EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nadal

Por fin chegou o Nadal. Estamos nunhas datas de ledicia, esperanza e paz. O Nadal é moito máis que vacacións, comidas familiares e regalos.
Seguto que todos estábades agardando que chegaran as vacacións, así que aproveitade ben estas dúas semanas e media de vacacións para chegar con moita forza ao novo ano.
O Equipo de Dinamización Lingüística do colexio Salesianos Divina Pastora de Lugo, quere desexarvos un Bo Nadal e un próspero ano 2012.
Se queredes visitiar o Belén colexial, pasádevos polo cole, merece moito a pena velo.
Visita dos Magos de Oriente
Festa de Nadal dos rapaces e rapazas do 1º ciclo
Comentarios (0) - Categoría: Tradicións - Publicado o 21-12-2011 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Costumes e tradicións do Nadal
Nos celtas existía o costume chamado "das Velas do Nadal". Esta era unha tradición que consistía en manter unha vela acesa en honor á deusa Nai Terra durante o solsticio de inverno, usando os restos da vela do ano anterior.
Debía arder durante doce horas para traer boa sorte. Coma orixe desa tradición xurdiu unha das tradicións máis antigas e de maior raigame en Galicia: o chamado "Cepo do Nadal".
Esta tradición foi moi común especialmente en Lugo y Pontevedra.
O "Cepo do Nadal" era unha cepa grande de madeira boa, de carballo xeralmente, que se botaba no lume da lareira para que ardese durante toda a noite. Nalgunhas comarcas tamén se usaba o chamado "Lume novo" (as brasas deste lume, facíanse nas lareiras das casas queimando toxo ou leña miúda, logo eran benditas o Sábado Santo no adro da igrexa. Gardábanse porque daba boa sorte á familia e acendíanse na noite de Nadal).
Á calor e á luz deste lume xuntábase a xente e cantaban panxoliñas, contaban historias da Santa Compaña, da Estadea, de mouros, serpes, encantos, contos de rir, etc mentres os nenos xogaban. Pensábase que ás animas da familia estaban presentes esa noite arredor do lume.
Este cepo do Nadal era moito máis que o alimento do lume dunha noite do ano. Os carbóns que facía non se guindaban, gardábanse nun curruncho da casa por teren propiedades máxicas. Cando tronaba, tanto nas treboadas de verán como no anaco de inverno que aínda quedaba por vir, collíase borralla do cepo de Nadal e botábase de novo á lareira, para que se fixesen ascuas novas e espantasen os tronos.
Comentarios (0) - Categoría: Tradicións - Publicado o 16-12-2011 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
O Apalpador
Chegan as festas do Nadal, e en Galicia tamén temos as nosas propias costumes. Hoxe imos falar dunha delas que dende hai un par de anos está a recibir un forte pulo para seren recuperada. Trátase da figura do "Apalpador", unha personaxe típica da zona do Courel. Trátase dun carboeiro que tódalas noiteboas entraba nas casas e apalpaba as barrigas dos nenos e nenas, e se vía que a tiñan algo baleira, dáballes un bico na meixela e deixáballes unha presada de castañas para que a enchesen.
Tamén de vez en cando deixaba algún xoguete, pero sempre feito a man, de madeira ou de barro. Feitos con moito cariño e, por suposto, respectuosos co medio ambiente.
Pois xa sabedes, este ano cando vaiades para a cama trala cea de noiteboa, deixade algunha pequena larpeiradea por se o Apalpador entrase na vosa casa!
Comentarios (0) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 12-12-2011 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal