Seguimos coas recomendacións literarias para o verán. A continuación deixamos os dos rapaces de 1º e 2º de primaria.

A carreira de sacos
Silvia Pazos Hermida
Unha mañá de agosto os animais do bosque deciden facer unha carreira de sacos. É unha competición tan importante que o souberon os animais de todas as partes do mundo. Os participantes son: a pulga, a chicharra, a ra, o coello branco e o canguro. Os corredores póñense en marcha, pero todos fan trampa. que escándalo!

Catro amigos pillabáns
Ramón Caride
A Manporquiño, Murrigato, Caracol Col e Murrato gustaríalles vivir aventuras como as dos personaxes nas películas que ven no cine. E un día o seu desexo faise realidade. Grazas á aparición dun bastón máxico, iniciarán unha emocionante viaxe que os levará a cruzar o océano e chegar ata Australia, onde terán que atopar o xeito de regresar ás súas casas

Glub, o incrible peixe-bala
Isabel Freire
Glub, un peixe molón de cor laranxa e unha manchiña marrón no lombo que o facía diferente, vivía quentiño e feliz con outros moitos peixes de cores no acuario de David. No día en que estaban preparando a festa de aniversario do seu dono, unha das súas amigas regaloulle unha enorme bóla de cristal que deixaron pegada ao acuario. Naquela bóla choraba as súas soidades unha peixiña sen compañía. Glub, o incrible peixe bala, quere dar un chimpo e chegar onda ela para facerlle compañía. Será capaz de conseguilo?

Anamarciana: vacacións en Europa
Alberto Valera
Alberto Varela Ferreiro presenta unha nova entrega da extraterrestre máis simpática da galaxia. Chega o verán e Anamarciana, como todo o mundo, marcha de vacacións. Este ano vai a Europa, un satélite do planeta Xúpiter. Europa é ideal para estar fresquiños e practicar todo tipo de deportes, como patinar no xeo, mergullarse e ir ás luras |