EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concurso Hipercurtos Contos

Dende a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia nos invitan a participar nunha nova edición do Concurso de Hipercurtos Contos. NON É UN CONCUROS ESCOLAR, pero pode ser unha iniciativa interesante para participar
Pódense enviar por correo ordinario ou a través dun formulario online
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR
O prazo de entrega remata o 1 de maio e as bases son as seguintes:

1. Poderán participar todas as persoas que o desexen.
2. Establécense tres categorías (e cada participante será inscrito nunha delas segundo a súa idade o 1 de maio do 2013):
a) nenos e nenas ata 13 anos;
b) mozos e mozas entre 14 e 30 anos;
c) maiores de 30 anos.
3. Os hipercurtos contos estarán escritos en galego, serán orixinais e inéditos e terán
unha extensión máxima de 175 palabras.
4. A temática é libre.
5. Os hipercurtos contos presentaranse sen identificación, facendo constar o seu título. Acompañando a obra e nun sobre pechado, enviaranse os datos completos do autor ou autora (nome, apelidos, idade, enderezo, teléfono e unha fotocopia do DNI). No exterior do sobre deberá estar escrito o título do hipercurto conto entregado e a data de nacemento do autor ou autora.
6. Cada autor ou autora poderá presentar o número de hipercurtos contos que desexe.
7. Todos os hipercurtos contos deben ser entregados na secretaría técnica da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia (na rúa Belvís, nº 2; CP: 15703, Compostela; tfno.: 981 582 243), en man ou por correo (mellor certificado) antes do 1 de maio do 2013, facendo constar no exterior do sobre ‘Concurso de hipercurtos contos’. O 17 de maio de 2013 daranse a coñecer os gañadores e gañadoras.
8. Os textos enviados ao concurso pasarán a ser propiedade da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, renunciando os seus autores e autoras aos seus dereitos como tales.
9. Despois da elección dos textos gañadores, será publicado un caderno no que estes e outros textos, seleccionados entre todos os presentados, quedarán recollidos.
10. Os premios (consistentes en vales que se poderán cambiar por libros, discos ou outros produtos galegos nos establecementos que se indicarán aos premiados) quedan establecidos por categorías do seguinte xeito:
a) 70 €; b) 130€; c) 100€.
Haberá tamén un accésit de 60 € para o membro da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia mellor clasificado.
11. Os premios serán únicos e indivisíbeis. A xuízo do xurado e segundo a calidade das obras, poderase declarar deserto algún premio.
12. O xurado estará composto polos membros da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia. A decisión do xurado será inapelábel.
13. A participación neste concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases.
Formulario online
Bases do Concurso
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 21-03-2013 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
150 Aniversario de Cantares Gallegos
Este ano celebramos o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, obra fundamental da literatura galega.
Rosalía firmou a dedicatoria o 17 de maio de 1863, por eso tódolos 17 de maio conmemoramos o día das Letras Galega.
Con motivo deste aniversario tan especial, o Consello da Cultura Galega publicou un fascímil descargable en pdf de Cantares Gallegos
Cantares en pdf
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 12-03-2013 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal