EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bos Días
O mércores pasado Patri, coa axuda de Manuel de 6ºB nos axudaron a coñecer a Roberto Vidal Bolaño coma se fose unha obra de teatro.

A mellor forma de coñecer a vida de alguén e que a conte el mesmo , así que vades a escoitar os aspectos máis importantes da vida de Roberto Vidal Bolaño. Divideremola en actos , coma si se tratase dunha obra de teatro de esas que tan ben escribía e producía , así que imaxinade que estades nunha butaca do teatro , estade atentos e en silencio.

Enriba o telón Primeiro acto : Presentación:

Nacín o 31 de xullo de 1950 en Santiago de Compostela. Aquí foi onde estudei. Desde sempre, a miña paixón foi o teatro,ao que me dediquei totalmente, aínda que antes traballei nun comercio en un banco. Fun director, actor, produtor, iluminador,escenógrafo, ­ figurante, público, autor en lingua galega e promotor do teatro galego independente.Entre os anos 1973 e 1980, participei nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadaviacomo dramaturgo e escenógrafo, pero non utilicei o meu nome, senón o pseudónimo Julia Brens. Formei parte do grupo Abrentee fundei a compañía do Estaribel. Co Centro Dramático Galego dirixín a obra, Rosalía ,de Otero Pedrayo. No ano 1991, creei a compañía Teatro do Aquí.

Segundo acto: As obras para os rapaces e rapazas:
Escribín para o público máis novo pezas teatrais, …
• Romance dos figos de ouro: trata dun cego que toca o violín cóntanos, nun teatro de monicreques, historias con ensinanzas morais sobre o abuso do poder e a ignorancia.
• Xáxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón
• Touporroutou da Lúa e do Sol: a deusa Lua e o Sol están aborrecidos,así que deciden pelexare a cousa remata con choros e enfados. A peza resalta a importanciade contar as historias do pasado, pois é a herdanza a que nos de_ ne como pobo.

Terceiro Acto: Polo que se me vai a lembrar


Ademais do teatro, tamén traballei no cinema e na televisión. Actuei en películas como:
A lingua das bolboretas, Sempre Xonxa, A noiva de medianoite e A Fonte da idade e en series como Mareas Vivas, Os pazos de Ulloa, Brigada Central, A lúa re_ exada no espello ou O camiño das estrelas.
Fixen anuncios publicitarios, realicei vídeos promocionais de diferentes obras de teatro, participei en curtametraxes e elaborei guións para series. Nalgúns adaptei textos de Cunqueiro e de Fole.Grazas ao teatro, acadei diferentes premios
e recoñecementos. Algúns son o Premio Abrente, O Facho, o Premio Álvaro Cunqueiro, o Premio Rafael Dieste, o Premio MaríaCasares ou o Max de Teatro.
Por certo, desde este ano, o 2013, haberá un premio co meu nome, é o Premio Roberto Vidal Bolaño ao Espectador

Ultimo acto: Despedida:
O meu derradeiro percorrido polo escenario da vida foi un 11 de setembro do ano 2002.
Deixo un legado, o meu teatro, «un teatro galego capaz de traducir en termos de universalidade o particular e de lles restituír aos cidadáns o dereito a un lugar de encontro no que se re_ ectir, co que sentirse identificado, e ao que ter como propio».
O meu compañeiro e amigo ManuelLourenzo dedicoume as seguintes verbas:
«Pagou a pena ter collido o carro do teatro,
porque nel tamén ías ti, Roberto. Pagou
a pena ter montado no carro da vida, porque
nel tamén viaxabas ti (…). A túa paixón
foi a túa vida (…). Décheste aos demais, á
túa tribo humana e galega, con ardor, sen
avaricia (…). Conquistaches unha gloria
que ninguén che vai negar (…). Non choredes.
Comentarios (0) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 21-05-2013 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
endlsalesianoslugo@gmail.com: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal