Enfermaría Galega Integral













Locations of visitors to this page


O meu perfil
enfergal@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOS ENFERMEIRAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

INÍCIASE A CAMPAÑA DE VACINACIÓN DO VPH
Dende o próximo luns, empezarase a vacinar en Galicia a tódalas rapazas de 14 anos. Prevense que unhas 5212 adolescentes se beneficien desta vacina gratuita, que vai protexer do 70% dos casos de cáncro de colo de útero, ocasionado polo virus do papiloma humán, unha Infección de transmisión sexual.
A vacina, de 3 dosis, deberá administrarse intramuscular con dose 0-1-6, é dicir, a 2ª dose, ó mes de administrar a primeira, e a 3ª aos 6 meses.
Aos profesionais do sistema sanitario galego remitiránselles 9.000 instruccións sobre a inclusión no calendario; e ademáis, repartiranse 5.000 talonarios de rexistro de vacinación, 120.000 tarxetas calendario, 5.000 carteis de vacinación e 5.000 rexistros.
O próximo sábado, no encontro de educadores en Sexualidade e prevención do VIH/SIDA/ITS, contaremos cá presenza como ponentes de dous Xefes de Servizo de Xinecoloxía, concretamente, os do CHAMPNS e Hospital da Barbanza, para falarnos das últimas novidades deste tema. Tedes a información do encontro neste mesmo blogue.

Nova na Voz de Galicia (27-9-08)
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Enfermaría - Observado o 27-09-2008 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
116

Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Enfermaría - Observado o 27-07-2008 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Acordo anexo á acta do 4 de abril de 2008

ACORDO SOBRE DETERMINADAS CONDICIÓNS DE TRABALLO E RETRIBUTIVAS DO PERSOAL DAS UNIDADES E SERVIZOS DE ATENCIÓN PRIMARIA.
O Plan de Mellora de Atención Primaria 2007-2011 incorporou determinadas previsións relativas á mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal das unidades e servizos, recoñecendo á Mesa Sectorial como o único foro de negociación para a implantación de ditas medidas.
Entre as actuacións previstas, e que por este acordo deveñen en efectivas, figuran a mellora do complemento de intersubstitución e das condicións da oferta para a prestación voluntaria de atención continuada.
No que se refire ao complemento de intersubstitución, creado pola norma como
a contraprestación a unha actividade adicional de atención efectiva aos pacientes adscritos aos profesionais ausentes, a mellora consiste en engadir para o seu cómputo, ao factor fixo actualmente considerado –vinculado
fundamentalmente ao número de cartillas asignadas ao persoal ausente–, unha porcentaxe (garantida entre o 70 e o 100 %, en función do nivel de actividade) dos seguintes complementos retributivos de carácter non persoal: soldo base,
complemento de destino e produtividade de percepción xeral.
Con esta decisión trátase de retribuír de forma máis equitativa e axustada á situación de cada unidade, e en todo caso cunha moi relevante mellora, ao persoal que vén asumindo a actividade do persoal ausente para manter a
normalidade, na maior medida posible, na prestación da asistencia. E todo isto partindo de que a intersubstitución debe ter carácter subsidiario fronte a outras medidas de suplencia máis apropiadas, como son a incorporación de
aspirantes das listas de vinculación temporal, as prolongacións de xornada do persoal da unidade e a xornada complementaria do persoal que ocupa postos de traballo dos Puntos de Atención Continuada.
No tocante ás condicións da prestación voluntaria de atención continuada, as medidas máis relevantes que resultarán do presente Acordo serán, por unha parte, a tramitación dunha nova oferta de voluntariedade; por outra, a previsión de incentivos retributivos, xustificados na escaseza de profesionais, para
aqueles/as profesionais que opten por un tramo relevante de prestación.
O presente acordo ten o seu basamento normativo no disposto no artigo 38 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, e nos artigos 79 e 80 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco de persoal estatutario dos servizos de saúde, e resulta de aplicación ao persoal das unidades e servizos de atención primaria do Servizo Galego de Saúde.
Con base no que antecede, os representantes da administración sanitaria e as organizacións sindicais CIG, CEMSATSE, UGT, CC.OO. e CSI-CSIF de Acordo anexo á acta do 4 de abril de 2008
conformidade co acordado en acta do 22 de febreiro, asinan con data 4 de abril de 2008 o presente.

Artigo 1. Obxecto e ámbito.
O presente acordo ten por obxecto establecer, dentro do proceso de execución do Plan de Mellora de Atención Primaria, determinadas melloras nas condicións de traballo e retributivas para o persoal estatutario de atención primaria ao que resulta de aplicación o réxime retributivo do Decreto 226/1996, do 25 de abril, na redacción dada polo 156/2005, do 9 de xuño.

Artigo 2. Vixencia.
1.- O presente acordo terá efectividade desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, con excepción do relativo ao complemento de intersubstitución, que será aplicado ás contías a percibir desde o 1 de xaneiro de 2008.
2.- Este Acordo terá vixencia ata o 31 de decembro de 2010, e prorrogarase automaticamente, por períodos sucesivos de un ano, de non mediar denuncia expresa dalgunha das partes realizada cunha antelación mínima de tres meses á finalización de cada período de vixencia.

Artigo 3. Cobertura das ausencias.
Para a cobertura das ausencias do persoal das unidades e servizos utilizaranse, por orde de prelación, os seguintes instrumentos:
1.- Chamamento a aspirantes das listas de vinculación temporal.
2.- Prolongación de xornada para o persoal das unidades e servizos e xornada complementaria nas unidades e servizos para o persoal dos Puntos de
Atención Continuada.
3.- Intersubstitución. Para a súa realización, e conseguinte retribución, darase prioridade ao persoal que manifeste a súa voluntariedade de realizar a intersubstitución.

Artigo 4. Complemento de intersubstitución.
1.- De conformidade co previsto no artigo 7 do Decreto 226/1996, do 25 de abril, na redacción dada polo 156/2005, do 9 de xuño, este complemento de intersubstitución ten por finalidade retribuír a prestación de servizos dos
médicos de familia, pediatras, odontólogos, diplomados en enfermería e fisioterapeutas das unidades e servizos de cadro de persoal que atendan a cota de pacientes adscritos a outros profesionais da mesma categoría e unidade ausentes por causa de vacacións, permiso matrimonial, ou días de libre disposición. Tamén aplicarase naquelas ausencias non substituídas
derivadas de incapacidade temporal, nos supostos previstos na lexislación de Seguridade Social, e nas derivadas de suspensión con dereito a reserva, nos supostos previstos na normativa de conciliación da vida familiar e laboral das
persoas traballadoras.
Esta retribución só será efectiva cando as ausencias non sexan cubertas por persoal temporal, por prolongacións de xornada do persoal da unidade ou por xornada complementaria do persoal dos PAC, e o dereito individual a percibir o complemento, que se acreditará desde o primeiro día da ausencia, requerirá a participación efectiva na cobertura da axenda de citación do persoal ausente.
2.- A contía do complemento calcularase, para o persoal médico de familia, co importe que resulte de dividir a contía promedio día do factor fixo de produtividade nas modalidades A a G, previstas no artigo 7 do Decreto 226/1996, entre o número de profesionais que realicen a prestación substituída, descontando os ausentes.
Para diplomados en enfermería calcularase co resultado de dividir o número de cartillas asignadas á unidade entre os profesionais da mesma, excluídos os ausentes.
Pola ausencia de elemento capitativo nas retribucións do persoal pediatra, odontólogo e fisioterapeuta, a fórmula substitutiva deste factor determinarase por instrucións do Servizo Galego de Saúde, previo tratamento na comisión de
seguimento do Acordo.
Á contía resultante complementarase co 70% dos seguintes conceptos retributivos: Soldo base, complemento de destino e produtividade fixa de
percepción xeral (a que figura incorporada á orde anual de confección de nóminas ditada pola Consellería de Economía e Facenda). As xerencias
valorarán os supostos nos que, por mor das cargas de traballo derivadas do tamaño do centro, cotas asignadas, número de profesionais en activo en relación cos ausentes, e demais circunstancias xustificadas nas cargas de traballo asumidas, procede o abono de ata o 100% destes últimos conceptos retributivos. Ditos supostos serán acordados, e a contía resultante abonada, por resolución expresa da respectiva xerencia, consonte aos criterios obxectivos que se determinen na comisión de seguimento deste Acordo.

3.- O Servizo Galego de Saúde, previo tratamento na comisión de seguimento do Acordo, ditará instrucións para a aplicación na nómina destas melloras no complemento de intersubstitución
No que se refire ao factor capitativo do complemento, ditas instrucións establecerán as adaptacións precisas para que os efectos retributivos da intersubstitución do persoal DUE sexan efectivos, tamén nos termos previstos no artigo 2, con independencia de que se teña producido ou se produza o salto no tramo de cartillas adscritas.

Artigo 5. Principio xeral de prestación voluntaria de atención continuada.
O persoal médico de familia e diplomado en enfermería das unidades e servizos poderá facer voluntariamente gardas nos Puntos de Atención
Continuada.
Por resolución do Servizo Galego de Saúde, que será previamente negociadana comisión de seguimento deste Acordo, habilitarase unha nova oferta xeral para presentar opcións de tramos de voluntariedade. Na resolución determinaranse os requisitos, procedemento, ámbitos e prazos para o exercicio das opcións de voluntariedade.

Artigo 6. Réxime de voluntariedade do persoal médico de familia.
a) Incentivos á voluntariedade.
Coa finalidade de atender a situacións de escaseza de profesionais durante a vixencia do Acordo, o Servizo Galego de Saúde establecerá incentivos retributivos especiais –programas especiais polo complemento de produtividade variable dentro das dotacións orzamentarias– para aqueles/as profesionais que opten por un tramo relevante de atención continuada.
b) Situacións particulares:
-Só excepcionalmente, e debido á falta contrastada de persoal dispoñible para o mantemento da asistencia sanitaria debida, a dirección do centro poderá adoptar medidas extraordinarias que obriguen á superación dos límites de xornada establecidos. Tales medidas só poderán manterse polo tempo imprescindible e por resolución motivada adoptada previa consulta cos representantes do persoal (salvo en situacións inaprazables, en que se dará conta a ditos representantes con posterioridade), e estarán condicionadas á adopción simultánea de medidas de captación que permitan restituír a
normalidade. A comisión de seguimento establecerá criterios que garantan o principio de equidade na asignación de cargas obrigatorias en caso de que estas chegaran a producirse.
Considerarase que existe indispoñibilidade de persoal cando concorran á vez as seguintes circunstancias:
1. Que non se dispoña de persoal nos listados de aspirantes a vinculacións temporais.
2. Que no se dispoña de persoal voluntario, ou ben que o persoal que voluntariamente participa na realización de gardas non asuma voluntariamente a realización da xornada de traballo por razón de estar realizando o límite legal máximo de xornada (2090 horas/ano).
3. Que o persoal de PAC non asuma voluntariamente a realización da xornada por riba do límite legal máximo de xornada (2090 horas/ano).
- cando por causa da realización de xornada complementaria algún profesional deba realizar obrigatoriamente unha xornada superior a 2.090 horas anuais recibirá unha compensación específica consistente, á súa elección, ben nun
descanso equivalente ao dobre das horas traballadas en exceso, ou ben nunha retribución igual ao 175 % do valor da hora complementaria. Para estes efectos computarase a xornada ordinaria regulada e a complementaria en PAC.
- as variacións que se produzan no réxime de voluntariedade como consecuencia de procesos de provisión de prazas serán tratadas mediante os
mecanismos que acorde a comisión de seguimento deste Acordo.

Artigo 7. Réxime de voluntariedade do persoal diplomado en enfermería.
Darase prioridade á dotación de prazas de enfermería nun determinado PAC cando a suma das horas que resulten do cómputo das non cubertas nos actuais plans funcionais e das resultantes da redución de xornada prevista neste Acordo para o persoal de PACs permitan completar a xornada anual equivalente a un novo vínculo estable. Neste caso, mentres non se proceda á
autorización de praza orzamentaria, o posto cubrirase temporalmente mediante a modalidade de nomeamento temporal que corresponda, ata a cobertura con persoal fixo, xa sexa por procedementos regrados con carácter definitivo ou
provisional.
As horas que non completen unha praza a xornada completa serán obxecto de inclusión nos plans funcionais e ofertadas á voluntariedade. As horas que teñan a súa orixe en renuncias do persoal das unidades, serán ofertadas a este
persoal. Aquelas que teñan a súa orixe na xornada de PAC ou en prazas vacantes PAC, ofertaranse ao persoal dos mesmos. As non cubertas dalgún dos orixes anteriores (ordinaria/PAC) poderán ser ofertadas ao persoal da outra orixe.
Estas bases, previa negociación na comisión de seguimento, incorporaranse á resolución que desenvolva o réxime de voluntariedade.

En atención ao obxectivo xeral procurado cos incentivos económicos para o persoal médico –respostar ás necesidades actuais e escaseza de persoal–, recoñécese a posibilidade de implantar incentivos semellantes para o persoal DUE, adaptado ás súas retribucións, no suposto de que se produza idéntica situación de escaseza de profesionais no correspondente ámbito territorial.

Artigo 8. Comisión de seguimento do acordo.
Para levar a efecto o desenvolvemento deste Acordo, constituirase unha comisión de seguimento na que estarán representadas as organizacións asinantes e a Administración. Corresponderá a dita comisión resolver as cuestións que se susciten na interpretación e execución do Acordo. En particular, e con carácter prioritario, negociaranse na comisión a nova opción de voluntariedade e a aplicación das novas contías do complemento deintersubstitución.

Artigo 9. Desenvolvemento normativo.
A Administración ditará as disposicións necesarias para o aplicación e execución do presente acordo.

Disposición Adicional.
Na comisión de seguimento do Acordo analizaranse as adaptacións técnicas que, de ser o caso, resulte preciso realizar no complemento de intersubstitución pola entrada en vigor do réxime retributivo axustado a número de TIS asignadas.
Disposición transitoria.
Mentres non se diten as disposicións que procedan para aplicar o complemento de intersubstitución nas novas contías, cos efectos previstos no artigo 2, e as que establezan a nova oferta de voluntariedade na prestación da atención continuada, resultará de aplicación o previsto no Acordo do 20 de abril de 2005 (DOG do 2 de xuño de 2005) e disposicións ditadas para a súa aplicación.
Disposición derrogatoria única.
Quedan derrogados os artigos 4 e 5 do Acordo de Mesa sectorial do 20 de abril de 2005 (DOG nº 105, do 2 de xuño).
Acordo anexo á acta do 4 de abril de 2008 - CIG SAUDE
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Enfermaría - Observado o 06-04-2008 01:53
# Ligazón permanente a este artigo
IMPUGNADO PACTO DE CONTRATACIÓNS POLA UXT
Protestas ante la Dirección Provincial del Sergas en Vigo por la aplicación del Pacto de Contrataciones (06/03/2008)

Vigo, 6 de marzo de 2008-. Los enfermeros de la lista General y Especial de Contrataciones presentaron el pasado mes de enero un escrito acompañado de más de 300 firmas expresando su descontento ante la Dirección Provincial del Sergas y la Comisión Provincial de Contrataciones, por la aplicación abusiva del actual pacto de contrataciones. El escrito presentado, para el que se continúan recogiendo adhesiones, recoge la pretensión de negociar un nuevo pacto a causa de las condiciones actuales de los trabajadores, que les hacen imposible conciliar la vida laboral y la familiar.

En el texto se recopilan las malas condiciones en que trabajan las enfermeras, que pese a todo expresan que “queremos y necesitamos trabajar, estamos disponibles y dispuestos a cumplir los compromisos laborales dentro de las posibilidades y opciones que nos ofrece el Pacto”. Según el sindicato de Enfermería SATSE, tal como se están gestionando en el último año las listas, no se respetan los períodos de suspensión de llamamientos, imposibilitando organizar una vida personal y familiar a los afectados. “Después de hacer los 365 días, trabajados día a día o mes a mes, tenemos ese período de suspensión de tres meses contemplado en el pacto de contrataciones. Durante ese período de suspensión andamos saltando de paro a días sueltos trabajados y de contratos cortos a paro. Con esta gestión del pacto, es imposible conciliar la vida familiar y la laboral, a veces durante años.”

Otra de las quejas se refiere a los contratos por acúmulos de tareas, que se están empleando de la manera más arbitraria como una “panacea de los contratos”, ya que sirven, para contratos cortos como poll, sustitución de bajas, contratos de un mes o de seis meses según convenga. De esta manera, hay en ocasiones personas que consiguen mejores contratos que otras con mayor puntuación, debido a que la que tiene más derecho está realizando un acúmulo de tareas por cinco días. Esto se podría solucionar si el Sergas permitiera ampliar la lista poll, como se lo están requiriendo algunos Centros.

SATSE destaca que hasta hace más de un año se favorecía la rotación del listado y había un respeto a la normativa vigente, dejando una cierta flexibilidad que permitía asumir los compromisos familiares si se avisaban y justificaban previamente. En la actualidad, es tal la rigidez adoptada que SATSE expresa que “es hora de que se tomen cartas en el asunto y de que una vez por todas se retome inmediatamente el Pacto de Contrataciones en vista de las muchas deficiencias que tiene, la mala gestión de las listas y de los problemas que origina”.

Por todo ello, y en protesta por “la aplicación cicatera, rígida y demagoga del Pacto”, el sindicato convocó a los profesionales afectados por este Pacto de Contrataciones a una concentración el día 5 de marzo a las 11.00 h. ante la Dirección Provincial del Sergas en Vigo.
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Enfermaría - Observado o 07-03-2008 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
SITUACION ACTUAL SOBRE CONFLICTOS DE AP-PAC
Na blogue da Cig no Barco, acaban de actualizar a información actualizada sobre a última reunión có SERGAS sobre a situación dos profesionais de AP e dos PAC:

O venres pola tarde tivo lugar a segunda reunión entre a Plataforma Sindical e a dirección do Sergas, encabezada polo Secretario Xeral, Cayetano Rodríguez. A reunión anterior, celebrada o 28 de xaneiro, rematara con sensación de frustración e fracaso ao non conseguir ningún avance concreto. Esta segunda oportunidade buscada para desbloquear a parálise negociadora na que está metida a mesa sectorial, rematou con bastantes mellores perspectivas.

Igual co dia 28, o Sergas só quería falar da cuestión da xornada do persoal dos Pac. Igual co dia 28, os Sindicatos queriamos falar de todos os temas que non siguen enfrentando. Pero mentras entón só se falou, e moi timidamente, da cuestión da xornada de Pacs, agora repasaronse, en maior ou menor medida, todos os asuntos principais que están a debate nas duas mesas: a de urxencias e a de ordinaria.

SOBRE A XORNADA E A VOLUNTARIEDADE
O Sergas prantexou unha posición pechada a admitir o pago das posibles gardas forzosas como horas extras (ao 175% do seu valor), co argumento de que eso podería desincentivar a opción mesma pola voluntariedade en moitos casos. Pola contra, mostrou a sua disposición a retirar a xornada obrigatoria das 1762 horas nos Pacs e a admitir a cobertura das horas necesarias en base a unha oferta de voluntariedade.

En concreto, esbozaron o seguinte esquema:
- xornada ordinaria: 1430
- xornada voluntaria: a partir das 1430, e preferentemente orientada á cobertura de horas no propio Pac
- xornada obrigatoria: ata as 1570, só no caso de non cubrirse todas as horas coa voluntariedade
- xornada forzosa: só en caso de non disponibilidade e obrigando en primeiro lugar a quen teña optado por facer gardas voluntarias.

Este esquema, que inda non ten máis matices nin máis desenvolvemento, foi valorado como unha boa hipótese de traballo polos sindicatos da Plataforma, que permite desatascar un dos temas que máis bloqueada tiña a negociación.

Dado que non era unha mesa de negociación senón de exploración de posibles escenarios de acercamento, non se profundizou máis. Nós en concreto deixamos sobre a mesa que para traballar sobre ese esquema (que en principio valoramos como un avance moi importante) sería preciso atopar solucións ao problema da disponibilidade para minimizar ata o máximo posible a necesidade de estar permanentemente pendente do teléfono para cubrir imprevistos.

O Sergas manifestou pola sua parte dúbidas sobre os tramos de voluntariedade que se propoñen dende a Plataforma, pedindonos explicación sobre os mesmos; explicados os nosos criterios para propoñer eses tramos (que en todo caso serán iguais para o persoal de Pacs e o persoal de Uaps), e explicado que non son criterios pechados, quedou o tema pendente de afondar no debate na mesa negociadora.

Parece quedar claro tamén que todas as horas por encima das 1430, sen excepción, se pagarán a precio de hora de ordinaria, tanto para médicos como para enfermería de Pacs, e que as gardas voluntarias realizadas polo persoal de ordinaria se pagarán cun incentivo máis o propio prezo da garda.

SOBRE AS RETRIBUCIÓNS DE PACs

Neste tema, o que máis de discutiu foi sobre o complemento de turnicidade. O Sergas sigue opoñendose a recoñecer o pago do mesmo, alegando esencialmente que os horarios de Pac non son turnos e que os Celadores de Pac tampouco o perciben por ese mesmo motivo, existindo sentencias que lles dan a razón.

Pola nosa parte, nós seguimos insistindo en que o recoñecemento deste complemento é unha cuestión básica para poder chegar a un acordo. Sabemos, e explicamos, que de recoñecerse este complemento ten que facerse non só para médicos e enfermería senón tamén para o persoal non sanitario, e que este debe ser o acordo no que se remate con esta exclusión histórica. Preguntamos expresamente si calquera oferta final do Sergas deixaría fóra o complemento de turnicidade, e a resposta do Sergas foi que tiñan moitas dificultades con este tema anque analizarían si podian buscar algunha solución.

Do complemento de urxencia, nin oir falar, porque non queren igualar de ningunha maneira o salario de Pac e o salario de Urxencias Hospitalarias, cos argumentos principais de que eso podería dificultar o reclutamento de médicos para os hospitais e de que ese complemento, que se paga nos hospitais, compensa parcialmente o carácter obrigatorio da xornada complementaria (ata as 2090 horas anuais) mentras que nos Pacs sería voluntaria a partir das 1430.

Dos prazos de aplicación dos complementos tampouco se quixeron pronunciar, decindo que eso formaría parte dos axustes finais da negociación.

Defendimos tamén o que denominamos complemento por funcións administrativas para Celadores de Pac, sobre o que de momento non obtivemos nin un sí nin un non.

SOBRE OS SÁBADOS
Non se pronunciaron abertamente respecto da proposta sindical sobre os sábados, si ben admitiron que as xerencias xa están facendo previsións para analizar as opcións da agrupación da asistencia dos sábados pola mañán nos centros en que esté ubicado o Pac de referencia. A impresión é que sairá adiante a proposta presentada pola Plataforma.

SOBRE A INTERSUBSTITUCIÓN
O Sergas sigue defendendo que non se pode pagar todo o salario do ausente porque quen asume ese cupo non realiza toda a actividade do mesmo. Nós seguimos defendendo que a proposta do Sergas incumple tanto os compromisos do Plan Mellora como o acordo do 21 de xuño do ano pasado, nos que xa se recollía que a intersubstitución pagaría o salario real do ausente.

Logo do debate intenso sobre este tema, a impresión é que o Sergas tratará de quedarse a medio camiño entre a proposta sindical e a última presentada por eles na mesa.

SOBRE AS TIS
Non houbo gran debate sobre este tema, comprometendose o Sergas a que na próxima mesa concretará o valor que lle otorga ás Tis en cada categoría profesional.

Estamos de acordo en eso, si ben insistimos en que queremos que nesa valoración apareza tamén o tratamento de Fisios e Traballadores Sociais.

Rematou a reunión prantexandose por parte sindical a necesidade de que todo o falado hoxe se vexa reflexado e concretado nunha nova proposta do Sergas na mesa negociadora, baixo a premisa de que si hai realmente vontade de buscar ese acordo, éste debería producirse nun máximo de duas reunións, xa que non se pode seguir mareando a perdiz. Para elo, insistimos tamén en urxir ao Sergas (e moi especialmente ao seu Secretario Xeral) a que convoque novas reunións da mesa (de Pacs e de Ordinaria) nesta próxima semana, non máis alá do mércores.

Ao remate da reunión, na Plataforma comentamos o seu resultado e os pasos a dar, estando todas as organizacións de acordo en agardar a esas novas convocatorias. Si nelas non se concretan novas propostas en base ao falado nesta reunión, retomaríamos inmediatamente as mobilizacións cun carácter máis contundente.
Observacións de Enfermaría (3) - Categoría: Enfermaría - Observado o 11-02-2008 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
O ANXO DO GHETTO
No outro blogue de Enfermería Avanza, Miriam presentávanos a historia dunha enfermeira, nada en Varsovia no mesmo ano da morte da universal Florence Nightingale, e que co seu esforzo e traballo, logrou salvar a vida duns 2500 nenos xudeus durante a 2ª Guerra Mundial.

"Podería ter feito máis, este lamento perseguirame ata o día en que morra. A razón pola cal rescatéi aos nenos ten a súa orixe no meu fogar, na miña infancia. Fun educada na crenza de que unha persoa necesitada debe ser axudada de corazón, sen mirar a súa relixión ou a súa nacionalidade" (Irena Sendlerowa)

Seica o ano pasado estivo nomeada como candidata a lograr o premio Nobel da Paz, e queren que este ano non lle sexa arrebatado.
Por todo o seu traballo na mellora de calidade de vida, nunha época tan temerosa de mortes e desgracias, creo que sería interesante e moi merecido este premio (podedes ler no comentario a súa vida).
Observacións de Enfermaría (7) - Categoría: Enfermaría - Observado o 29-01-2008 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
HIPOTERMIA INDUCIDA POST PCR

Veñen de publicar en Venezuela un artigo, os compañeiros da UCI da ASF, sobre o manex e coidados de Enfermaría na hipotermia inducida tras unha parada cardiorrespiratoria. Un tema moi interesante e que non sempre se ten en conta na recuperación dos doentes que sufriron tales percances.

Noraboa pola publicación e non deixedes de lelo artigo:

Manejo de la Hipotermia Inducida Post RCP
Escrito por Area Sanitaria de Ferrol, A Coruña España, on 05-01-2008

CUIDADOS DE ENFERMERÍA EN LA HIPOTERMIA INDUCIDA POSTERIOR A RCPA
Arantón Areosa L., Díaz Lamas A., Díaz Seoane B., Eguren Llera P., López Pérez N., Goas Iglesias-U., Arcos Fuentes C., Sierto Díaz E.

Unidad de Cuidados Intensivos. Complejo Hospitalario Arquitecto Marcide. Área Sanitaria de Ferrol, A Coruña, España

Abstract

Introducción:
La Parada cardiorrespiratoria (PCR) es la complicación más grave de la patología cardiovascular. La escasa supervivencia, asociada a las múltiples secuelas neurológicas que suele ocasionar como consecuencia de la hipoxia derivada de la isquemia cerebral, hace que sea considerada como uno de los problemas de salud principales en los países desarrollados (más de 24.000 casos anuales en España y de 250.000 en Europa) [1,2];

Numerosos estudios demuestran que la hipotermia moderada inducida (30-34º centígrados), puede mitigar el daño neuronal derivado de PCR [3-6], mejorando el pronóstico neurológico.

Diferentes estudios con animales, muestran que existe un periodo ventana a partir de la cual la efectividad desciende de manera importante, pues se activan mecanismos lesivos derivados de la isquemia, de la consiguiente reperfusión (problemas derivados de la coagulación, como microtrombos), de la respuesta inflamatoria estos mecanismos destructivos se ven potenciados con la fiebre y son atenuados con la hipotermia.

Objetivo:
Dar a conocer el protocolo de hipotermia en PCR desarrollado y utilizado en nuestro servicio como consecuencia de trasladar los resultados de la evidencia científica publicada, al trabajo diario; así como la adaptación que requiere dentro del plan de cuidados administrado a estos pacientes.

Metodología:
Descripción del protocolo de actuación y adaptación del plan de cuidados estándar para pacientes en PCR.
En aquellos casos susceptibles de hipotermia, se recomienda iniciar ésta, lo antes posible.

Resultados:
Se establece la sistemática de selección de pacientes:

PCR presenciada en la que el paciente permanece comatoso, y que generalmente es secundaria a Fibrilación ventricular o Taquicardia ventricular
Asistolias: no se descartan de entrada, aunque habría que valorar cada caso concreto y sus peculiaridades
Se establece la sistemática de actuación en PCR y posterior inducción de hipotermia:

Intubación y Ventilación mecánica
Sedación y analgesia
Monitorización cardiaca, respiratoria, hemodinámica y térmica (temperatura central).
Vigilancia y control de efectos indeseables como escalofríos
Vigilancia y control analítico (glucosa, iones, electrolitos, hemograma, coagulación…)
Enfriamiento a través de manta térmica, combinándose con aplicación de otras medidas físicas tópicas como hielo u otros instrumentos externos
Infusión de soluciones endovenosas a baja temperatura según protocolo [tabla 1].
Evitar y tratar específicamente la posible aparición de fiebre (predictor de mortalidad y de mala evolución neurológica)

La mayor efectividad en la consecución de la hipotermia terapéutica, se consigue combinando los métodos de enfriamiento de superficie (externos) y los de enfriamiento central (infusión de líquidos fríos).
Nuestro objetivo es conseguir una temperatura de entre 32-34 grados centígrados y mantenerla en esos márgenes, durante 12-24 horas.
Se establece también la sistemática de recalentamiento posterior progresivo (en unas 8 horas):

De manera pasiva (al retirar los sistemas de enfriamiento inducido, la temperatura corporal subirá por si misma).
Con manta térmica (si queremos que el calentamiento sea controlado).

Asimismo se actualiza el plan de cuidados del paciente en PCR:

Diagnósticos de enfermería: se mantienen los diagnósticos previos del plan de cuidados:
Patrón de respiración ineficaz
Riesgo de infección
Riesgo de aspiración
Riesgo de deterioro de la integridad cutánea
Déficit de autocuidados: baño – higiene
Déficit de autocuidados: evacuación - aseo
Déficit de autocuidados: vestido – arreglo personal
Riesgo de alteración de la temperatura corporal

Nuestro objetivo principal del plan será mantener la hipotermia inducida del paciente, sin que se presenten posibles efectos indeseables; pero no hay que obviar otros objetivos del plan de cuidados establecido, como pueden ser:
Mantener vías aéreas permeables
Estará acoplado al respirador
Adoptar cuidados preventivos de aspiración
No presentará signos y síntomas de infección
Mantener la piel integra
Estará limpio y aseado

Se ajustan las acciones / intervenciones enfermeras a la nueva situación del paciente, aunque por motivos de espacio solo vamos a desarrollar a continuación, aquellas acciones directamente relacionadas con la situación de hipotermia inducida:
Se intensifica la vigilancia y control de los signos vitales: La monitorización será continua (frecuencia cardiaca, tensión arterial, presión venosa central, gasto cardiaco, frecuencia respiratoria, saturación de oxígeno, temperatura central, nivel de sedación, nivel de glucemia, analgesia …)

También se extrema la vigilancia y control de los posibles efectos indeseables, valorando y comunicando cualquiera de las posibles alteraciones que se describen a continuación (serían las más probables), así como cualquier otra situación anómala que podamos observar en el paciente:
Bradicardia
Trombosis
Leucopenia
Úlceras por presión
Hipovolemia
Resistencia a la insulina
Hemorragia
Arritmias
Escalofríos
Se reevalúa el plan de cuidados y se reestructura, en función de la evolución del paciente.

Discusión y Conclusiones:
Según la evidencia científica publicada [3-6], la evolución neurológica de los pacientes tras PCR es más favorable al aplicar hipotermia, disminuyendo tanto las consecuencias de la encefalopatía post PCR, como la mortalidad a los seis meses. A pesar de ello, como revela algún estudio, todavía no es una técnica de uso generalizado en estos momentos [7]; aunque si es cierto que su utilización se crece exponencialmente; un estudio realizado en 19 centros europeos, con 650 pacientes, concluye que no solo es una técnica factible, sino segura y eficaz en la práctica clínica [8].

En nuestro caso, no disponemos todavía de suficiente casuística en nuestro ámbito, como para poder objetivar, de manera fehaciente, los beneficios de la técnica, pero entendemos que con el establecimiento de la sistemática descrita y la correspondiente adaptación del plan de cuidados, hemos integrado y sistematizado las terapias y adaptado los cuidados e intervenciones enfermeras, garantizando una atención de calidad en la búsqueda de nuevas alternativas terapéuticas.

La existencia de procedimientos y registros específicos actualizados, junto con la disponibilidad de recursos adecuados, son piezas clave para conseguir un resultado neurológico favorable.

Bibliografía:
Pérez vela JL. Hipotermia terapéutica tras la parada cardiaca. REMI 2007;7(5):A71. [En linea: http://remi.uninet.edu/2007/05/REMIA071.htm ; consultado el 29-05-07]
Perales Rodríguez N, Álvarez Fernández J, López Messa J. Introducción y conceptos básicos en resucitación cardiopulmonar. En: Manual de Soporte Vital Avanzado 4º ed. Perales Rodríguez, López Messa J, Ruano Marco M edds. Elsevier Masson 2007:1-22
Hypothermia alter cardiac arrest study group. Mild therapeutic hypothermia to improve the neurologic outcome after cardiac arrest. N Eng J Med 2002;346:549-556
Bernard Sa, Gray TW, Buist MD, Jones BM, Slvester W, Gutteridge G et al. Treatment of comatose survivorsof out-of-hospital cardiac arrest with induced hypotermia. N Eng J Med 2002;346:557-63
Laver SR, Padkin A, Atalla A, Nolan JP. Therapeutic hypothermia after cardiacarrest: a survey of practice in intensive care units in the Unitedd Kingdo. Anaesthesia 2006;61:873-877
Polderman KH, Rinjsburger ER, Peerderman SM, Armand R, Girbes J. Induction of hypotermia in patients with variosus types of neurologic injury with use of large volums of ice-cold intravenous fluid. Crit Care Med 2005;332744-2751
Abella BS, Rhee JW, Huang K, Vanden Hoek TL, Becker LB. Induced hypothermia is underused after resuscitation from cardiac arrest: a current practice survey. Resuscitation 2005; 64: 181-186.
Arrich J, European Resuscitation Council Hypothermia Alter Cardiac Arrest Registry Study Group. Clinical application of mild therapheutic hypothermia after cardiac arrest. Crit Care Med 2007; 35: 1041-1047.
Artigo publicado na Sociedade Venezolana de Enfermería en Internet
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Enfermaría - Observado o 07-01-2008 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
EXAMEN FÍSICO
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Enfermaría - Observado o 31-12-2007 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
CONSTASTES VITAIS
Déixovos unha presentación en castelán sobre coidados básicos de Enfermería na toma e valoración das constantes vitais dos nosos doentes.


Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Enfermaría - Observado o 31-12-2007 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
MOVILIZACIÓNS DO PERSOAL DE PACs
INFOMACIÓN FACILITADA POR PERSOAL DE PAC, enviada a tódolos interesados e vinculados dos distintos PAC do SERGAS:


O pasado 6/11/07 reuníuse a Mesa Sectorial e un dos temas tratados foi a revisión das urxencias extrahospitalarias. A proposta do SERGAS foi a seguinte:

1. Xornada ordinaria de 1465 horas anuais aplicable en 2010. A reducción sería:

2008: 1535 horas
2009: 1500 horas
2010: 1465 horas

2. A partires de 2008 a xornada poderá extenderse a disposición das Xerencias até 1762 horas anuais para realizar atención continuada ou atención ordinaria en consulta, de forma obrigatoria. Estas horas por encima da xornada que se fixa no punto 1 serán retribuidas co valor hora establecido no "complemento de productividade por participación no traballo da unidade ou servizo, é dicir, co prezo que se paga actualmente por realizar consulta ordinaria.

3. OPE 2008
-Convocatoria única para a especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria que comprenderá as vacantes nos servizos de atención primaria e nos PACs.
-Convocatoria única para DUE que comprenderá especializada, primaria e PACs.

4. Sábados pola mañá: O personal sanitario dos servizos de atención primaria poderá solicitar a reducción do número de sábados, pero sen diminución de horas de xornada:
- Só quen opten por realizar at. continuada.
- Crearase un "crédito de horas" para prestar servizos de luns a venres na unidade ou no PAC
(eses sábados pola mañá asumiríaos o persoal de PAC).



Estanse a recoller firmas para enviar ás xerencias coas seguintes reclamacións dos médicos e enfermeiras dos Puntos de Atención Continuada do SERGAS:

1. Consideramos urxente a revisión da xornada laboral actual de 1570 horas tendo en conta a nocturnidade , turnicidade e penosidade do traballo, así como as disposicións contempladas no Estatuto dos Traballadores, propoñendo, E NON ACEPTANDO NEGOCIACIÓN POSIBLE NESTE PARTICULAR, unha xornada anual de 1430 horas dende xaneiro do ano 2008. Esta é a xornada recentemente pactada con colectivos afines como os Médicos de Urxencias Hospitalarias.

2. Non aceptamos, por tanto, o aplazamiento até o ano 2010, e consideramos UN GRAVE E INADMISIBLE RETROCESO o plantexamento da "extensión da xornada" até 1762 horas anuais para atender as necesidades da atención continuada ou ordinaria. Estimamos que ésta NON É A VÍA para suplir as carencias de persoal, senón máis ben de aportar crispación e argumentos para o abandono a un colectivo históricamente maltratado, pouco respetado e mal retribuído. Nada máis lexos das nosas aspiracións para a fidelidade e estímulo do persoal.

3. Expresamos o noso profundo malestar pola reticencia á negociación das condicións salariais. No aspecto retributivo estimamos que padecemos dende anos unha considerable pérdida de poder adquisitivo respeto a compañeiros de formación e nivel profesional similar. ESIXIMOS A APROBACIÓN CON CARÁCTER PRIORITARIO DOS COMPLEMENTOS DE NOCTURNIDADE, FESTIVIDADE Y TURNICIDADE AOS QUE TEMOS DEREITO e polos que outras categorías profesionais xa están cobrando.

4. Reivindicamos o deseño dunha fórmula eficaz e xusta que garanta o DISFRUTE REAL DO NOSO DEREITO A VACACIÓNS E DÍAS DE LIBRE DISPOSICIÓN. Non toleramos máis que se chame período vacacional a aquel definido por unha serie de cambios de gardas ou, no seu defecto, ao derivado dunha sobrecarga horaria nos meses non vacacionais. ESIXIMOS UN MES EFECTIVO DE VACACIÓNS COS NOVE DÍAS DE LIBRE DISPOSICIÓN MANTENDO A XORNADA MENSUAL DOS ONCE MESES RESTANTES EN NON MÁIS DE 130 HORAS.
Observacións de Enfermaría (17) - Categoría: Enfermaría - Observado o 13-11-2007 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal