEGO) e a Sociedad Española de Contracepción (SEC) e coa colaboración de Bayer Schering Pharma esta mostra aúna coas súas imaxes e testemuños, o progreso da píldora e da muller de hoxe. Unha realidade que pouco ten que ver coa de hai trinta anos.
Programa de actividades relacionadas coa exposición (1º andar):
Martes 28 outubro. 11.00 h.
-Rolda de prensa: presentación da exposición ante os medios de comunicación.
Intervirán: Sociólogo, Doutor Eduardo Yáñez, José Luis Doval (coordinador do Programa de Atención á Saúde da Muller da Consellería de Sanidade de Galicia).
Almorzo para periodistas.
Mércores 29 outubro. 19.30 h.
-Presentación da monografía 'Beneficios da píldora'. Dirixida a xinecólogos.
Intervirán: José Luis Doval (Xefe do Servizo de Xinecoloxía do Hospital Nosa Señora do Cristal-Piñor de Ourense e Membro do Equipo Daphne).
Cóctel ó inicio.
Xoves 30 outubro. 19.00 h.
-Charla para mozas/os.
Intervirán: Doutor Eduardo Yáñez e xinecólogo.
Venres 31 outubro.19.00 h.
-Presentación do Programa de Mellora da Atención á Saúde da Muller. Dirixido a médicos xerais i especialistas.
Intervirán: José Luis Doval (coordinador do Programa e Xefe de Servizo de Xinecoloxía do Hospital Nosa Señora do Cristal-Piñor de Ourense e Membro do Equipo Daphne). Cóctel ó inicio. |
|
|
|
|
| Curso: Prostitución e inmigración |
|
Infómovos deste curso por si é do voso interese:
Aberto o prazo de inscrición para o curso 'on-line' 'Prostitución e Inmigración: Realidade e Intervención Social'
Cruz Vermella en Galicia organiza, por segundo ano consecutivo, o curso "Prostitución e Inmigración: Realidade e Intervención Social" dirixido a profesionais do sector e alumnos de titulacións de área social (Educación Social, Psicoloxía, Traballo Social,…). A formación impartirase do 3 de novembro ó 22 de decembro a través do campus virtual da UOC (Universitat Oberta de Catalunya) e o prazo de inscrición está aberto ata o próximo 20 de outubro no teléfono 981 169 163 (Centro de Formación de Cruz Vermella). Dada a elevada demanda do ano pasado, incrementáronse a 90 as prazas dispoñibles. O curso está cofinanciado polo Ministerio de Traballo e Inmigración e a Secretaría Xeral de Emigración de la Xunta de Galicia e ten un custo reducido de 30 euros. A formación equivale a dous créditos da Universidade de A Coruña. En canto ós contidos, constan de seis módulos: a prostitución dende a perspectiva xurídica e social no ámbito internacional, nacional e galego facendo fincapé en modelos europeos; a inmigración e a muller; os prexuízos e estereotipos existentes en torno á prostitución exercida por mulleres inmigrantes; ferramentas prácticas de intervención social (saúde, xénero e autoestima, identificación e prevención da violencia de xénero, emprego,…) e seminario presencial de boas prácticas.
Prostitución e Inmigración: Realidade e Intervención Social
Do 3 de novembro ao 22 de decembro
PRESENTACIÓN
A situación de vulnerabilidade que viven moitas mulleres estranxeiras no noso contorno é froito dunha dobre condición: muller inmigrante que exerce a prostitución. A isto hai que engadir a vulnerabilidade existente polo simple feito de ser muller.
Isto impregna a totalidade das súas vidas, a súa situación económica, a súa saúde, as súas relacións persoais, as súas oportunidades de traballo, etc.
Esta triple discriminación convírtese nun dos focos principais de exclusión social actuais, polo que é urxente a transformación das políticas sociais, ademais dunha profunda reflexión sobre estes dous fenómenos, a súa orixe e as súas consecuencias.
OBXECTIVO
O obxectivo deste curso é dar a coñecer de xeito riguroso a situación que viven as mulleres inmigrantes que exercen a prostitución, a fin de adaptar os modelos de intervención social ás súas situacións de vulnerabilidade e dar así respostas eficaces.
MODALIDADE
Cruz Vermella conta cunha plataforma virtual que che permitirá acceder ás túas preferencias formativas dende o lugar e no horario que máis che conveña.
Tódolos nosos cursos inclúen un obradoiro introductorio á formación on-line que orientará á persoa participante no manexo da aula virtual, preparándoa para a realización do curso.
A formación on-line de Cruz Vermella desenvólvese no Campus Virtual da Universidade Oberta de Catalunya UOC.
DURACIÓN: 60 horas
Nº PRAZAS LIMITADO: 90 prazas
DATA: Do 3 de novembro ao 22 de decembro
ACREDITACIÓN: Dous créditos de libre configuración da Universidade da Coruña
CUSTO: Curso de financiación pública. Custo reducido de 30 euros.
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 6 ao 20 de outubro
INSCRICIÓN E INFORMACIÓN
Centro de Formación de Cruz Vermella
r/ Médico Devesa Núñez, 1
15002 A Coruña (Zona Lonzas)
Tlf 981 169 163
www.cruzvermella.org
CONTIDOS
Módulo 1. A prostitución.
• Enfoque ante a abordaxe e comprensión do fenómeno da prostitución
• Sistemas xurídicos
• A prostitución no ámbito internacional, nacional e galego.
• Algúns modelos europeos.
Módulo 2. A inmigración.
• O proxecto migratorio das mulleres.
• O impacto da inmigración na prostitución.
• A lei de estranxería e a prostitución: aplicación e resultados.
Módulo 3. Inmigración e prostitución: análise da realidade.
• Diferentes modalidades no exercicio da prostitución.
• Diferencias culturais.
• Axentes visibles e invisibles.
• A explotación sexual a través de redes organizadas.
Módulo 4. Resposta social ante a prostitución e a
inmigración.
• A estigmatización, victimismo e criminalización.
• Mitos, prexuízos e estereotipos.
• Unha mirada feminista.
Módulo 5. Algunhas ferramentas prácticas para a
intervención social.
• Xénero, autoestima e habilidades sociais.
• A saúde: corpo, sexualidade e maternidade.
• Identificación e prevención da violencia de xénero.
• Emprego.
Módulo 6. Seminario presencial sobre boas prácticas.
• Respeto ás diferenzas partindo dunha realidade multicultural.
• Ter en conta as mulleres: abrir e potenciar espazos de participación.
• Axentes sociais de apoio especializados/as.
• Potenciar o acceso aos recursos. |
|
|
|
|
| PRAZAS DA OPE 2006 NON ESCOLLIDAS |
|
 O SERGAS facilitou a relación das prazas non elexidas no proceso de selección de destina da OPE 2006 e, polo tanto, que acarrean que corra a lista de aprobad@s con praza.
Son as seguintes:
ATS/DUE: 13 prazas: 6 en Burela, 3 no Barco e 4 en Vigo.
Disque está o SERGAS chamando para que vaian a elexir o vindeiro xoves día 2 outubro as 11 horas.
AUXILIAR ENFERMARÍA: 8 prazas sen elexir: 7 en Coruña e 1 en Vigo
A nova data de elección é o xoves ás 10 horas.
Noraboa aos novos fixos, e sorte na próxima elección. |
|
|
|
|
| CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO NO MARCO DA I XORNADA DE ENFERMARÍA DE GALICIA |
|
 CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO:
“COMO VES Á TÚA ENFERMEIRA/O”.•>
•> REQUISITOS:
Os debuxos, deberán levar escrito ao dorso e en letra clara os seguintes datos:
- Nome e Apelidos :
- Data de nacemento: Idade:
- Enderezo:
- Nome e apelidos da nai, pai ou titor:
- Teléfono:
- Centro de Saúde ou Hospital :
- Localidade á que pertence o Centro de Saúde ou Hospital:
OBXETIVOS
Coñecer a visión que a poboación infantil Percibe da enfermeira/o que atende os seus procesos de saúde - enfermidade.
Poderán participar no concurso de debuxo os nenos e nenas que acoden ou estean ingresados nos Servizos Sanitarios do Servizo Galego de Saúde.
Haberá dous grupos:
• Grupo A: ata os 8 anos
• Grupo B: de 9 a 14 anos (ambos inclusive)
Características dos debuxos:
1. Os debuxos versarán sobre como ven os rapaces e rapazas á Enfermeira/o do seu Centro de Saúde ou Hospital.
2. Os debuxos realizaranse en papel ou cartolina tamaño Din A-4 (folio).
3. Os debuxos poderán incluír unha frase ou lema que faga referencia a como ven aos profesionais de Enfermería .
4. Cada rapaz e/ou rapaza poderá presentar un só debuxo. Tanto a técnica como o estilo dos debuxos é libre.
Os debuxos que cumpran as condicións da presente convocatoria serán expostos durante o transcurso das I Xornadas de Enfermería en Galicia, que se celebrarán en Santiago de Compostela no Palacio de Congresos e Exposición os días 2 e 3 de outubro de 2008.
Os debuxos pasarán a ser propiedade do Servizo de Integración de Coidados.
Resérvase a posibilidade de realizar exposicións dos mesmos así como de empregalos para a elaboración de traballos ou presentacións públicas.
•> PRAZOS DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación dos debuxos rematará o 26 de setembro de 2008.
Só se aceptarán os debuxos recibidos ata as 15:00 horas de dito día.
Os debuxos deberán enviarse á atención de:
"Concurso de debuxo”
Servizo de Integración de Coidado -División de Asistencia Sanitaria
Servizo Galego de Saúde
Edificio Administrativo San Lázaro s/n
15703 - Santiago de Compostela -A Coruña
•> PREMIOS
Establécense para cada grupo tres premios:
PRIMEIRO PREMIO: Unha bicicleta e un lote de material de debuxo
SEGUNDO PREMIO: Un lote de xogos educativos e un lote de material de debuxo
TERCEIRO PREMIO: Un lote de material de debuxo
PRIMEIRO PREMIO: Unha bicicleta e un lote de material de debuxo
SEGUNDO PREMIO: Un MP4 e un lote de material de debuxo
TERCEIRO PREMIO: Un lote de material de debuxo
Criterios e procedemento de concesión dos premios.
A entrega dos premios será como máximo dous meses a partir do fallo do xurado.
O xurado encargado de analizar e de resolver os premios estará integrado polos seguintes membros:
> Presidente: O Secretario Xeral do Servizo Galego de Saúde
> Vogais:
- Catro Direccións de Enfermería das Áreas Sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
- Un profesor de debuxo ou profesional dedicado ao campo artístico.
> Secretario/a: un profesional do Servizo de Integración de Coidados do Servizo Galego de Saúde.
Logo de avaliados os debuxos, o xurado emitirá un informe no que se concrete o resultado da avaliación efectuada. A decisión do xurado será inapelable.
Notificaráselles aos premiados a hora e o lugar da entrega de premios, que se fará en acto público durante o acto de clausura das I Xornadas de Enfermería en Galicia.
Para a concesión dos premios atenderase ao criterio do Xurado, os premios poden quedar desertos.
Grazas por participar
Servizo de Integración de Coidados |
|
|
|
|
| ENFERGAL CONSEGUE A CERTIFICACIÓN WIS DE CALIDADE |
|
 Enfermaría Galega Integral ha recibido la certificación WIS de calidad de PortalesMedicos.com.
Título de la web: Enfermaría Galega Integral.
URL de la web: http://www.blogoteca.com/enfergal/index.php
Nº de Certificado: WIS-081269
Descripción: Blog de Enfermería sobre todo lo relacionado con nuestra profesión en Galicia, escrito en lingua galega.
Categoría: Blogs y Páginas personales
País: España
Otras informaciones de interés sobre la web:
Principales secciones: Web
Educación para a saúde
Enfermaría
Novas SERGAS
Oposicións e exames
Técnicas de Enfermaría
Público al que va dirigido: Profesionales de la Salud
Idiomas: Gallego
Zonas restringidas a usuarios registrados: No
Boletín de Novedades: No |
|
|
|
|
|
|
|
|
|