EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Letras Galegas 2014
Aínda que faltan 10 meses para a conmemoración do vindeiro día das Letras Galegas, a Real Academia da Lingua xa fixo público o autor homenaxeado. Será Xosé María Díaz Castro.
Nacido en Parga, en 1914, é autor dun poemario considerado fundamental na lírica galega, «Nimbos».
Xosé María Díaz Castro será o autor quen se lle dedique o Día das Letras Galegas do 2014, segundo anunciou a Real Academia Galega trala sesión plenaria celebrada na tarde de onte. O poeta nado en Parga, Guitiriz, en 1914, e do que o vindeiro ano tamén se celebrará o centenario do seu nacemento, foi o escollido entre catro candidatos.
Autor dun único libro publicado, Nimbos, e dunha serie de poemas máis rescatados no seu día pola revista Dorna, Xosé María Díaz Castro é un escritor que, segundo explicou o presidente da RAG no anuncio desta elección, «é un poeta evidente, non é hermético». Na xustificación desta elección tamén indicou Alonso Montero que Díaz Castro é un poeta «telúrico, máis telúrico que paisaxista, aínda que algúns insistan máis nesta última definición».
Comentarios (0) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 22-06-2013 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
endlsalesianoslugo@gmail.com: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal