EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bos Días
Seguimos cos Bos Días destas mañás. A continuación o que Monse nos contou o luns.

Como xa todos sabemos, este ano o día das letras galegas adicámosllo a Roberto Vidal Bolaño, pero ademáis este ano tamén celebramos o 150 aniversario da publicación de “Cantares Gallegos” de Rosalia de Castro, unha obra fundamental na nosa literatura.
Volvendo a Roberto Vidal Bolaño, Roberto foi o creador do teatro profesional galego, con el defendeu o noso idioma e a nosa cultura; por iso este ano 2013 a RAG decidiu adicarlle o día das letras galegas.
O seu fillo di que foi o primeiro indignado, ainda que era máis que iso, era digno.

Roberto naceu o 31 de xullo de 1950 en Santiago de Compostela e como bon galego tiña moita retranca.
Os priemiros anos da súa vida pasaos en Santiago e os veráns na casa dos avós en Baio, a carón doutro escritor, Labarta Pose, onde di que pasa os mellores veráns da súa vida.

Estudou na Escola de Troia e na Academia Ríos e por mor da crise que atravesa a súa familia cambia de escola e segue os seus estudos na Escola La Inmaculada rexentada pola congregación La Salle onde realiza os estudos de escribente administrativo.

A sús primeira experiencia como protagonista no mundo do teatro prodúcese á idade de 15 anos, ca obra “O xogadeiro” no colexio Placeres en Marín.
Pasa por moitos traballos ao longo da súa vida, ainda que o teatro e a creación literaria están sempre presentes. Con 27 anos crea a súa propia compañía de teatro chamada “Antroido”.

Roberto é identificado polo nariz vermello de pallaso que pasou directamente dun boneco o seu nariz.

Tamén estivo en contacto co mundo audiovisual, escomenzou facendo videos publicitarios e traballando na dobraxe. Como actor e director participa en películas como “Sempre Xonxa”, “Los pazos de Ulloa” “brigada Central”.

Escribe varias obras ao longo da súa vida e hoxe para rematar esta andaina pola súa vida imos rematar cunha poesia da obra: “Criaturas”



Nunca entenderéi
porque me tiñas máis medo a min
do que ao común da xente.
A miña monstruosidade
non é senon o reflexo
da que aniña en vós.

En ti,
en todos
pero eu non son real,
son unha ficción
non existo.

Vós si

Comentarios (0) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 16-05-2013 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
endlsalesianoslugo@gmail.com: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal