|
|
|
|
Semana Santa |
|
Chegamos á fin do terceiro trimestre logo dunha tempada de probas, exames e moito traballo, pero tamén chegamos orgullosos pola labor ben feita. E xa están aquí as vacacións de Semana Santa. Temos por diante unha semana enteira para descansar, recargar pilas de cara ao asalto final do curso e xogar todo o que poidamos, pero tamén teñamos en conta o significado destas datas.
Se queremos empaparnos ben das tradicións de Semana Santa da nosa terra, temos dous lugares que son case visita obligada, estamos a falar de Ferrol e de Viveiro, cunhas celebracións e unhas procesións destacadas.
Na zona de enlaces deixamos as webs oficiais de ambas celebracións. Damos a noraboa á páxina web da Semana Santa viveirense, xa que ofrece a súa información en múltiples linguas.
Pois xa sabedes, animádevos e visitade estas especiais celebracións. |
|
|
|
A Primavera |
|
 Este martes 20 de marzo ás 6:14 da mañá comeza a primavera. Normalmente asociamos esta estación á cor verde, ás flores, ao calorciño...
Deixamos unha serie de poemas sobre a Primavera
Primavera calorosa
que co teu cedo espertar
tingues de doces cores
prados e bosques
do meu lugar.
Primavera calorosa
que co teu cedo
espertar
fas que as rosas
fermosas
abran os seus pétalos
a fin do Marzal.
Primavera calorosa
que co teu cedo espertar
xardíns, campos
e prados
cos seus vivos colores
vólvennos alegrar.
Chegou a primavera,
a primavera chegou,
con ela os paxaros
e o sorriso do sol.
Chegou a primavera,
a primavera chegou,
as plantas recobran vida
e o inverno marchou.
Chegou a primavera,
a primavera chegou,
xa fai moi pouco frío,
xa comeza a calor. |
|
|
|
Imos ler un pouco |
|
Aínda que moitos de nós non o saibamos, galicia ten unha producción literaria moi extensa, e mesmo contamos con varias editoriais propias do noso país. Unha das máis coñecidas é Xerais, que publica libros para todas as idades.
Hoxe imos falar de un deles, ou máis ben dunha colección, a colección dos Megatoxos:
"Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. O día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se coñecían. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas muden para sempre. Decataranse de que teñen algo especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar a tempo os traballos de clase. Estraños poderes, aventuras sorprendentes e misteriosos encontros. Os catro mozos terán que viaxar no tempo para procurar respostas na terra dos seus antepasados, os celtas..."
Espero que esta recomendación nos anime a todos e todas a mercar máis literatura no noso idioma, xa que temos autoras e autores estupendos. |
|
|
|
|
|
|