INSTRUCIÓNS PREVIAS SOBRE COIDADOS E TRATAMENTO DA SAÚDE
1. ¿Que é o documento de instrucións previas?
É o documento en que unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre aquelas actuacións médicas a recibir ou non, co fin de que esta sexa respectada e cumprida no momento en que por determinadas circunstancias non sexa quen de expresala persoalmente.
Este documento supón un paso máis no recoñecemento do dereito de autonomía dos pacientes, permitíndoselles decidir sobre os coidados e o tratamento da saúde que desexan recibir ante situacións futuras.
2. ¿Quen pode outorgar o documento de instrucións previas?
Calquera persoa maior de idade que estea capacitada e actúe libremente.
3. ¿Cal debe ser o contido deste documento?
O documento deberá ter en todo ou parte o seguinte contido:
a) Instrucións e opcións acerca dos coidados e o tratamento da saúde da persoa outorgante, chegada unha situación en que polas circunstancias non sexa quen de expresala persoalmente.
b) Instrucións sobre o destino do corpo e dos seus órganos, unha vez chegado o falecemento.
No documento tamén se poderá nomear unha persoa representante para que, chegado o caso, sirva como interlocutor co/a médico/a ou co equipo sanitario que presta a asistencia para procurar o cumprimento das instrucións previas.
4. ¿Como se outorga o documento de instrucións previas?
O documento de instrucións previas debe estar formalizado mediante algún dos seguintes procedementos:
a) Ante tres testemuñas maiores de idade e con plena capacidade de obrar, das cales dúas, como mínimo, non poderán ter relación de parentesco ata o segundo grao por consanguinidade ou afinidade, nin estar vinculadas por relación patrimonial coa persoa outorgante.
b) Ante notario (sen necesidade de testemuñas).
5. ¿A quen vai dirixido o documento de instrucións previas?
As instrucións manifestadas no documento van dirixidas ao/á médico/a ou ao equipo sanitario que preste a asistencia á persoa outorgante, e unicamente terán eficacia cando a mesma se atope nunha situación que non lle permita expresar persoalmente a súa vontade.
6. ¿Que é o Rexistro galego de instrucións previas?
É un rexistro dependente da Consellería de Sanidade, no cal os outorgantes de documentos de instrucións previas, se así o desexan e cumprindo os requisitos establecidos, poderán inscribir o seu documento de instrucións previas, ou se é o caso, a súa substitución ou revogación.
A finalidade do rexistro é facilitar o coñecemento da existencia do documento de instrucións previas aos profesionais que prestan a asistencia sanitaria, así como a consulta do dito documento chegada a situación en que sexa necesario telo en conta.
Este rexistro estará suxeito ás debidas precaucións de seguridade e confidencialidade.
Co fin de garantir a súa eficacia en todo o territorio nacional, o Rexistro galego de instrucións previas estará interconectado co Rexistro nacional de instrucións previas onde se recollen as instrucións previas inscritas nos distintos rexistros autonómicos.
7. ¿Onde se dirixe a solicitude de inscrición no Rexistro galego de instrucións previas?
A inscrición dun documento de instrucións previas farase a solicitude da persoa outorgante, cubrindo o modelo creado para o efecto.
Edificio Administrativo San Lázaro Rexistro galego de instrucións previas
15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA sobre coidados e tratamento da saúde
Teléfono: 981542799 - Fax: 981542854
www.sergas.es
Este modelo estará dispoñible en calquera das unidades do Rexistro galego de instrucións previas situadas na sede central da Consellería de Sanidade así como nas súas delegacións provinciais. Tamén poderá obterse a través da páxina web oficial do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
A solicitude deberá dirixirse a calquera das unidades do Rexistro galego de instrucións previas citadas. Tamén poderá presentarse en calquera centro hospitalario do Servizo Galego de Saúde onde se lle dará traslado á unidade do Rexistro que corresponda; ou mediante algún dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
8. ¿Que documentación hai que presentar para rexistrar o documento de instrucións previas?
A solicitude irá acompañada en sobre pechado da seguinte documentación:
1) No caso de terse formalizado ante testemuñas:
a. Documento orixinal de instrucións previas asinado pola persoa outorgante e as tres testemuñas (debe figurar o lugar e a data do outorgamento).
b. Declaración responsable de cando menos dúas das tres testemuñas de non ter relación de parentesco ata o segundo grao por consanguinidade ou afinidade, nin estar vinculadas por relación patrimonial coa persoa outorgante.
c. Copia auténtica do DNI/pasaporte da persoa outorgante e das testemuñas.
2) No caso de terse formalizado ante notario:
a. Copia auténtica do documento de instrucións previas.
b. Copia auténtica do DNI/pasaporte da persoa outorgante.
3) No caso de que o outorgante designe unha persoa representante e, de ser o caso, un substituto, deberase así mesmo xuntar:
a. Documento que acredite a súa designación.
b. Copia auténtica do DNI/pasaporte da persoa representante e, de ser o caso, do seu substituto.
9. ¿Existe a posibilidade de revogar o documento?
En calquera momento o documento de instrucións previas poderá ser obxecto de substitución ou de revogación por parte da persoa outorgante.
REXISTRO GALEGO DE INSTRUCIÓNS PREVIAS
• Funcións do Rexistro:
a. Inscribir os documentos de instrucións previas, así como a súa substitución ou revogación.
b. Custodiar os documentos inscritos.
c. Facilitar o coñecemento da existencia do documento de instrucións previas aos profesionais responsables da asistencia sanitaria.
d. Facilitar o acceso e a consulta dos documentos de instrucións previas ás persoas autorizadas, así como expedir certificacións e copia deles.
• Organismo responsable:
Dirección Xeral de Aseguramento e Planificación Sanitaria (Subdirección Xeral de Aseguramento).
• Unidades do Rexistro Galego de instrucións previas:
Servizos centrais da Consellería de Sanidade
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela
Tlf.: 881 54 03 13
Delegación Provincial de Sanidade de A Coruña
Rúa Gregorio Hernández, nº 2 – 4
15011 A Coruña
Tlf.: 981 155 823 / 981 155 852
Delegación Provincial de Sanidade de Lugo
Rúa Montevideo, nº 9, 1º andar
27001 Lugo
Tlf.: 982 292 086 (centraliña) / 982 292 116
Delegación Provincial de Sanidade de Ourense
Avda. de Zamora, nº 13
32005 Ourense
Tlf.: 988 066 320
Delegación Provincial de Sanidade de Pontevedra
Avda. de Vigo, nº 16
36003 Pontevedra
Tlf.: 986 885 334