EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Actividades para a ESO
O noso blog pretende servir tamén para axudar a outros centros a programar actividades que axuden á aprendizaxe do galego. Neste caso porpoñémosvos unhas actividades para a ESO:

ESQUEMAS DAS ACTIVIDADES E TEMPORALIZACIÓN
1ª HORA
Motivación ( 5 min)
Actividade 1: ! Vivamos como galegos! ( 30min)
Actividade 2: actividades pizarra dixital (xunta) (15 min)
2ª HORA
Actividade 3: atrapa un millón ( 30 min)
Actividade 4: Sendo poeta (15 min)

DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES
Motivación :
Formamos grupos de 4-5 persoas para traballar ao longo da tarde e se motiva o motivo desta celebración

Actividade 1: ! Vivamos como galegos! ( 30min)
Visualizamos o vídeo “ Vivamos como galegos!”. En cada grupo os rapaces deben elaborar un “teatrillo” ou outro anuncio semellante ao visto partindo das seguintes cuestións
Qué significa para ti ser galego?
De que te sentes orgulloso?
Que costumes son as máis compartidas?
Expresións típicas galegas ( falando ben )
Lugares de Galicia a ter en conta
Feitos significativos

Déixanse 15 min aprox. para que o realicen e despois os represéntanse aos demais compañeiros. Finalmente votarán ao mellor anuncio tendo en conta a orixinalidade, o contido e a representación. Pódese visualizar o vídeo varias veces para inspirarse.

Actividade 2: actividades pizarra dixital (xunta)
Nos seguintes enlances encontraredes unha serie de xogos interactivos para realizar conxuntamente, participarán usando un voceiro os distintos grupos.
http://www.crtvg.es/infantil/adivinas
As adiviñas: vanse visualizando cada un dos vídeos e os rapaces, unha vez rematado, deben resolver a pregunta que se lles formula en cada un deles. ( dáse 1 minuto para resolver)
NOTA IMPORTANTE: debedes ser áxiles e parar o vídeo xusto cando dean a cuarta pista xa que despois dan a solución moi rápido.

http://www.edu.xunta.es/xogos/aforcado/aforcado.html#xogo
Aforcado: Só teñen que adiviñar a palabra agochada, dicindo as letras que cren que ten. Teñen 5 oportunidades, antes de que queimen o Meco (por cada letra que non estea na palabra, subirá o lume da fogueira)

http://www.edu.xunta.es/preguntoiro/index.html
Preguntoiro: é un xogo de coñecementos xerais sobre Galicia onde poden xogar catro grupos ( seguir as indicacións da Páxina)

Actividade 3: atrapa un millón
A dinámica é como a do programa atrapa un millón. Se no coñeces o programa podes velo o venres as 22:00 en Antena 3 o ver un anaco do programa no seguinte enlace:
http://www.antena3.com/videos-online/programas/millon/noticias/pierden-1000000eurosprimerapregunta_2011122800046.html
- Cada grupo conta con 20 posits de 50.000 puntos cada uno. En total 1.000.000 de puntos.( 20 posits para cada equipo. Unha cor por equipo. Por exemplo: 20 posits amarelos, 20 posits verdes, etc.)
- O titor/a lerá a pregunta e deixará 30 segundos para que “aposten” os puntos que queiran á opción/opcións que consideren oportuno no grupo.
- Os puntos que no coloquen antes de rematar o tempo os perderán.
- Despois o titor/a indicará a resposta.
- Os posits que estean postos nas respostas incorrectas pérdense.
- Se algún equipo quedara sen puntos, quedaría eliminado.
- Gaña o equipo que quede con máis puntos ao final do xogo.

Actividade 4: Sendo poeta

En cada clase haberá 4 ou 5 poesías (1 por grupo).
Cada grupo deberá elaborar unha nova poesía seguindo as pautas que se detallan:
Repártese unha poesía por grupo.
Deben tratar o tema que aparece na poesía orixinal.
Cada verso deberá ter a 1ª letra do verso correspondente (na orixinal).
Usarase a mesma rima que na orixinal.
Non se poden repetir os mesmos verbos e substantivos que aparecen no verso correspondente(simétrico) da orixinal.
Ó final, cada grupo recita a súa poesía ó resto da clase, e escríbena nunha cartolina para expoñer fóra

MATERIAIS
Guión da titoría
VIDEO “ VIVAMOS COMO GALEGOS”
Un ppt co xogo “ATRAPA UN MILLÓN”
CARTOLINAS
POSITS
Un ordenador.
Un proxector e unha pantalla.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-05-2012 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Valentín Paz Andrade
Valentín Paz Andrade naceu na parroquia de Lérez, en Pontevedra, o 23 de
abril de 1898.
Valentín constitúese o Grupo Autonomista Galego de Estudantes, afin ás Irmandades da Fala, neste grupo elabórase un manifesto político, escrito en galego, e dirixido aos universitarios e á cidadanía de Santiago, no que se exalta á nación galega e se fai un chamamento á acción colectiva para erguer o país. Aparece o slogan «Terra a Nosa» como signo identitario do novo grupo.
Era «unha primeira mensaxe da mocidadegalega, crente nun mellor destino para a súa terra», en palabras do propio Valentín.
Estudou Dereito en Compostela, onde coincidiu con numerosos intelectuais galegos: Castelao, Vicente Risco, Antón Villar Ponte, Luís Peña Novo...
Foi membro do Partido Galeguista e nomeado secretario en 1934.
Dende moi novo adicouse a escribir en xornais e revistas.
Xunto co empresario lucense, Xosé Fernández, constitúe a empresa Pescanova.
Pon en marcha o xornal “Galicia” xunto con Castelao. O primeiro número saíu á rúa o 25 de xullo, día de Galicia.
A ditadura de Primo de Rivera e a censura militar imposta aos medios de comunicación vai supoñer a persecución do xornal e dos seus colaboradores.
Así, un primeiro encontronazo periodístico co Xeneral Gobernador, suponlle a Valentín unha multa de 250 pesetas (1,50 euros) ou 15 días
de cadea.
Ese sería o primeiro dos incidentes que tería Valentín coas autoridades no exercicio do seu labor como periodista e que lle custarían pasar varias veces pola cadea e mesmo polo desterro.
Gracias aos contactos co Centro Galego de Bos Aires, recibe dende Santiago de Chile unha oferta da FAO para impartir cursos sobre a pesca, alimentación e agricultura.
No 1976 forma parte da comisión dos Dez para negociar, en nome de Galicia, a transición a un réxime democrático.
No 1978 le o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega.
En 1987 falece en Vigo.
Comentarios (0) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 15-05-2012 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
¿Por que o Día das Letras Galegas?
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega propuxeron que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".

O primeiro Día das Letras Galegas celebrouse " o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro" (17 de maio de 1.863) porque "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".

O dia 17 de maio foi cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.

E naquel momento foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque CANTARES GALLEGOS foi o primero libro galego que tivo unha significación universal.
Comentarios (0) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 11-05-2012 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal