EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os Maios
Os maios son unha festa popular galega que celebra a despedida do inverno e a exaltación da naturaza e o comezo da primavera.
Os maios celébranse entre finais de abril e principios de maio.

A orixe destes rituais non está moi clara, mentres algúns antropólogos e historiadores intentan buscar as primeiras raíces no Paleolítico ou no Neolítico, outros sosteñen que proceden do culto que o mundo greco-romano ofrecía a divinidades como Deméter e Ceres (19 de abril), Pales (21 de abril), Robigo (25 de abril), Flora (28 de abril), Maia (1 de maio), etc. Todas elas divinidades campestres.
Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc...

Algunhas cantigas:

Escoiten nosos señores
o que lles imos cantar:
as copras que tran "Os maios"
floridos hastra namáis.

Estén todos moi atentos
que imos escomenzar,
deprendan o que cantamos
axúdennos ó acabar

Cantar, cantarlle ó "maio" florido.
Cantar, cantarlle unha vez máis.
Cantar, cantarlle ó "maio" garrido.
Cantar, cantarlle así sen parar

_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ __
Xa chegou o "Maio"
florido e galán.
Chegou tra-lo inverno
e antes do verán.
Baixou dende o cumio
do castelo antergo.
ata o val do Eume
doce e señoreiro.
"Maio" rameiro:
bicou as campiñas
i en cada bicada
naceron floriñas.

_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ __
"Maio" amarigoso
bicou as cerdeiras
e ahí tede-las froitas
máis ricas da terra.
Xa chegou o "Maio"
da nosa mariña
"Maio" namorado
do mar e da andoriña.
Chegou dende lonxe
acollédeo ben
nesta noble vila
de Galicia "edén".
Comentarios (0) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 06-05-2013 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
endlsalesianoslugo@gmail.com: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal