Enfermaría Galega Integral












Locations of visitors to this page


O meu perfil
enfergal@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOS ENFERMEIRAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

RECOÑECEMENTO DE TRIENIOS AO PERSOAL ESTATUTARIO TEMPORAL DO SERGAS
CONSELLERÍA DE SANIDADE
Orde do 16 de abril de 2008 pola que se regula o procedemento de recoñecemento de trienios ao persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde.

Na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, no seu artigo 25 en relación co artigo 23, configúranse os trienios como parte integrante das retribucións básicas dos funcionarios interinos, establecendo ademais no seu parágrafo segundo que se recoñecerán os trienios correspondentes aos servizos prestados antes da entrada en vigor do estatuto.
Respecto á aplicación deste precepto ao persoal estatutario, temos que ter en conta o sinalado no seu artigo 2.3º, en canto ao ámbito de aplicación do novo Estatuto básico, e interpretar de acordo con el, a configuración que se fai das retribucións básicas, fixadas pola Lei de orzamentos xerais do Estado, fronte ás retribucións complementarias, cuxa configuración se remite ás leis da Administración correspondente.
Por outra banda o concepto de funcionario interino que recolle o Estatuto básico configúrase en contraposición ao funcionario de carreira, en virtude da natureza temporal ou non do seu nomeamento. Así, o artigo 10 do Estatuto básico sinala que os funcionarios interinos son aqueles que son nomeados, con carácter temporal, para a cobertura de prazas vacantes en canto non o sexan por funcionarios de carreira, para a substitución de titulares e para a execución de programas temporais ou para acometer o exceso ou acumulación de tarefas. No mesmo sentido este concepto de funcionario interino coincide cos supostos previstos no ámbito estatutario para a figura do persoal estatutario temporal, regulada no artigo 9 do citado estatuto marco, e que abarca os nomeamentos de interinidade por vacante, de carácter eventual e os de substitución, reflectindo deste modo a súa contraposición á figura do persoal estatutario fixo.
Dado o anterior, resulta preciso regular o procedemento para o recoñecemento dos trienios correspondentes ao persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde, tendo en conta, como sinala o citado artigo 25.2º, que este recoñecemento unicamente terá efectos retributivos a partir da entrada en vigor do Estatuto básico.
En virtude do disposto, e de acordo coas atribucións conferidas polo artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:
Artigo 1º
Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento de recoñecemento de trienios ao persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde.
Así mesmo, ao persoal estatutario temporal do Servizo Galego de Saúde recoñeceránselle os trienios correspondentes aos servizos prestados con anterioridade á entrada en vigor desta orde nos termos da Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración pública.

Artigo 2º
Consideraranse servizos efectivos todos os indistintamente prestados en calquera Administración pública e baixo calquera réxime xurídico.
A unidade de persoal do complexo hospitalario, hospital, xerencia de área ou xerencia de atención primaria onde preste os seus servizos expedirá, logo de solicitude do interesado, o correspondente certificado de servizos prestados, conforme o modelo que se achega como anexo I.
Cando se teñan prestado servizos noutros centros do organismo distintos a aquel en que se estea a prestar servizos, noutros centros da administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou noutras administracións públicas, a certificación orixinal dos ditos servizos, conforme o modelo que se achega como anexo I, deberá ser asinada polo órgano competente.

Artigo 3º
Para o recoñecemento dos trienios o interesado/a presentará, conforme vaia acumulando os servizos necesarios para o seu perfeccionamento, a súa solicitude acompañada da certificación sinalada no artigo anterior.
O recoñecemento da antigüidade do persoal estatutario temporal (anexo II) corresponderá aos directores provinciais do organismo, de acordo co establecido na disposición transitoria quinta, letra f, do Decreto 46/2006, do 23 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, ou a quen regulamentariamente se determine.

Artigo 4º
Os trienios recoñecidos ao persoal estatutario temporal de acordo co sinalado no artigo 3º terán efectos retributivos, de ser o caso, a partir do seu perfeccionamento.
Os trienios perfeccionados como consecuencia do recoñecemento de servizos previos prestados con anterioridade á entrada en vigor do Estatuto básico do empregado público terán efectos retributivos unicamente desde a data da súa entrada en vigor o día 13 de maio de 2007.

Disposición transitoria
Quen teña a condición de persoal estatutario temporal entre a data de entrada en vigor do Estatuto básico do empregado público e a entrada en vigor desta orden, sen que se encontre actualmente vinculado a ningún centro de gasto do Servizo Galego de Saúde, e que de acordo co establecido nesta orden tivese dereito ao perfeccionamento de trienios polo recoñecemento de servizos previos, disporá dun prazo de dous meses desde a súa entrada en vigor para instar o procedemento nela regulado.

Disposicións derradeiras
Primeira.-Autorízase o director xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde para ditar as normas que sexan necesarias para o desenvolvemento e a execución desta orde.
Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2008.
Mª Jose Rubio Vidal
Conselleira de Sanidade
Resolución no DOG
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Novas SERGAS - Observado o 23-04-2008 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
MAÑÁ PUBLÍCASE O ACORDO SOBRE OS TRIENIOS Ó PERSOAL EVENTUAL
No blog da CIG do Barco acaban de publicar unha boa nova:
por fin parece que mañá será publicado no DOG a Orde de recoñecemento de trienios ao persoal estatutario temporal. Xa queda lonxe, a primeira ocasión en que nos dixeron que se empezaría en "breve" o seu cobro, así o anunciaba fai meses.

Esta é a mensaxe que recibiron do SERGAS:

A través da presente, comunicámosvos que previsiblemente a Orde de recoñecemento de trienios ao persoal estatutario temporal será publicada mañá, 23 de abril no Diario Oficial de Galicia.

Si é así, mañá publicarei a resolución do DOG. Poderánse empezar a pedir os servizos prestados no SERGAS, si pasan dos 3 anos (1095 días), só no SERGAS.

Esperaremos ansiosos a publicación de mañá.
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Novas SERGAS - Observado o 22-04-2008 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
CONGRESO DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE EN NOIA
Aquí vos envío o programa do CONGRESO DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE, que se vai celebrar os vindeiros días 9, 10 e 11 de maio de 2008, no Concello de Noia.

Con él tentan impulsar o Proxecto de Concellos Saudables que se levará a cabo no Concello de Noia, co cal se fomentará a promoción dunha alimentación equilibrada en tódalas idades, a promoción da actividade física frecuente para a mellora da saúde, e a vida sen tabaco, alcohol e outras drogas.

Inclúen interesantes mesas redondas e ponencias con actividades prácticas.

Os podedes inscribir neste mail (saavedrapino@gmail.com)ou chamando por teléfono ao 609.82.31.34, ainda que o asistencia será libre para tódalas aquelas persoas que o desexen.

9 de maio
CONCELLOS SAUDABLES. UNHA APOSTA DE FUTURO.
Lugar: Coliseo Noela. Rúa do Curro.
18:00 – 18:30 Recollida de documentación.
18:30 – 19:00 “A Saúde nas cidades onde vivimos e traballamos”. Dra. Lourdes Maceiras García. Doutora en Medicina e Cirurxía. Profesora da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública. Universidade de Vigo.
19:00 – 19:30 Descanso-café.
19:30 – 20:00 Conferencia inaugural:
“Presentación do Proxecto de Promoción de Estilos de Vida Saudables nos Concellos de Galicia”. María José Rubio Vidal. Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia.
20:00 – 21:00 Experiencias comunitarias en programas de promoción da saúde
“Programa PASEA: Alimentación e actividade física saudable”. Bernardo Seoane Díaz. Xefe de Servicio de Programas de Estilos de Vida Saudable e Educación para a Saúde.
“Intervencións comunitarias e familiares de prevención do tabaquismo”. Begoña Alonso de la Iglesia. Xefe de Sección de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables.
“Experiencias comunitarias de promoción da saúde”. Dr. Carlos Piñeiro Díaz. Centro de Saúde de Narón.

21:00 – 21:15 Presentación do Proxecto de Concello Saudable de Noia. David Saavedra Pino. Traballador Social e Técnico Superior en Nutrición e Dietética. Concello de Noia.
21:15. Degustación de comida saudable.
Día 10 de maio
A EDUCACIÓN PARA A SAÚDE NO SECULO XXI.
Salón de Actos. Casa do Mar. Rúa República Arxentina.
17:00 - 18:00 ALIMENTACIÓN SAUDABLE.
- “Beneficios da Dieta Atlántica. Elaboración de menús saudables”. Dra. Rosaura Leis. Unidade de investigación en nutrición, crecemento e desenrolo humán. Departamento de Pediatría. CHUS.
- Experiencias de alimentación saudable dende os centros educativos.


18:00 – 19:00 ACTIVIDADE FÍSICA.
18:00 – 18:20 “O deporte como ferramenta de saúde”. Miguel Santiago Alonso. INEF.
18:20 – 18:40 “ Prescripción de exercicio para a saúde: Programas alternativos no medio Acuático”. Paula García Tenorio, Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
18:40 – 19:00 “As actividades dirixidas para a promoción da actividade física: o medio natural como recurso”. José Ignácio Salgado López. Coord. do Ciclo Formativo de Condución da Acticade Físico-Deportivas no medio natural. IES Porto do Son.
EXPERIENCIAS E DEBATE: Escolas deportivas e clubes deportivos como factor de integración dos xóvenes no deporte. (Atletismo, futbol, remo, baloncesto, taekowndo,…).
19:00 – 20:00 MESA REDONDA: Promoción de hábitos saludables, prevención de enfermedades e educación sanitaria na comunidade.
- María Teresa Rey Álvarez. Médica del Centro de Saúde de Noia.
- Ángel Lado Llerena. Médico del Centro de Saúde de Outes.
- Thamar Pérez Vidal. Enfermera del Centro de Salud de Noia.

20:00 – 21:00 ACTIVIDADE LÚDICO-CIENTÍFICA:
OBRADOIRO DE CIENCIA DIVERTIDA SOBRE A OBESIDADE.
11 de maio
11:00 – 14:00 Actividade: “Camiña hacia a saúde”. Camiñata dirixida.
Lugar de encontro: Alameda de Noia. Diante da Casa do Concello.
AS PATOLOXÍAS CARDIOVASCULARES. HOMENAXE O DOCTOR JUANATEY.
Lugar: Coliseo Noela. Rúa do Curro.
17:30 – 18:30 Conferencia de clausura:
“O futuro das patoloxías cardiovasculares. Presente e Futuro”. Dr. Jose Ramón González Juanatey. Especilista en Cardioloxía Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
18:30 – 19:00 Homenaxe a traxectoria profesional do Dr. Juanatey.
Presenta o Dr. Jorge Alvear García. Médico do centro de saúde de Noia.
19:00 – 19:30 Entrega de diplomas e clausura.
19:30: Degustación de Comida Saudable.
DURANTE A DURACIÓN DO CONGRESO SE INSTALARÁ
A CARPA DA SAÚDE

Organiza:
Concello de Noia
Concellería de Sanidade

Información e inscricións:
Concello de Noia
Rosalía de Castro, 2. 15.200. Noia
Tlf.:
981.84.21.00 (Rosana ou Marisol)
609.82.31.34 (David)
saavedrapino@gmail.com
A organización do Congreso se reserva o dereito de introducir modificacións ou pequenos cambios no mesmo.
PLAN COMARCAL DE DROGODEPENDENCIAS DE NOIA
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Educación para a Saúde - Observado o 20-04-2008 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Acordo anexo á acta do 4 de abril de 2008

ACORDO SOBRE DETERMINADAS CONDICIÓNS DE TRABALLO E RETRIBUTIVAS DO PERSOAL DAS UNIDADES E SERVIZOS DE ATENCIÓN PRIMARIA.
O Plan de Mellora de Atención Primaria 2007-2011 incorporou determinadas previsións relativas á mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal das unidades e servizos, recoñecendo á Mesa Sectorial como o único foro de negociación para a implantación de ditas medidas.
Entre as actuacións previstas, e que por este acordo deveñen en efectivas, figuran a mellora do complemento de intersubstitución e das condicións da oferta para a prestación voluntaria de atención continuada.
No que se refire ao complemento de intersubstitución, creado pola norma como
a contraprestación a unha actividade adicional de atención efectiva aos pacientes adscritos aos profesionais ausentes, a mellora consiste en engadir para o seu cómputo, ao factor fixo actualmente considerado –vinculado
fundamentalmente ao número de cartillas asignadas ao persoal ausente–, unha porcentaxe (garantida entre o 70 e o 100 %, en función do nivel de actividade) dos seguintes complementos retributivos de carácter non persoal: soldo base,
complemento de destino e produtividade de percepción xeral.
Con esta decisión trátase de retribuír de forma máis equitativa e axustada á situación de cada unidade, e en todo caso cunha moi relevante mellora, ao persoal que vén asumindo a actividade do persoal ausente para manter a
normalidade, na maior medida posible, na prestación da asistencia. E todo isto partindo de que a intersubstitución debe ter carácter subsidiario fronte a outras medidas de suplencia máis apropiadas, como son a incorporación de
aspirantes das listas de vinculación temporal, as prolongacións de xornada do persoal da unidade e a xornada complementaria do persoal que ocupa postos de traballo dos Puntos de Atención Continuada.
No tocante ás condicións da prestación voluntaria de atención continuada, as medidas máis relevantes que resultarán do presente Acordo serán, por unha parte, a tramitación dunha nova oferta de voluntariedade; por outra, a previsión de incentivos retributivos, xustificados na escaseza de profesionais, para
aqueles/as profesionais que opten por un tramo relevante de prestación.
O presente acordo ten o seu basamento normativo no disposto no artigo 38 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, e nos artigos 79 e 80 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco de persoal estatutario dos servizos de saúde, e resulta de aplicación ao persoal das unidades e servizos de atención primaria do Servizo Galego de Saúde.
Con base no que antecede, os representantes da administración sanitaria e as organizacións sindicais CIG, CEMSATSE, UGT, CC.OO. e CSI-CSIF de Acordo anexo á acta do 4 de abril de 2008
conformidade co acordado en acta do 22 de febreiro, asinan con data 4 de abril de 2008 o presente.

Artigo 1. Obxecto e ámbito.
O presente acordo ten por obxecto establecer, dentro do proceso de execución do Plan de Mellora de Atención Primaria, determinadas melloras nas condicións de traballo e retributivas para o persoal estatutario de atención primaria ao que resulta de aplicación o réxime retributivo do Decreto 226/1996, do 25 de abril, na redacción dada polo 156/2005, do 9 de xuño.

Artigo 2. Vixencia.
1.- O presente acordo terá efectividade desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, con excepción do relativo ao complemento de intersubstitución, que será aplicado ás contías a percibir desde o 1 de xaneiro de 2008.
2.- Este Acordo terá vixencia ata o 31 de decembro de 2010, e prorrogarase automaticamente, por períodos sucesivos de un ano, de non mediar denuncia expresa dalgunha das partes realizada cunha antelación mínima de tres meses á finalización de cada período de vixencia.

Artigo 3. Cobertura das ausencias.
Para a cobertura das ausencias do persoal das unidades e servizos utilizaranse, por orde de prelación, os seguintes instrumentos:
1.- Chamamento a aspirantes das listas de vinculación temporal.
2.- Prolongación de xornada para o persoal das unidades e servizos e xornada complementaria nas unidades e servizos para o persoal dos Puntos de
Atención Continuada.
3.- Intersubstitución. Para a súa realización, e conseguinte retribución, darase prioridade ao persoal que manifeste a súa voluntariedade de realizar a intersubstitución.

Artigo 4. Complemento de intersubstitución.
1.- De conformidade co previsto no artigo 7 do Decreto 226/1996, do 25 de abril, na redacción dada polo 156/2005, do 9 de xuño, este complemento de intersubstitución ten por finalidade retribuír a prestación de servizos dos
médicos de familia, pediatras, odontólogos, diplomados en enfermería e fisioterapeutas das unidades e servizos de cadro de persoal que atendan a cota de pacientes adscritos a outros profesionais da mesma categoría e unidade ausentes por causa de vacacións, permiso matrimonial, ou días de libre disposición. Tamén aplicarase naquelas ausencias non substituídas
derivadas de incapacidade temporal, nos supostos previstos na lexislación de Seguridade Social, e nas derivadas de suspensión con dereito a reserva, nos supostos previstos na normativa de conciliación da vida familiar e laboral das
persoas traballadoras.
Esta retribución só será efectiva cando as ausencias non sexan cubertas por persoal temporal, por prolongacións de xornada do persoal da unidade ou por xornada complementaria do persoal dos PAC, e o dereito individual a percibir o complemento, que se acreditará desde o primeiro día da ausencia, requerirá a participación efectiva na cobertura da axenda de citación do persoal ausente.
2.- A contía do complemento calcularase, para o persoal médico de familia, co importe que resulte de dividir a contía promedio día do factor fixo de produtividade nas modalidades A a G, previstas no artigo 7 do Decreto 226/1996, entre o número de profesionais que realicen a prestación substituída, descontando os ausentes.
Para diplomados en enfermería calcularase co resultado de dividir o número de cartillas asignadas á unidade entre os profesionais da mesma, excluídos os ausentes.
Pola ausencia de elemento capitativo nas retribucións do persoal pediatra, odontólogo e fisioterapeuta, a fórmula substitutiva deste factor determinarase por instrucións do Servizo Galego de Saúde, previo tratamento na comisión de
seguimento do Acordo.
Á contía resultante complementarase co 70% dos seguintes conceptos retributivos: Soldo base, complemento de destino e produtividade fixa de
percepción xeral (a que figura incorporada á orde anual de confección de nóminas ditada pola Consellería de Economía e Facenda). As xerencias
valorarán os supostos nos que, por mor das cargas de traballo derivadas do tamaño do centro, cotas asignadas, número de profesionais en activo en relación cos ausentes, e demais circunstancias xustificadas nas cargas de traballo asumidas, procede o abono de ata o 100% destes últimos conceptos retributivos. Ditos supostos serán acordados, e a contía resultante abonada, por resolución expresa da respectiva xerencia, consonte aos criterios obxectivos que se determinen na comisión de seguimento deste Acordo.

3.- O Servizo Galego de Saúde, previo tratamento na comisión de seguimento do Acordo, ditará instrucións para a aplicación na nómina destas melloras no complemento de intersubstitución
No que se refire ao factor capitativo do complemento, ditas instrucións establecerán as adaptacións precisas para que os efectos retributivos da intersubstitución do persoal DUE sexan efectivos, tamén nos termos previstos no artigo 2, con independencia de que se teña producido ou se produza o salto no tramo de cartillas adscritas.

Artigo 5. Principio xeral de prestación voluntaria de atención continuada.
O persoal médico de familia e diplomado en enfermería das unidades e servizos poderá facer voluntariamente gardas nos Puntos de Atención
Continuada.
Por resolución do Servizo Galego de Saúde, que será previamente negociadana comisión de seguimento deste Acordo, habilitarase unha nova oferta xeral para presentar opcións de tramos de voluntariedade. Na resolución determinaranse os requisitos, procedemento, ámbitos e prazos para o exercicio das opcións de voluntariedade.

Artigo 6. Réxime de voluntariedade do persoal médico de familia.
a) Incentivos á voluntariedade.
Coa finalidade de atender a situacións de escaseza de profesionais durante a vixencia do Acordo, o Servizo Galego de Saúde establecerá incentivos retributivos especiais –programas especiais polo complemento de produtividade variable dentro das dotacións orzamentarias– para aqueles/as profesionais que opten por un tramo relevante de atención continuada.
b) Situacións particulares:
-Só excepcionalmente, e debido á falta contrastada de persoal dispoñible para o mantemento da asistencia sanitaria debida, a dirección do centro poderá adoptar medidas extraordinarias que obriguen á superación dos límites de xornada establecidos. Tales medidas só poderán manterse polo tempo imprescindible e por resolución motivada adoptada previa consulta cos representantes do persoal (salvo en situacións inaprazables, en que se dará conta a ditos representantes con posterioridade), e estarán condicionadas á adopción simultánea de medidas de captación que permitan restituír a
normalidade. A comisión de seguimento establecerá criterios que garantan o principio de equidade na asignación de cargas obrigatorias en caso de que estas chegaran a producirse.
Considerarase que existe indispoñibilidade de persoal cando concorran á vez as seguintes circunstancias:
1. Que non se dispoña de persoal nos listados de aspirantes a vinculacións temporais.
2. Que no se dispoña de persoal voluntario, ou ben que o persoal que voluntariamente participa na realización de gardas non asuma voluntariamente a realización da xornada de traballo por razón de estar realizando o límite legal máximo de xornada (2090 horas/ano).
3. Que o persoal de PAC non asuma voluntariamente a realización da xornada por riba do límite legal máximo de xornada (2090 horas/ano).
- cando por causa da realización de xornada complementaria algún profesional deba realizar obrigatoriamente unha xornada superior a 2.090 horas anuais recibirá unha compensación específica consistente, á súa elección, ben nun
descanso equivalente ao dobre das horas traballadas en exceso, ou ben nunha retribución igual ao 175 % do valor da hora complementaria. Para estes efectos computarase a xornada ordinaria regulada e a complementaria en PAC.
- as variacións que se produzan no réxime de voluntariedade como consecuencia de procesos de provisión de prazas serán tratadas mediante os
mecanismos que acorde a comisión de seguimento deste Acordo.

Artigo 7. Réxime de voluntariedade do persoal diplomado en enfermería.
Darase prioridade á dotación de prazas de enfermería nun determinado PAC cando a suma das horas que resulten do cómputo das non cubertas nos actuais plans funcionais e das resultantes da redución de xornada prevista neste Acordo para o persoal de PACs permitan completar a xornada anual equivalente a un novo vínculo estable. Neste caso, mentres non se proceda á
autorización de praza orzamentaria, o posto cubrirase temporalmente mediante a modalidade de nomeamento temporal que corresponda, ata a cobertura con persoal fixo, xa sexa por procedementos regrados con carácter definitivo ou
provisional.
As horas que non completen unha praza a xornada completa serán obxecto de inclusión nos plans funcionais e ofertadas á voluntariedade. As horas que teñan a súa orixe en renuncias do persoal das unidades, serán ofertadas a este
persoal. Aquelas que teñan a súa orixe na xornada de PAC ou en prazas vacantes PAC, ofertaranse ao persoal dos mesmos. As non cubertas dalgún dos orixes anteriores (ordinaria/PAC) poderán ser ofertadas ao persoal da outra orixe.
Estas bases, previa negociación na comisión de seguimento, incorporaranse á resolución que desenvolva o réxime de voluntariedade.

En atención ao obxectivo xeral procurado cos incentivos económicos para o persoal médico –respostar ás necesidades actuais e escaseza de persoal–, recoñécese a posibilidade de implantar incentivos semellantes para o persoal DUE, adaptado ás súas retribucións, no suposto de que se produza idéntica situación de escaseza de profesionais no correspondente ámbito territorial.

Artigo 8. Comisión de seguimento do acordo.
Para levar a efecto o desenvolvemento deste Acordo, constituirase unha comisión de seguimento na que estarán representadas as organizacións asinantes e a Administración. Corresponderá a dita comisión resolver as cuestións que se susciten na interpretación e execución do Acordo. En particular, e con carácter prioritario, negociaranse na comisión a nova opción de voluntariedade e a aplicación das novas contías do complemento deintersubstitución.

Artigo 9. Desenvolvemento normativo.
A Administración ditará as disposicións necesarias para o aplicación e execución do presente acordo.

Disposición Adicional.
Na comisión de seguimento do Acordo analizaranse as adaptacións técnicas que, de ser o caso, resulte preciso realizar no complemento de intersubstitución pola entrada en vigor do réxime retributivo axustado a número de TIS asignadas.
Disposición transitoria.
Mentres non se diten as disposicións que procedan para aplicar o complemento de intersubstitución nas novas contías, cos efectos previstos no artigo 2, e as que establezan a nova oferta de voluntariedade na prestación da atención continuada, resultará de aplicación o previsto no Acordo do 20 de abril de 2005 (DOG do 2 de xuño de 2005) e disposicións ditadas para a súa aplicación.
Disposición derrogatoria única.
Quedan derrogados os artigos 4 e 5 do Acordo de Mesa sectorial do 20 de abril de 2005 (DOG nº 105, do 2 de xuño).
Acordo anexo á acta do 4 de abril de 2008 - CIG SAUDE
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Enfermaría - Observado o 06-04-2008 01:53
# Ligazón permanente a este artigo
DATA DE ASIGNACIÓN DAS PRAZAS EIR 2008
O próximo venres terá lugar en Madrid o acto de asignación de prazas para as residencias de matrona e saúde mental que se iniciarán o próximo mes de maio.
Para as que teñades posibilidades de acceso, aquí tedes os horarios e a dirección onde debedes acudir:

CALENDARIO DE ASIGNACIÓN
LUGAR: SALON DE ACTOS- MINISTERIO SANIDAD Y CONSUMO Paseo del Prado, nº 18 - 20 MADRID

04/04/2008 ENFERMARÍA
8:45 Prazas 1 - 350
15:00 Prazas 351 - 4828
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Educación para a Saúde - Observado o 01-04-2008 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
LISTAXES PROVISIONAIS DO CONCURSO DE TRASLADOS DO SERGAS
Podedes ver no DOG de hoxe a resolución e listados provisionais do concurso de traslados do SERGAS de varias categorías: ATS/DUE, Auxiliar de Enfermaría, Celador, Auxiliar Administrativo, PSX e Pediatras de AP.

Premendo aquí, podedes ver as listaxes desta Resolución:
Enfermeiras
Auxiliar de Enfermería
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Educación para a Saúde - Observado o 28-03-2008 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
SONDAXE NASOGÁSTRICA


Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Técnicas de Enfermaría - Observado o 25-03-2008 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
INTUBACIÓN


Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Técnicas de Enfermaría - Observado o 25-03-2008 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
RATIFICADO ACORDO DO PERSOAL DOS PAC NAS 1430 HORAS ANUAIS
El Sergas y sindicatos ratifican el acuerdo por el que los médicos de los PAC trabajarán 1.430 horas anuales

SANTIAGO - 14-03-2008 El Servizo Galego de Saúde y los sindicatos CIG, CC OO, UGT y SATSE, que tienen representación en la mesa sectorial, ratificaron hoy el acuerdo por el que los trabajadores de los Puntos de Atención Continuada mejorarán sus condiciones laborales, entre las que se encuentra una reducción de la jornada a 1.430 horas semanales. Las condiciones fueron negociadas en el marco de la mesa sectorial y rubricadas por ‘los sindicatos con mayor representación’, según recordó Sanidade, por lo que han quedado fuera CEMS y CSIF.


De este modo, el acuerdo tendrá vigencia incluso el 31 de diciembre de 2010 y contará con una inversión acumulada ‘de más de 9,5 millones de euros’ para realizar ‘avances en cuanto a jornada laboral, retribuciones, y ofertas de empleo entre otras medidas’.

Según el Servizo Galego de Saúde, esta medida propicia ‘la potenciación de la atención continuada extrahospitalaria’ al ‘dotarla de mayor capacidad de resolución y garantía de atención a la ciudadanía y con una capacidad de respuesta 24 horas al día’.

En virtud del acuerdo, que fija en 1.430 horas anuales, se implantará de manera paulatina al largo de los años 2008 y 2’ y quedará definitivamente establecida a 1 de julio del próximo año.

Además, los profesionales podrán superar esta jornada de manera voluntaria para mantener el funcionamiento continuado de los servicios sanitarios. En el supuesto de que no existan profesionales disponibles ni voluntarios para atender estos servicios, el Servizo Galego de Saúde y los sindicatos pactarían el régimen por lo que la Administración podrá requerir las extensiones de jornada necesarias para ‘mantener la continuidad de la asistencia sanitaria a la población y los mecanismos de compensación correspondientes’.

Galicia cuenta con una red asistencial para atender las urgencias extrahospitalarias de 93 PAC, en los que trabajan actualmente 468 profesionales médicos y 372 profesionales de enfermería.
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Novas SERGAS - Observado o 15-03-2008 03:18
# Ligazón permanente a este artigo
IMPUGNADO PACTO DE CONTRATACIÓNS POLA UXT
Protestas ante la Dirección Provincial del Sergas en Vigo por la aplicación del Pacto de Contrataciones (06/03/2008)

Vigo, 6 de marzo de 2008-. Los enfermeros de la lista General y Especial de Contrataciones presentaron el pasado mes de enero un escrito acompañado de más de 300 firmas expresando su descontento ante la Dirección Provincial del Sergas y la Comisión Provincial de Contrataciones, por la aplicación abusiva del actual pacto de contrataciones. El escrito presentado, para el que se continúan recogiendo adhesiones, recoge la pretensión de negociar un nuevo pacto a causa de las condiciones actuales de los trabajadores, que les hacen imposible conciliar la vida laboral y la familiar.

En el texto se recopilan las malas condiciones en que trabajan las enfermeras, que pese a todo expresan que “queremos y necesitamos trabajar, estamos disponibles y dispuestos a cumplir los compromisos laborales dentro de las posibilidades y opciones que nos ofrece el Pacto”. Según el sindicato de Enfermería SATSE, tal como se están gestionando en el último año las listas, no se respetan los períodos de suspensión de llamamientos, imposibilitando organizar una vida personal y familiar a los afectados. “Después de hacer los 365 días, trabajados día a día o mes a mes, tenemos ese período de suspensión de tres meses contemplado en el pacto de contrataciones. Durante ese período de suspensión andamos saltando de paro a días sueltos trabajados y de contratos cortos a paro. Con esta gestión del pacto, es imposible conciliar la vida familiar y la laboral, a veces durante años.”

Otra de las quejas se refiere a los contratos por acúmulos de tareas, que se están empleando de la manera más arbitraria como una “panacea de los contratos”, ya que sirven, para contratos cortos como poll, sustitución de bajas, contratos de un mes o de seis meses según convenga. De esta manera, hay en ocasiones personas que consiguen mejores contratos que otras con mayor puntuación, debido a que la que tiene más derecho está realizando un acúmulo de tareas por cinco días. Esto se podría solucionar si el Sergas permitiera ampliar la lista poll, como se lo están requiriendo algunos Centros.

SATSE destaca que hasta hace más de un año se favorecía la rotación del listado y había un respeto a la normativa vigente, dejando una cierta flexibilidad que permitía asumir los compromisos familiares si se avisaban y justificaban previamente. En la actualidad, es tal la rigidez adoptada que SATSE expresa que “es hora de que se tomen cartas en el asunto y de que una vez por todas se retome inmediatamente el Pacto de Contrataciones en vista de las muchas deficiencias que tiene, la mala gestión de las listas y de los problemas que origina”.

Por todo ello, y en protesta por “la aplicación cicatera, rígida y demagoga del Pacto”, el sindicato convocó a los profesionales afectados por este Pacto de Contrataciones a una concentración el día 5 de marzo a las 11.00 h. ante la Dirección Provincial del Sergas en Vigo.
Observacións de Enfermaría (0) - Categoría: Enfermaría - Observado o 07-03-2008 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal