|
|
|
|
Gañadores do Concurso Frei Martín Sarmiento |
|
O 14 de xuño fixéronse públicos os/as gañadores/as da IX Edición do Premio Frei Martín Sarmiento,nas que todas e todos vós participástedes lendo os libros nas respectivas categorías:
1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
SOLAR, MARÍA E TOMÁS, XOSÉ como ilustrador; Vou ter un irmán; Ed. Galaxia
2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
SILVESTRE GÓMEZ, XURXO; Ti non xogas; Ed. Xerais
3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
FARIÑA, ANXO; A chave da Atlántida; Ed. Xerais
e CARREIRO, ABRAHAM; Xoeliki; Ed. Sotelo Blanco
4ª categoría: 1º e 2º de ESO
COSTAS, LEDICIA E TOBARUELA, PERE; Mortos de ningures; Ed. Everest
5ª categoría: de 3º e 4º de ESO e Bacharelato
RIVADULLA, CORCÓN; O noso amor será eterno; Ed. Xerais.
6ª categoría: adultos
RIVEIRO COELLO, ANTÓN; Laura no deserto; Ed. Galaxia |
|
|
|
Letras Galegas 2014 |
|
Aínda que faltan 10 meses para a conmemoración do vindeiro día das Letras Galegas, a Real Academia da Lingua xa fixo público o autor homenaxeado. Será Xosé María Díaz Castro.
Nacido en Parga, en 1914, é autor dun poemario considerado fundamental na lírica galega, «Nimbos».
Xosé María Díaz Castro será o autor quen se lle dedique o Día das Letras Galegas do 2014, segundo anunciou a Real Academia Galega trala sesión plenaria celebrada na tarde de onte. O poeta nado en Parga, Guitiriz, en 1914, e do que o vindeiro ano tamén se celebrará o centenario do seu nacemento, foi o escollido entre catro candidatos.
Autor dun único libro publicado, Nimbos, e dunha serie de poemas máis rescatados no seu día pola revista Dorna, Xosé María Díaz Castro é un escritor que, segundo explicou o presidente da RAG no anuncio desta elección, «é un poeta evidente, non é hermético». Na xustificación desta elección tamén indicou Alonso Montero que Díaz Castro é un poeta «telúrico, máis telúrico que paisaxista, aínda que algúns insistan máis nesta última definición». |
|
|
|
|
|
|