|
|
|
|
|
|
| CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO NO MARCO DA I XORNADA DE ENFERMARÍA DE GALICIA |
|
 CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO:
“COMO VES Á TÚA ENFERMEIRA/O”.•>
•> REQUISITOS:
Os debuxos, deberán levar escrito ao dorso e en letra clara os seguintes datos:
- Nome e Apelidos :
- Data de nacemento: Idade:
- Enderezo:
- Nome e apelidos da nai, pai ou titor:
- Teléfono:
- Centro de Saúde ou Hospital :
- Localidade á que pertence o Centro de Saúde ou Hospital:
OBXETIVOS
Coñecer a visión que a poboación infantil Percibe da enfermeira/o que atende os seus procesos de saúde - enfermidade.
Poderán participar no concurso de debuxo os nenos e nenas que acoden ou estean ingresados nos Servizos Sanitarios do Servizo Galego de Saúde.
Haberá dous grupos:
• Grupo A: ata os 8 anos
• Grupo B: de 9 a 14 anos (ambos inclusive)
Características dos debuxos:
1. Os debuxos versarán sobre como ven os rapaces e rapazas á Enfermeira/o do seu Centro de Saúde ou Hospital.
2. Os debuxos realizaranse en papel ou cartolina tamaño Din A-4 (folio).
3. Os debuxos poderán incluír unha frase ou lema que faga referencia a como ven aos profesionais de Enfermería .
4. Cada rapaz e/ou rapaza poderá presentar un só debuxo. Tanto a técnica como o estilo dos debuxos é libre.
Os debuxos que cumpran as condicións da presente convocatoria serán expostos durante o transcurso das I Xornadas de Enfermería en Galicia, que se celebrarán en Santiago de Compostela no Palacio de Congresos e Exposición os días 2 e 3 de outubro de 2008.
Os debuxos pasarán a ser propiedade do Servizo de Integración de Coidados.
Resérvase a posibilidade de realizar exposicións dos mesmos así como de empregalos para a elaboración de traballos ou presentacións públicas.
•> PRAZOS DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación dos debuxos rematará o 26 de setembro de 2008.
Só se aceptarán os debuxos recibidos ata as 15:00 horas de dito día.
Os debuxos deberán enviarse á atención de:
"Concurso de debuxo”
Servizo de Integración de Coidado -División de Asistencia Sanitaria
Servizo Galego de Saúde
Edificio Administrativo San Lázaro s/n
15703 - Santiago de Compostela -A Coruña
•> PREMIOS
Establécense para cada grupo tres premios:
PRIMEIRO PREMIO: Unha bicicleta e un lote de material de debuxo
SEGUNDO PREMIO: Un lote de xogos educativos e un lote de material de debuxo
TERCEIRO PREMIO: Un lote de material de debuxo
PRIMEIRO PREMIO: Unha bicicleta e un lote de material de debuxo
SEGUNDO PREMIO: Un MP4 e un lote de material de debuxo
TERCEIRO PREMIO: Un lote de material de debuxo
Criterios e procedemento de concesión dos premios.
A entrega dos premios será como máximo dous meses a partir do fallo do xurado.
O xurado encargado de analizar e de resolver os premios estará integrado polos seguintes membros:
> Presidente: O Secretario Xeral do Servizo Galego de Saúde
> Vogais:
- Catro Direccións de Enfermería das Áreas Sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
- Un profesor de debuxo ou profesional dedicado ao campo artístico.
> Secretario/a: un profesional do Servizo de Integración de Coidados do Servizo Galego de Saúde.
Logo de avaliados os debuxos, o xurado emitirá un informe no que se concrete o resultado da avaliación efectuada. A decisión do xurado será inapelable.
Notificaráselles aos premiados a hora e o lugar da entrega de premios, que se fará en acto público durante o acto de clausura das I Xornadas de Enfermería en Galicia.
Para a concesión dos premios atenderase ao criterio do Xurado, os premios poden quedar desertos.
Grazas por participar
Servizo de Integración de Coidados |
|
|
|
|
| VISITAS DO ÚLTIMO ANO: 12,423 |
|

|
|
|
|
|
| ENFERGAL CONSEGUE A CERTIFICACIÓN WIS DE CALIDADE |
|
 Enfermaría Galega Integral ha recibido la certificación WIS de calidad de PortalesMedicos.com.
Título de la web: Enfermaría Galega Integral.
URL de la web: http://www.blogoteca.com/enfergal/index.php
Nº de Certificado: WIS-081269
Descripción: Blog de Enfermería sobre todo lo relacionado con nuestra profesión en Galicia, escrito en lingua galega.
Categoría: Blogs y Páginas personales
País: España
Otras informaciones de interés sobre la web:
Principales secciones: Web
Educación para a saúde
Enfermaría
Novas SERGAS
Oposicións e exames
Técnicas de Enfermaría
Público al que va dirigido: Profesionales de la Salud
Idiomas: Gallego
Zonas restringidas a usuarios registrados: No
Boletín de Novedades: No |
|
|
|
|
| ENCONTRO DE EDUCADORES EN SEXUALIDADE E VIH-SIDA-ITS |
|
 ENCONTRO DE EDUCADORES EN SEXUALIDADE E VIH-SIDA
4 de octubre de 2008.
Casa da Cultura do concello de Noia.
Organizado polo Programa GALIA (Plan Nacional sobre SIDA) en colaboración con UNAF, FUNDADEPS, Laboratorio CHIESI, “A maleta vermella”.
Comité organizador:
-Eva Tizón Bouza. Enfermeira. Coordinadora Galega do Programa GALIA (FUNDADEPS – PNS) eva.tizon.bouza@gmail.com
-Ana León Caamaño. Enfermeira. hayelnoyo@hotmail.com
-Jose Ángel Fernández de la Iglesia. Enfermeiro 061.
-David Saavedra Pino. Traballador Social. saavedrapino@gmail.com
Obxetivos:
-Facilitar o encontro e intercambio de experiencias entre profesionais, informadores, educadores, sanitarios, axentes sociais e todas aquelas persoas interesadas na sexualidade e na prevención do VIH-SIDA-ITS.
-Incrementar novas fontes de información sobre a sexualidade entre os profesionais e os xóvenes.
-Difundir o programa de intervención e formación en VIH-SIDA (GALIA) coordinado por FUNDADEPS e subvencionado polo PNS en Galiza.
Programa
9:30 – 10:00 Recollida de documentación. Exposición de posters.
10:00 – 11:00 Conferencia inaugural: Alfonso Antona. Enfermeiro e Antropólogo Sexual. Técnico de Saúde na Comunidade de Madrid. Membro de FUNDADEPS.
11:00 – 11:30 Inauguración oficial.
11:30 – 12:00 Descanso.
12:00 – 14:00 Mesa de experiencias sobre sexualidade e VIH-SIDA
“A prevención do VIH-SIDA dende o marco da Educación Sexual: o concepto de sexualidade”. Ana Belén Carmona. Coordinadora GALIA Madrid – Andalucía. Asociación La Sexología (Madrid).
“Os xoves como mediadores sociais en saúde na prevención do VIH-SIDA”. Pilar Lorenzo. Consello da Xuventude de Galicia. (Por confirmar).
“O VIH-SIDA e xoves un programa de intervención”. Laura Monsalve. Pedagoga. Coordinadora do Programa GALIA na Comunidade Valenciana.
“Estudio sobre a sexualidade no Concello de Ribeira (A Coruña)”. María José Iglesias Fungueiriño. Responsable da Asociación RENACER.
14:00 – 16:00 Descanso.
16:00 – 17:00 "¿O sabemos todo sobre a anticopcepción de urxencia?”. Dr. Vicenç Villegas. Director Médico da Liña da Saúde da Muller de CHIESI, S.A. (Norlevo®).
17:00 – 17:30 Descanso. Votación de posters.
17:30 – 19:00 Mesa de experiencias sobre anticoncepción de urxencia e colectivos de risco“
Consultas sobre anticoncepción e contracepción de emerxencia”. Jose Ángel Fernández de la Iglesia. Enfermeiro-Consultor do Servizo de Consultas Sanitarias de Galicia.
“Seguridade nos medios anticonceptivos. Fiabilidade e calidade dos preservativos”. Representante Durex. (Por confirmar).
“ITS, VIH-SIDA e prostitución”. Lucía Alonso Fernández. Directora dos Servizos Sociais do Concello de Silleda. Coordinadora do Programa GALIA en Galicia. FUNDADEPS.
“Conductas sexuais de risco baixo os efectos do alcohol e outras drogas”. David Saavedra Pino. Traballador Social. Plan Comarcal de Prevención de Drogodependencias. Noia.
19:00 – 20:00 Conferencia de clausura: “Actualización sobre o Virus do Papiloma Humán – Cancro de Colo de Útero”. Dr. Javier Martinez Pérez-Mendaña. Xefe do Servizo de Xinecoloxía. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide – Prof. Novoa Santos. Ferrol.
20:00 Conclusiones.
21:30 Cena de convivencia. Entrega de premios. Presentación Tupper-Sex a cargo de “A Maleta Vermella”.
Inscripción gratuita. Asistencia á cea: 20 €.
Inscripcións: No móvil: 609.82.31.34 ou no email: encontro.noia.2008@gmail.com
Máis información no blog: PROGRAMA GALIA: http://programagalia.blogspot.com
A organización do Encontro resérvase o dereito de introducir modificacións ou pequenos cambios no mesmo.
NOVAS: Pendente da solicitude da Declaración de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade. (08/08/2008).
CONCURSO DE POSTERS: “ENCONTRO DE EDUCADORES EN SEXUALIDADE, VIH-SIDA-ITS”
Normas de participación:
Último día de envío de posters: 30 de setembro de 2008.
A participación no certame é libre e gratuita, debendo inscribirse como mínimo un dos autores do poster no Encontro.
Os autores poden enviar o poster por correo electrónico, en tamaño A3 (297x420 mm) mínimo e tamaño A1 (594x840 mm) máximo. Para outros tamaños, consultar. Non se permitirán montaxes de folios A4.
Nos posters deberá constar os seguintes apartados:
-Nome e apelidos dos autores.
-Dirección postal de contacto para correspondencia.
-Email e/ou teléfono de contacto.
-Institución á que pertencen.
-Resumo do traballo, obxetivos, metodoloxía, conclusións e discusión.
Os traballos serán enviados por email a: encontro.noia.2008@gmail.com especificando no asunto: POSTER ENCONTRO NOIA 2008.
Premios e certificacións:
Estableceranse un primer premio, un segundo e un terceiro, que recibirán cadanseu diploma.
Certificaráse a presentación de tódolos traballos enviados.
A relación de gañadores será lida o día 4 de outubro na clausura do ENCONTRO DE EDUCADORES EN SEXUALIDADE E VIH-SIDA-ITS. |
|
|
|
|
| 116 |
|

|
|
|
|
|
| NOVA CAMPAÑA CONTRA A ANOREXIA E A BULIMIA |
|
 Boas novas en educación para a saúde, de mans do SERGAS, neste caso, relacionada coa saúde mental, grazas á nova campaña contra a anorexia e a bulimia na nosa comunidade. Aquí vos deixo una nova publicada sobre o tema:
“Con outra mirada” é o título dunha campaña contra a anorexia e a bulimia
Os mozos e mozas aqueixados de anorexia adoitan ser “expertos en calorías” e perder peso de xeito importante
REDACCIÓN >A CORUÑA
O Servizo Galego de Saúde vai comezar a difundir unha campaña contra a anorexia e a bulimia que leva por título: “Con outra mirada”. Por medio da mesma, Sanidade está proceder a distribuír nos centros sanitarios 100.000 folletos e 2.000 carteis con información sobre estas patoloxías.
A anorexia e a bulimia son as expresións dun trastorno, o das condutas alimentarias, que está a causar graves problemas, principalmente na mocidade dos países adiantados. Estas enfermidades, que basicamente afectan ao sexo feminino (proporción de 10/1), acaban producindo serios trastornos no desenvolvemento da personalidade, complicacións somáticas e moito sufrimento.
Esta campaña da Sanidade pública galega está ideada para axudar a entender o problema, para previlo, para desmitificalo e para dar unha información práctica.
O Servizo Galego de Saúde lembra que a anorexia comeza xeralmente na adolescencia, entre os 13 e os 19 anos. Dáse en medios urbanos, principalmente, e en todas as clases sociais.
Dietas perigosas > A anorexia comeza case sempre cunha dieta que xa no se detén, aínda que o peso sexa o normal. Cómense, tan só, e, sobre todo, froitas, ensaladas, vexetais e iogures. Estes mozos e mozas acaban sendo expertos en calorías. Son síntomas da anorexia o medo ás gorduras, a diminución importante de comida inxerida, con restrición de certos alimentos, a perda importante de peso, o exercicio físico esaxerado e a amenorrea (perda das menstruacións).
Pola súa banda, sufren bulimia as mulleres e homes que pasan, xeralmente, dos 19 anos, e para os que o peso foi materia de preocupación na infancia ou na adolescencia. Afecta en xeral a tres de cada cen mulleres.
As persoas bulímicas manteñen o peso porque, a pesar dos vómitos, as enchentes son desmesuradas (varios paquetes de galletas, bombóns ou barras de pan ou pasteis). Todo moi seguido, e de súpeto síntese moita culpabilidade, de aí vén o vómito, que é provocado, e que, á súa vez, produce moito desacougo. Iníciase, así, un círculo vicioso que trastorna a propia vida. Son síntomas de padecer bulimia o medo ás gorduras, as enchentes, as regras irregulares, os vómitos e o emprego de laxantes, ademais do exercicio físico esaxerado.
Entres as causas destas patoloxías están a presión social, todo chama a estar fracos (anuncios, a televisión, a moda light), a puberdade que é unha época de gran mutación, os aconteceres vitais como pode ser un disgusto ou rachar unha relación. Tamén as bromas dos compañeiros poden contribuír a desencadear o trastorno do comportamento alimentario.
As consecuencias destas patoloxías son o enfraquecemento, o insomnio, o estrinximento, a dificultade para a concentración mental, a depresión e pesimismo, a sensación de frío, a perda de masa muscular, os trastornos renais, as lesións intestinais e, en casos extremos, incluso a morte.
O Servizo Galego de Saúde lembra que a primeira condición para resolver o problema da anorexia e a bulimia é o seu recoñecemento. Así, acudirase ao médico de atención primaria ou pediatra. Este escoitará e pesará ao paciente, para, despois, avaliar a súa gravidade. Normalmente remitirá o caso á unidade de saúde mental para que sexa valorado polo psiquiatra ou psicólogo.
FONTE: Diario de Ferrol (20.xullo.2008) |
|
|
|
|
| NOVOS PROGRAMAS OFICIAIS DE POSGRADO PARA ENFERMARÍA EN GALICIA |
|
Saiu publicada a relación de programas oficiais de posgrado que se poden cursar a partires de setembro nas universidades españolas. Aumentaron o números deles aos que se pode acceder ca DUE, mesmo na nosa comunidade.
O listado de másteres oficiais, podedelos ver no blog de Enfermeria Avanza, xunto ca resolución publicada no BOE, pero aquí vos deixo os POP que podedes cursar no sistema Universitario de Galicia. A Universidade de Vigo, contando os seus 3 campus, non acadou a certificación para ningún POP, pero sí podedes cursar o master de Enfermaría da Universidade de Vigo, como xa publiquei en Enfergal fai unhas semanas.
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Máster en Xestión e Investigación da Discapacidade e da Dependencia
Programa Oficial de Posgrao en Saúde, Discapacidade, Dependencia e Sociedade
Coordinador: Ramón Fernández Cervantes
Teléfono de contacto: 981 167 000 extensión 5804
Correo electrónico: eufico@udc.es
Máster en Intervención na Discapacidade e na Dependencia
Programa Oficial de Posgrao en Saúde, Discapacidade, Dependencia e Sociedade
Coordinador: Ramón González Cabanach
Teléfono de contacto: 981 167 000 extensións 1874 - 4674
Correo electrónico: rgc@udc.es
Máster en Xerontoloxía (Interuniversitario)
Programa Oficial de Posgrao en Xerontoloxía
Coordinador na UDC: José Carlos Millán Calenti
Teléfono de contacto: 981167000 extensións 5872 - 5890
Enderezo electrónico: jcmillan@udc.es; admongig@udc.es
Páxina web: http://gerontologia.udc.es
Máster en Asistencia e Investigación Sanitaria
Programa Oficial de Posgrao en Ciencias da Saúde
Coordinador: Isaac Manuel Fuentes Boquete
Teléfono de contacto: 981 167 000 extensión 5834
Correo electrónico: ifuentes@udc.es
Páxina web: http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
POP ATENCION SANITARIA
Programa Oficial de Posgrao en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados
Máster Oficial en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados
Autorización : Decreto 53/2008, do 13 de marzo, polo que se autoriza a implantación dos estudos universitarios oficiais do posgrao nas universidades do sistema universitario de Galicia para o curso 2008/2009
Títulos que se poden obter:
Máster Oficial en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados
• Especialidade Clínica (Campus de Santiago de Compostela)
• Especialidade de Xestión (Campus de Lugo)
Destinatarios:
Os titulados universitarios en Ciencias da Saúde, Diplomados en Enfermería, Licenciados en Medicina e Enfermaría
Outros Licenciados en Ciencias da Saúde (Farmacia, Odontoloxía) e Antropoloxía Social, tendo preferencia as Diplomaturas e Licenciaturas citadas inicialmente.
Se a demanda nalgún dos Campus da USC (Santiago ou Lugo) fora inferior ao número de prazas que lle corresponde, as prazas sobrantes poden ser ocupadas por solicitantes no outro Campus da USC.
POP XERONTOLOXÍA
Máster en Xerontoloxía:
Especialista en Xerontoloxía Clínica (UDC)
Especialista en Xerontoloxía Social (USC)
Doutor
Destinatarios
Titulados universitarios en Ciencias da Saúde e/ou Ciencias Sociais que queiran ampliar os seus coñecementos no campo da asistencia e a investigación xerontolóxica.
Onde se vai impartir
Universidade da Coruña: Facultade de Ciencias da Saúde
Universidade de Santiago de Compostela: Escola de Enfermaría |
|
|
|
|
| UN ANO DE LEDICIAS EN ENFERGAL |
|
 Recordades esta imaxe?
Foi aquela que ilustrou a primeira entrada deste blogue Enfermaría Galega Integral. Diso fai hoxe xusto 1 ano. Si, o 8 de xullo de 2007, iniciei esta pequena aventura, xunto coa de Enfermería Avanza, e ainda que con tempos máis bos e activos que outros, sigo aquí.
Grazas a todos por seguires ahí, por lerme, por aturarme, que sei que non é doado. Grazas mil. |
|
|
|
|
| CONVOCATORIA DE LISTAXES AUTOMÁTICAS DO SERGAS |
|
 Anuncio polo que se procede a dar publicidade á resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncian os prazos da convocatoria automática prevista para a selección temporal nas categorías de médicos de familia, médicos de urxencias hospitalarias, pediatras, matronas, persoal de enfermaría e cociñeiros nas institucións sanitarias do Sergas.
A citada convocatoria automática para presentación de solicitudes á selección temporal no SERGAS nas categorías de médicos de familia, pediatras, matronas, persoal de enfermaría e cociñeiros está prevista na norma xeral 6.3.1. do Pacto de selección temporal publicado no Diario Oficial de Galicia nº 104 de 1 de xuño de 2004 e a categoría de médico de urxencias hospitalarias na Resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional de data 26 de abril de 2006 (DOG nº 90 de 11 de maio).
O prazo para achegamento de solicitudes está fixado dende o día 1 ata o día 15 de xullo do 2008, ámbolos dous inclusive.
Os modelos normalizados de solicitude estarán a disposición dos interesados nas Direccións Provinciais do Sergas e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).
Vigo, 16 de xuño do 2008
O DIRECTOR PROVINCIAL
Asdo.: José Emilio Santiago Nieto |
|
|
|
|
| LISTAXES DA FASE DE CONCURSO DA OPE SERGAS 2006 |
|
 Resolución do 12 de xuño de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación provisional da fase de concurso.
O número 5 da base sexta B) da Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 156, do 14 de agosto), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dispón que, realizada polo tribunal a baremación correspondente da fase de concurso, se publicará no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por epígrafes, así como a valoración total da fase de concurso, para os efectos de que os aspirantes que o consideren
oportuno poidan presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, polo tanto este centro directivo
RESOLVE:
Primeiro.-Publicar as puntuacións obtidas polos
aspirantes das categorías de ATS e auxiliares deenfermaría, nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web www.sergas.es. relativas á baremación da fase de concurso, nas diversas epígrafes e a valoración total, indicando ademais, se for o caso, a relación de aspirantes
excluídos da fase de concurso por non achegar a documentación requirida ou por non cumprir os requisitos da convocatoria.
Segundo.-Abrir o prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que os interesados poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2008.
Antonio José Fernández Paniagua
Director xeral da División de Recursos Humanos
e Desenvolvemento Profesional |
|
|
|
|
|
|
|
|
|