EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aplicación para o bus urbano.
Bus Urbano de Lugo
Hai un par de meses, en xaneiro, publicábamos aquí a aparición de tres aplicacións para teléfonos móbiles que estaban encamiñadas a facilitar a nosa vida.
Hoxe facémonos eco doutra que acaba de sair. Trátase dunha aplicación que nos informa sobre as rotas e as paradas de bus na cidade de Lugo. Así que xa sabedes, se tedes algunha dúbida, só tedes que acceder a ela e consultar paradas, liñas e o que necesitedes.
Aínda se atopa en probas, así que se vedes algún fallo ou suxerencia, podedes poñervos en contacto con eles para melloralo. Podedes acceder a unha páxina con máis información facendo click aquí.
Ligazón á páxina da aplicación.
Comentarios (0) - Categoría: Recomendacións - Publicado o 30-04-2012 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Doodle para o día das Letras Galegas
doodle galego
Os amigos de www.actuable.es veñen de lanzar unha campaña para que, o día das Letras Galegas, na páxina de busca Google, a imaxe teña que ver con Valentín Paz Andrade. Parécenos boa idea colaborar con eles e animámosvos a todos e todas a que firmedes na súa web a petición.
Ligazón a actuable para firmar a petición
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-04-2012 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Fragas do Eume

As Fragas do Eume é un parque natural galego creado en 1997 e que abrangue máis de 9.000 hectáreas nas beiras do río Eume, ao longo de cinco concellos na provincia da Coruña.
Está tamén declarado como Lugar de Importancia Comunitaria, coincidindo os seus límites cos do parque natural.
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.
Así eran as Fragas do Eume ata a semana pasada
E así está quedando
Dende esta fin de semana está a sufrir unha traxedia medioambiental por culpa dun incendio forestal que está destrozando todo o ecosistema das Fragas.
A desolación e o impactoson tales que durante toda a fin de semana a foi Trending Topic en Twitter coas etiquetas #SOSFragasdoEume e #Eume
Artigo interesante no que xa se denunciaba os perigos que corrían as Fragas
As Fragas do Eume durante os incendios
Galería de fotos das Fragas do Eume antes dos incendios
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2012 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal