EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entroido
Oso de SalcedoOutro ano máis pasou o entroido. Por todos son coñecidos o de Tenerife, o de Rio de Janeiro ou o de Cádiz, e xa dentro de Galicia, a provincia de Ourense leva (merecidamente)toda a fama. Sen embargo, na nosa provincia de Lugo tamén hai entroidos famosos, e vou falar dun deles, o que celebran en Salcedo, unha parroquia do concello da Pobra de Brollón.
O día grande destas festas é o luns de entroido, no que ten lugar a saída do Oso. A memoria das persoas máis vellas do lugar sempre o acorda. Vén a amosarse como o correlato doutras figuras que poboan o Entroido en Galiza: peliqueiros, pantallas... Arredor das 5 da tarde o Oso e Criados saen do seu agocho. Os criados son os axudantes que levan a presa onda o Oso para que este a enzoufe coa cheirenta e lixosa substancia preparada para a ocasión.
Téñense dado moitas interpretacións para explicar a existencia desta figura central en Salcedo. A gran maioría opina que podería simbolizar o medo que os habitantes desta zona poderían ter aos osos que baixaban ás alvarizas próximas a Salcedo para se alimentar, mais non pasa de ser unha mera hipótese. A vestimenta do Oso está composta dunhas peles de ovella que cobren todo o corpo amais dunha máscara que lle deixa boa visibilidade á persoa que vai facendo o papel deste personaxe. A roupaxe dos criados é máis modesta e menos pesada, posto que a súa misión é apresar os desaprensivos que estean preto do Oso para levarllos como presas. O Oso emporcallaraos ao seu antollo.
Como ligazóns deste artigo, temos un vídeo sobre o oso de Salcedo en plena acción, e outra á galería de fotos do colexio para que vexades o guapos e guapas que viñan os nosos nenos e nenas.
Vídeo do oso de Salcedo en acción
Galería de fotos do entroido no colexio
Comentarios (0) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 23-02-2012 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Festas de Don Bosco

O martes 31 foi Don Bosco, o noso patrón.
Xoan Bosco naceu en 1815 e finou en 1888, polo que estamos a piques de celebrar o seu 200 aniversario.
Aproveitando o lema do curso, esta semana estamos deixando pegadas de paz con Don Bosco. Aínda que a maior pegada é a que deixou Xoan Bosco .A orde dos Salesianos conta con case 16.000 membros, 1.300 escolas e máis de 300 parroquias espalladas en 105 países.
Esta semana e a próxima temos tódolos festexos:
O martes tivemos unha celebración na Parroquia da Milagrosa. Tamén temos os festivais solidarios, onde parte dos alumnos deleitarán ós seus compañeiros e ás súas familias con actuacións teatrais e playbacks co fin de recadar fondos para unhas Casas de acollida rurais en Amparaes, Calca e Lares (Perú)
Os festivais son todos ás sete da tarde, se queredes asistir tedes que recoller a entrada en portería. O prezo é donativo voluntario, non hai cuantía fixa:
ESO: xoves 2
Ed. Infantil: Luns 6
2º A, 2º B e 3º B de E.P:Martes 7
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 02-02-2012 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal