EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Magosto escolar
A semana pasada celebramos no cole a festa do magosto.
O luns baixaron o alumnado de Educación Infantil, o mércores os de 2º ciclo de Primaria, o xoves os de 3º ciclo e o venres os máis pequenos da Primaria.
Cada rapaz trouxo unhas poucas castañas, quentámolas nun bombo e as comimos entre todos.
Por sorte o tempo respetounos e os rapaces pasárono moi ben
Comentarios (0) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 22-11-2012 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto
O magosto é unha festa tradicionalmente Ourensana, aínda que na actualidade celébrase en toda Galicia. Na cidade das Burgas os grupos de amigos van aos montes que rodean a cidade, fan unha fogata, asan castañas e chourizos e pasan o día entre amigos.

As orixes desta festa son as seguintes:

Aínda que esta festa agraria ten como referencias máis cercanas o pobo celta, sábese que tamén formaron parte das celebracións dos pobos prehistóricos.

A castaña e o día de defuntos aparecen asociados desde tempos inmemoriables á festa do magosto, que se celebra na primeira quincena de novembro xa que comenza un novo ciclo coa chegada do inverno o que supón a "morte da luz"

Segundo as crenzas antigas as castañas era o símbolo da alma dos defuntos e por iso cada castaña que se comía liberaba un alma do purgatorio. É pois un período de intensa comunicación entre os habitantes de este e do outro mundo coincidindo coa celebración do Samhain.

Era unha festa obrigatoria en tempos dos celtas e quen non asistía corría o perigo de perder a razón.



O costume para comer castañas asadas con motivo da festividade da "festa das ánimas" foi común en toda a zona norte da península. Os asturianos chámanlle amagüestu, os vascos chámanlle "kastañarre-eguna", os cataláns "casnyadas", en Galicia "magostos" e en Portugal "magustos".

Co paso do tempo a festa foi cambiando; as mozas achegaban as castañas e os mozos o viño que xa era novo. Tamén se comía pan de trigo e outros alimentos da época. Remataba o magosto con xogos e bailes. O xogo máis común era o de tiznarse a cara uns a outros. Os zonchos eran colares ou rosarios de castañas cocidas coa monda e atravesadas cun fío, esta é un costume que hoxe en día aínda se mantén.

Actualmente realízanse os magostos en case todos os lugares de Galicia, aínda que só se dea importancia ao feito para comer as castañas e facer a festa.
Comentarios (0) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 12-11-2012 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal