 A recadación destinarase á compra de xoguetes para familias desfavorecidas
Comprar xoguetes para os nenos das familias máis desfavorecidas da provincia de Lugo é o obxectivo que persegue o disco «Cantos de Nadal», producido por Eloi Caldeiro, e no que participan artistas como Susana Seivane, Rosa Cedrón, Silvia Riobó, Anxo Lorenzo (gaita), Olexandre Savchuk (violín) ou Alberto Gambino (guitarra). O traballo discográfico, editado por Caldeiro en colaboración coa Fundación TIC e La Voz de Galicia, está á venda en todos os quioscos de Lugo a un prezo de 4,95 euros.
Nel inclúense unha decena de temas navideños tradicionais e novidosos, interpretados dunha forma moi persoal. Desde o clásico Noite de paz a O tamborileiro, pasando por Toca o pandeiro Manuel ou Con un sombreiro de palla. Tamén forman parte del composicións orixinais, como Bo Nadal, Felicidades, ideada por Caldeiro en base á simboloxía que ten este tempo de paz e felicidade. |