EDL Salesianos Lugo
<language>ga</language> 
Valentín Paz Andrade
   <description><![CDATA[Valentín Paz Andrade naceu  na parroquia de Lérez, en Pontevedra, o 23 de
abril de 1898.
Valentín constitúese  o Grupo Autonomista Galego de Estudantes,  afin ás Irmandades da Fala, neste grupo elabórase un manifesto político, escrito en galego, e dirixido  aos universitarios e á cidadanía de Santiago, no que se exalta á nación galega e se fai un chamamento á acción colectiva para erguer o país. Aparece o slogan «Terra a Nosa» como signo identitario do novo grupo.
Era «unha primeira mensaxe da mocidadegalega, crente nun mellor destino para a súa  terra», en palabras do propio Valentín. 
Estudou Dereito en Compostela, onde coincidiu con numerosos intelectuais galegos:  Castelao, Vicente Risco, Antón Villar Ponte, Luís Peña Novo...
Foi membro do Partido Galeguista e nomeado  secretario en 1934.
Dende moi novo adicouse a escribir en xornais e revistas.
Xunto co empresario lucense, Xosé Fernández, constitúe a empresa Pescanova.
Pon en marcha o xornal “Galicia” xunto con Castelao. O primeiro número saíu á rúa o 25 de xullo, día de Galicia.
A ditadura de Primo de Rivera e a censura militar imposta aos medios de comunicación vai  supoñer a persecución do xornal e dos seus colaboradores.
Así, un primeiro encontronazo periodístico co Xeneral Gobernador, suponlle a Valentín unha  multa de 250 pesetas (1,50 euros) ou 15 días
de cadea. 
Ese sería o primeiro dos incidentes que tería Valentín coas autoridades no exercicio do seu labor como periodista e que lle custarían pasar varias veces pola cadea e mesmo polo desterro.
Gracias aos contactos co Centro Galego de Bos Aires, recibe dende Santiago de Chile unha oferta da FAO para impartir cursos sobre a  pesca, alimentación e agricultura.
No 1976 forma parte  da comisión dos Dez para negociar, en nome de Galicia, a transición a un réxime democrático.
No 1978 le o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega.
En 1987 falece en Vigo.]]></description>
¿Por que o Día das Letras Galegas?
   <description><![CDATA[O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega propuxeron que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
O primeiro Día das Letras Galegas celebrouse " o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro" (17 de maio de 1.863) porque "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".
O dia 17 de maio foi cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.
E naquel momento foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque CANTARES GALLEGOS foi o primero libro galego que tivo unha significación universal.
Aplicación para o bus urbano.
   <description><![CDATA[Hai un par de meses, en xaneiro, publicábamos aquí a aparición de tres aplicacións para teléfonos móbiles que estaban encamiñadas a facilitar a nosa vida.
Hoxe facémonos eco doutra que acaba de sair. Trátase dunha aplicación que nos informa sobre as rotas e as paradas de bus na cidade de Lugo. Así que xa sabedes, se tedes algunha dúbida, só tedes que acceder a ela e consultar paradas, liñas e o que necesitedes.
Aínda se atopa en probas, así que se vedes algún fallo ou suxerencia, podedes  poñervos en contacto con eles para melloralo. Podedes acceder a unha páxina con máis información facendo click aquí.]]></description>
Doodle para o día das Letras Galegas
   <description><![CDATA[Os amigos de www.actuable.es veñen de lanzar unha campaña para que, o día das Letras Galegas, na páxina de busca Google, a imaxe teña que ver con Valentín Paz Andrade. Parécenos boa idea colaborar con eles e animámosvos a todos e todas a que firmedes na súa web a petición.
Fragas do Eume
   <description><![CDATA[As Fragas do Eume é un parque natural galego creado en 1997 e que abrangue máis de 9.000 hectáreas nas beiras do río Eume, ao longo de cinco concellos na provincia da Coruña. 
Está tamén declarado como Lugar de Importancia Comunitaria, coincidindo os seus límites cos do parque natural.
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.
 Así eran as Fragas do Eume ata a semana pasada
E así está quedando 
Dende esta fin de semana está a sufrir unha traxedia medioambiental por culpa dun incendio forestal que está destrozando todo o ecosistema das Fragas.
A desolación e o impactoson tales que durante toda a fin de semana a foi Trending Topic en Twitter coas etiquetas #SOSFragasdoEume e  #Eume
Semana Santa
   <description><![CDATA[Chegamos á fin do terceiro trimestre logo dunha tempada de probas, exames e moito traballo, pero tamén chegamos orgullosos pola labor ben feita. E xa están aquí as vacacións de Semana Santa. Temos por diante unha semana enteira para descansar, recargar pilas de cara ao asalto final do curso e xogar todo o que poidamos, pero tamén teñamos en conta o significado destas datas.
Se queremos empaparnos ben das tradicións de Semana Santa da nosa terra, temos dous lugares que son case visita obligada, estamos a falar de Ferrol e de Viveiro, cunhas celebracións e unhas procesións destacadas. 
Na zona de enlaces deixamos as webs oficiais de ambas celebracións. Damos a noraboa á páxina web da Semana Santa viveirense, xa que ofrece a súa información en múltiples linguas.
Pois xa sabedes, animádevos e visitade estas especiais celebracións.]]></description>
A Primavera
   <description><![CDATA[Este martes 20 de marzo ás 6:14 da mañá comeza a primavera. Normalmente asociamos esta estación á cor verde, ás flores, ao calorciño...
Deixamos unha serie de poemas sobre a Primavera
Primavera calorosa
que co teu cedo espertar
tingues de doces cores
prados e bosques
do meu lugar.
Primavera calorosa
que co teu cedo 
espertar
fas que as rosas 
fermosas
abran os seus pétalos 
a fin do Marzal.
Primavera calorosa
que co teu cedo espertar 
xardíns, campos 
e prados 
cos seus vivos colores
vólvennos alegrar.
Chegou a primavera,
a primavera chegou,
con ela os paxaros
e o sorriso do sol.
Chegou a primavera,
a primavera chegou,
as plantas recobran vida
e o inverno marchou.
Chegou a primavera,
a primavera chegou,
xa fai moi pouco frío,
xa comeza a calor.
Imos ler un pouco
   <description><![CDATA[Aínda que moitos de nós non o saibamos, galicia ten unha producción literaria moi extensa, e mesmo contamos con varias editoriais propias do noso país. Unha das máis coñecidas é Xerais, que publica libros para todas as idades.
Hoxe imos falar de un deles, ou máis ben dunha colección, a colección dos Megatoxos:
"Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. O día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se coñecían. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas muden para sempre. Decataranse de que teñen algo especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar a tempo os traballos de clase. Estraños poderes, aventuras sorprendentes e misteriosos encontros. Os catro mozos terán que viaxar no tempo para procurar respostas na terra dos seus antepasados, os celtas..."
Espero que esta recomendación nos anime a todos e todas a mercar máis literatura no noso idioma, xa que temos autoras e autores estupendos.]]></description>
Entroido
   <description><![CDATA[Outro ano máis pasou o entroido. Por todos son coñecidos o de Tenerife, o de Rio de Janeiro ou o de Cádiz, e xa dentro de Galicia, a provincia de Ourense leva (merecidamente)toda a fama. Sen embargo, na nosa provincia de Lugo tamén hai entroidos famosos, e vou falar dun deles, o que celebran en Salcedo, unha parroquia do concello da Pobra de Brollón.
O día grande destas festas é o luns de entroido, no que ten lugar a saída do Oso. A memoria das persoas máis vellas do lugar sempre o acorda. Vén a amosarse como o correlato doutras figuras que poboan o Entroido en Galiza: peliqueiros, pantallas... Arredor das 5 da tarde o Oso e Criados saen do seu agocho. Os criados son os axudantes que levan a presa onda o Oso para que este a enzoufe coa cheirenta e lixosa substancia preparada para a ocasión.
Téñense dado moitas interpretacións para explicar a existencia desta figura central en Salcedo. A gran maioría opina que podería simbolizar o medo que os habitantes desta zona poderían ter aos osos que baixaban ás alvarizas próximas a Salcedo para se alimentar, mais non pasa de ser unha mera hipótese. A vestimenta do Oso está composta dunhas peles de ovella que cobren todo o corpo amais dunha máscara que lle deixa boa visibilidade á persoa que vai facendo o papel deste personaxe. A roupaxe dos criados é máis modesta e menos pesada, posto que a súa misión é apresar os desaprensivos que estean preto do Oso para levarllos como presas. O Oso emporcallaraos ao seu antollo. 
Como ligazóns deste artigo, temos un vídeo sobre o  oso de Salcedo en plena acción, e outra á galería de fotos do colexio para que vexades o guapos e guapas que viñan os nosos nenos e nenas.]]></description>
Festas de Don Bosco
   <description><![CDATA[O martes 31 foi Don Bosco, o noso patrón.
Xoan Bosco naceu en 1815 e finou en 1888, polo que estamos a piques de celebrar o seu 200 aniversario. 
Aproveitando o lema do curso, esta semana estamos deixando pegadas de paz con Don Bosco. Aínda que a maior pegada é a que deixou Xoan Bosco .A orde dos Salesianos conta con case  16.000 membros, 1.300 escolas e máis de 300 parroquias espalladas en 105 países. 
Esta semana e a próxima temos tódolos festexos:
	O martes tivemos unha celebración na Parroquia da Milagrosa. Tamén temos os festivais solidarios, onde parte dos alumnos deleitarán ós seus compañeiros e ás súas familias con actuacións teatrais e playbacks co fin de recadar fondos para unhas Casas de acollida rurais en Amparaes, Calca e Lares (Perú)
	Os festivais son todos ás sete da tarde, se queredes asistir tedes que recoller a entrada en portería. O prezo é donativo voluntario, non hai cuantía fixa:
		ESO: xoves 2 
		Ed. Infantil: Luns 6 
		2º A, 2º B e 3º B de E.P:Martes 7