EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bos Días
Esta semana estamos escoitando a diferentes profes contándonos, nos Bos Días, algo relacionado coas Letras Galegas. O martes a profe Pili lembrounos o 150 aniversario da Publicación de Cantares Gallegos.

Neste ano 2013 conmemórase o 150 aniversario da publicación de Cantares Galegos, de Rosalía de Castro, poemario que constitúe a primeira obra literaria contemporánea escrita integramente en lingua galega. Esta circunstancia, unida ao seu innegable valor estético e á repercusión, que chegou a acadar entre o público lector converteu Cantares Galegos nunha referencia inescusable para os autores e autoras que, en pleno século XIX, levaron a cabo o movemento de revitalización literaria, cultural e nacional de Galicia: o Rexurdimento.
Como moitos de vos xa sabedes, Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. Escribiu moitos libros pero a súa obra Cantares Gallegos é coñecida como a primeira grande obra da literatura galega, está considerada como un símbolo do pobo galego. Escribir en galego naquela época non era doado, e aínda máis para unha muller, debido a que a sociedade daquel momento cría que o noso idioma era un simple dialecto, era desprezado e desprestixiado. Rosalía foi das primeiros que comezando dende cero intentou e conseguiu defender o sentimento de terra e de idioma galego. Falar e escribir no idioma materno era un motivo para quedar mal en sociedade, o castelán era a lingua culta.
Aínda que escribiu prosa, Rosalía foi famosa sobre todo pola súa poesía. As súas tres grandes obras foron: Cantares Galegos, Follas Novas e Nas beiras do Sar.
Rosalía de Castro e as súas obras seguen recibindo unha constante atención, tanto en España coma no estranxeiro. Os seus poemas foron traducidos ao francés, alemán, ruso e mesmo o xaponés.

Aínda que, seguramente, a obra de Rosalía por agora non nos sexa moi coñecida imos escoitar un poema dela Adeus ríos, Adeus fontes do libro Cantares Galegos o que lle puxo música Amancio Prada e que o o converteu así en canción que case todos coñecemos, seguramente nas nosas casas cantáronse máis dunha vez.

Fascímil de Cantares Gallegos
Comentarios (0) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 15-05-2013 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
endlsalesianoslugo@gmail.com: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal