EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Recomendacións de libros para a ESO
Seguimos coas recomendacións literarias para o verán.
A continuación deixamos os dos rapaces da ESO




13 anos de Branca.
Fernández Paz, Agustín

Para 1º e 2º da ESO
Branca ten 13 anos recién cumpridos e unha hepatite que faille ter gardar repouso. Tamén ten unha familia que a coida e moitos amigos que a visitan. Branca ten un álbum novo de fotos que recibiu como regalo de aniversario.



































¿Que me queres, amor?
Rivas, Manuel

Para 3º e 4º da ESO
"Eu soño coas primeiras cereixas do verán" Na historia título neste libro, un mozo conta a súa historia de amor despois da morte nun asalto frustrado. Era capaz de calquera cousa, pero non tivo valor de dicir "eu te amo." O illamento persoal nun mundo saturado de información e encantado coa nova cacharrería, o gran misterio das relacións humanas é o tema do que quero, amor , con quen Manuel Rivas gañou o Premio de Ficción Torrente Ballester.
As historias son difíciles, algúns de dureza extrema, dor e soidade empoleirado, pero xorden tenrura e humor como os encantos mellores e restos da humanidade. Un vendedor, que vende roupa interior espera impulsando o rexurdimento do fillo fuxiron e recibir axuda milagrosa dun heroe do rock.
O misterio do nacemento dunha pintura, A leiteira de Vermeer un escritor volve ao seo da nai.
Outro conto, a lingua da bolboreta, é a amizade fraterna entre unha escola e un profesor anarquista, nacido da curiosidade mutua sobre a vida dos animais, e que é destruída pola brutalidade de 1936. Segundo Carlos Casares, esta historia podería ser incluído nunha antoloxía das mellores historias da literatura mundial.
Despois de un millón de vacas, Os comedores de patacas e en compañía de salvaxe, o que quero, amar Manuel Rivas roubado trae historias de aparencia cotiá da vida e escrita con un sentido de quen esfrega os dedos as vísceras e pel do mundo.



E para todos:
As lágrimas de Shiva
Mallorquí, César

Unha vez, hai moito tempo, vin unha pantasma. Si, un espectro, unha pantasma, unha aparición, un espírito, chamémolo como queiramos, o caso é que o vin. Aconteceu o mesmo ano en que o home chegou á lúa e, aínda que houbo momentos que pasei medo esta historia non é unha novela de terror. Todo comezou co misterio dun obxecto valioso que foi perdido durante sete décadas: Lágrimas de Shiva.
Comentarios (0) - Categoría: Recomendacións - Publicado o 25-06-2012 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Recomendacións de libros para 1º e 2º de Primaria
Seguimos coas recomendacións literarias para o verán. A continuación deixamos os dos rapaces de 1º e 2º de primaria.


A carreira de sacos
Silvia Pazos Hermida

Unha mañá de agosto os animais do bosque deciden facer unha carreira de sacos. É unha competición tan importante que o souberon os animais de todas as partes do mundo. Os participantes son: a pulga, a chicharra, a ra, o coello branco e o canguro. Os corredores póñense en marcha, pero todos fan trampa. que escándalo!



Catro amigos pillabáns
Ramón Caride

A Manporquiño, Murrigato, Caracol Col e Murrato gustaríalles vivir aventuras como as dos personaxes nas películas que ven no cine. E un día o seu desexo faise realidade. Grazas á aparición dun bastón máxico, iniciarán unha emocionante viaxe que os levará a cruzar o océano e chegar ata Australia, onde terán que atopar o xeito de regresar ás súas casas




Glub, o incrible peixe-bala
Isabel Freire

Glub, un peixe molón de cor laranxa e unha manchiña marrón no lombo que o facía diferente, vivía quentiño e feliz con outros moitos peixes de cores no acuario de David. No día en que estaban preparando a festa de aniversario do seu dono, unha das súas amigas regaloulle unha enorme bóla de cristal que deixaron pegada ao acuario. Naquela bóla choraba as súas soidades unha peixiña sen compañía. Glub, o incrible peixe bala, quere dar un chimpo e chegar onda ela para facerlle compañía. Será capaz de conseguilo?



Anamarciana: vacacións en Europa
Alberto Valera

Alberto Varela Ferreiro presenta unha nova entrega da extraterrestre máis simpática da galaxia. Chega o verán e Anamarciana, como todo o mundo, marcha de vacacións. Este ano vai a Europa, un satélite do planeta Xúpiter. Europa é ideal para estar fresquiños e practicar todo tipo de deportes, como patinar no xeo, mergullarse e ir ás luras
Comentarios (0) - Categoría: Recomendacións - Publicado o 21-06-2012 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
Libros de 3º e 4º de Primaria para o Verán

Deixamos unhas recomendacións de lectura para os rapaces de 3º e 4º de primaria.
Son unha boa opción para ler no verán.

A maceira que daba calquera cousa menos mazás.
Pinto&chinto
Supoñamos que unha maceira non pode, de primeiras, cumprir coa que se considera unha das funcións da súa existencia... ¿sería este motivo para acabar con ela? Hai que deixar que o tempo siga o seu curso e, sempre que teñamos a capacidade de reinventarnos e de crer nas nosas posibilidades, a espera será xustificada. Igual que as árbores e os seus froitos, as persoas medramos a un ritmo diferente que non se pode forzar se non queremos quedar na metade do camiño.


Carolina a Fantástica
Maruxa Olavide

Carolina é unha rapaciña fantástica en todos os sentidos: pola súa grande imaxinación, pola súa bondade, polo seu amor pola Natureza e, sobre todo, pola súa capacidade para resolver problemas.


Cos ollos na Lúa
Antonio García teijeiro

Dark e Noa forman unha estraña parella de seres diferentes entre os que existe unha fermosa e gran complicidade agarimada polo influxo da Lúa. Can e nena entendénse perfectamente e viven felices nun mundo feito á súa medida, sen segredos; un mundo onde cada un deles, dende a desigualdade, é quen de lle aprender ao outro as propias experiencias e as compartidas cos seus iguais. "Cos ollos na Lúa" fálanos de amizade, de emocións, de tolerancia, de respecto, de esperanza; unha tenra historia que conmove tanto polo que ten de real coma polo que ten de imaginario


Dende o súper
Alberto Urcaray

O supermercado pode ser algo máis ca un lugar onde mercar e vender. Para os máis pequenos, percorrer os seus longos corredores ateigados de “tesouros” converte un día calquera nun día de festa. Pero non todo o que chama a nosa atención dende os andeis ten valor, só forma parte do “tesouro” aquilo que realmente precisamos


Desaparizión
Pereledi

Velaquí a portada do xornal máis importante de Abecedaria: MISTERIOSA DESAPARICIÓN DUNHA LETRA O "ke" esfumouse e ninguén sabe do seu paradoiro. ¿Esta será a última desaparición? ¿Algunha letra máis correrá a mesma sorte? ¿E se chegan a desaparecer todas? Abecedaria está en perigo. Dakela, o máis experimentado e desleixado policía de Abecedaria, o detective Peirot, recibe unha orde prioritaria: remexer onde faga falta. El é un tipo peculiar ke sempre garda un ás na manga. E, ao seu xeito, intentará desenfiar este enigmático caso. O futuro de Abecedaria está nas súas mans.


Historia de Román o bombeiro
Pinto&chinto

Non todos temos tan clara a nosa vocación dende nenos. Román sabía, xa antes de facer os nove anos, que o seu destino sería apagar lumes, tanto grandes coma pequenos. Ten por diante un longo camiño por percorrer, a miúdo cheo de dificultades. A súa constancia e as súas ganas de ver cumprido o seu desexo guiarano ata o converter no mellor dos bombeiros.


Historia dunha sobreira
Ramón Caride

historia dunha sobreira é unha obra teatral que alerta dos perigos de non coidar , respectar e amar a Natureza que nos rodea. Estructurada en tres actos, que poderían ser representados como pezas independentes, fálanos da experiencia dun grupo de escolares que fai o imposible para evitar que tallen a sobreira que, desde sempre, é compañeira e amiga dos rapaces do colexio.


Bigote de Mimí
Manuel María

Mimí, cando non está a xogar co seu bo amigo Fiz, anda a perseguir ratos e todo o tempo que lle queda libre dedícao a enfeitar o bigote que, igual cós seus ollos, é verde, azul e acastañado. A súa vaidade e os enredos do Fiz son malos conselleiros e, como nós sabemos o que lle pode ocorrer a un gato sen bigote, a piques está de se converter no cazador cazado.


O caracol sen sol
Manuel Uhía

Que ocorrería se o sol non espertase ao chegar a primavera? O caracol e o grilo andan moi preocupados porque este ano ao sol parece que se lle esqueceu a hora de derreter a neve dos cumios das montañas, de iluminar as flores, de quentar a terra. A única solución será organizarse e, entre todos, ir á procura deste sol preguiceiro que tanto está alterando a vida da fraga. Da mesma maneira que esta historia nace para propiciar unha lectura compartida; nace unha lectura nova, aquela na que o adulto vai guiando o camiñar por un texto e por un tratamento plástico esixentes, pero perfectamente comprensibles e asimilables nesa lectura compartida, conversada. Para pais que querem levar á casa non só un libro para que os fillos lean, senón para ler con eles. Para aulas nas que a lectura é unha actividade tutelada. Unha actividade na que as dificultades están aí para axudar a progresar ao lector. Para que a lectura sexa unha creación de experiencias de coñecemento


O homiño de papel
A nena aburríase na casa. Cos xoguetes de sempre xa non se entretiña. Un dia imaxinou, inventou e fixo un amigo de papel de periódico. O homiño de papel e mais a nena aprenderon a descubrir a vida, as cousas boas e malas que hai nela, e como se lles pode transmitir esperanza e alegria ós demais, mirando as accións humanas cos ollos da solidariedade.


O soño do merlo branco
Agustín Fernández Paz

O Merlo Vello transmítelles ós merliños máis novos todo aquilo que deben saber para sobrevivir. Bulebule queda tan fascinada coa historia do Merlo Branco que cre ser ela a elixida para lle dar vida a ese merlo que ha traerfelicidade á súa especie. Cando a Roda da Vida dá unha volta, comprende que o Merlo Branco está en cada un de nós, independentemente do noso aspecto. O seu soño agora é distinto... agora soña con ser unha boa Merla Vella para contarlles ós segredos da Roda da Vida.


O sorriso de Rosalía
Cristina Sáez Cazallas

Rosalía ten o sorriso máis grande do mundo, pero o seu tesouro máis prezado é a súa capacidade para imaxinar, que a levará a coñecer lugares que só podemos visitar viaxando polas páxinas dos libros


Planeta de ratos tolos
Bernardino Graña

Contar unha historia que dure ata que se poña o sol é a proposta que lle fai Carolo ao noivo dunha das súas fillas. Éste acepta o reto e comenza a narrar a historia de dous ratiños, que vai medrando e medrando, enriquecida con outros contos que esta historia lles suxire ás persoas que o están escoitando. "Planeta de ratos tolos" é un conto cheo de contos co que os rapaces se divertirán e reflexionarán sobre moitos aspectos da vida.


Samovar
Máximo Gorki

Un samovar é un utensilio, moi característico da cultura rusa. que serve para facer té; pero tamén é o protagonista deste fermoso conto de Máximo Gorki, no que se critica a soberbia e a presunción. A narración ressólvese coma un xogo no que se combina a prosa e a rima e, ademais da súa amena lectura, ofrece moitas posibilidades para a dramatización


Tres voltas ó planeta
Ana maría Fernández

Unha, duas, tres... todas as voltas precisas para completar unha fermosa e entrañable viaxe arrededor do planeta. Ninguén mellor có noso protagonista para guiarnos a través dos misterios da vida e para dar resposta ás preguntas, moitas veces silenciadas, que nos impiden gozar de todo o que nos rodea. Un libro coma este é algo máis que un conto, é un delicioso xogo literario para nenos e nenas, capaz de os converter en adicto á lectura.

Comentarios (0) - Categoría: Recomendacións - Publicado o 20-06-2012 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Libros de 3 a 6 anos para o verán

Deixamos unhas recomendacións de lectura para os máis pequenos da casa.

La risa es la mejor medicina
Uli GeiBler
Günther Jakobs

La liebre se enfada porque tiene pecas verdes, la cacatua se ha resfriado y le gotea la nariz, y al cocodrilo le duele la barriga. por eso el doctor ha de encontrar pronto una idea para conseguir que todos sus amigos estén contentos…Después de pensar, el doctor ha encontrado la receta especial e infalible para cualquier enfermedad; una buena mezcla de risa, diversión, y tonterías. Un libro con ilustraciones a todo color y divertidas estrofas llenas de buen humor que hacen que pequeños y grandes pacientes se contagien la risa.


O soño do osiño rosa
Roberto Aliaga & Helga Bansch
OQO Editora

O osiño choraba desconsolado porque perdera o seu soño. A xirafa entón estirou o seu longo pescozo e buscou no ceo; o cabalo viaxeiro percorreu a terra e a ra mergullouse no fondo do río… Pero con ningunha das cousas que lle trouxeron, conseguiron que deixase de chorar… ¿Con que soña un osiño rosa?

La noche de los cambios
OQO editora- 3 a 7 años
Castellano y Galego
Pep Bruno & Lucie Müllerová

La noche en la que el granjero se levanta a ordeñar la vaca porque se da cuenta que se olvidó de tomar su vaso de leche y se encuentra al gallo en el establo pero ni rastro de la vaca, así que se va en busca de ella y para su sorpresa se encuentra que el cerdo está en el tejado, en la pocilga el burro, el perro en el gallinero …cuando por fin da con la vaca en el redil y vuelve a su cama.. lo esperaban 37 ovejas completamente dormidas, pero como era “la noche de los cambios” y tenía tanto sueño, no le importó y se fue a dormir…….
Comentarios (0) - Categoría: Recomendacións - Publicado o 19-06-2012 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Vilamor
Vilamor é unha película baseada en feitos reais. Ano 1976, Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade.
Quen mellor para contarnos o acontecido en Vilamor, que alguén que o viviu moi de preto, posto que viviu na zona.

Vilamor: Este é o nome máis que poético e cargado de añoranzas para moitos dos que alo pola época “hippie” e adolescente soñaban cun mundo libre e cheo de utopías.
Vilamor cóntanola historia da comuna de Negueira de Muñiz, concello limítrofe coa Fonsagrada e Grandas de Salime, que escomenzou cuns poucos soñadores no pobo de Vilamor e que logo se estendeu a outros como O Foxo, Hermes…
Este feito foi un escándalo para a época na que se vivía, o que provocaba que unha gran maioría os criticase e tratase de botalos daquelas terras, a pesares de que éstas estaban a monte e illadas polo encoro de Grandas de Salime.
Daqueles valentes e soñadores xa non queda ningún e só uns poucos sobreviven hoxe na comuna.
Se queres coñecela súa historia, non deixes de ver VILAMOR.
A película xa non está nos cines, pero en breve saíra en DVD
Web oficial da película
Comentarios (0) - Categoría: Recomendacións - Publicado o 18-06-2012 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Premio Frei Martín Sarmiento
Na Festa da Lingua celebrada o 24 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra e o día 4 de maio na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela fixéronse públicos os/as gañadores/as da VIII Edición do Premio Frei Martín Sarmiento:


1ª CATEGORÍA (1º e 2º de EP):
CARREIRO ABRAHAM, As espiñas do porco espiño, Ed. A nosa terra.

2ª CATEGORÍA (3º e 4º de EP):
YÁNEZ CASAL, ANTONIO, Xoa, Ed. Xerais.

3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP):
GONZALEZ COSTA, TERESA, A filla do ladrón de bicicletas. Ed. Xerais.

4ª CATEGORÍA: 1º e 2º ESO
GALLEGO, ELENA; Dragal; Ed. Xerais.

5ª CATEGORÍA: 3º e 4º de ESO e Bacharelato
NUÑEZ SINGALA, MANUEL; Menú de enganos; Ed. Galaxia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-06-2012 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chega o Arde Lucus
Coma ven sendo habitual, os días 22, 23 e 24 de xuño a nosa querida cicdade volverá a lembrar o seu pasado romano cunha nova edición do "Arde Lucus". No noso cole xa levamos traballando arreo dende hai meses, e froito dese traballo é a exposición que poderedes ver no salón de actos do colexio.
Pero non só se fai isto, multitude de obradoiros, exposicións e charlas se están a levar a cabo, ademáis dos ensaios de tambores.
Se queredes ver imaxes, aquí tedes a ligazón á galería de fotos do colexio.
Ligazón á web do centro
Comentarios (0) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 06-06-2012 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal