EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Libros de 3º e 4º de Primaria para o Verán

Deixamos unhas recomendacións de lectura para os rapaces de 3º e 4º de primaria.
Son unha boa opción para ler no verán.

A maceira que daba calquera cousa menos mazás.
Pinto&chinto
Supoñamos que unha maceira non pode, de primeiras, cumprir coa que se considera unha das funcións da súa existencia... ¿sería este motivo para acabar con ela? Hai que deixar que o tempo siga o seu curso e, sempre que teñamos a capacidade de reinventarnos e de crer nas nosas posibilidades, a espera será xustificada. Igual que as árbores e os seus froitos, as persoas medramos a un ritmo diferente que non se pode forzar se non queremos quedar na metade do camiño.


Carolina a Fantástica
Maruxa Olavide

Carolina é unha rapaciña fantástica en todos os sentidos: pola súa grande imaxinación, pola súa bondade, polo seu amor pola Natureza e, sobre todo, pola súa capacidade para resolver problemas.


Cos ollos na Lúa
Antonio García teijeiro

Dark e Noa forman unha estraña parella de seres diferentes entre os que existe unha fermosa e gran complicidade agarimada polo influxo da Lúa. Can e nena entendénse perfectamente e viven felices nun mundo feito á súa medida, sen segredos; un mundo onde cada un deles, dende a desigualdade, é quen de lle aprender ao outro as propias experiencias e as compartidas cos seus iguais. "Cos ollos na Lúa" fálanos de amizade, de emocións, de tolerancia, de respecto, de esperanza; unha tenra historia que conmove tanto polo que ten de real coma polo que ten de imaginario


Dende o súper
Alberto Urcaray

O supermercado pode ser algo máis ca un lugar onde mercar e vender. Para os máis pequenos, percorrer os seus longos corredores ateigados de “tesouros” converte un día calquera nun día de festa. Pero non todo o que chama a nosa atención dende os andeis ten valor, só forma parte do “tesouro” aquilo que realmente precisamos


Desaparizión
Pereledi

Velaquí a portada do xornal máis importante de Abecedaria: MISTERIOSA DESAPARICIÓN DUNHA LETRA O "ke" esfumouse e ninguén sabe do seu paradoiro. ¿Esta será a última desaparición? ¿Algunha letra máis correrá a mesma sorte? ¿E se chegan a desaparecer todas? Abecedaria está en perigo. Dakela, o máis experimentado e desleixado policía de Abecedaria, o detective Peirot, recibe unha orde prioritaria: remexer onde faga falta. El é un tipo peculiar ke sempre garda un ás na manga. E, ao seu xeito, intentará desenfiar este enigmático caso. O futuro de Abecedaria está nas súas mans.


Historia de Román o bombeiro
Pinto&chinto

Non todos temos tan clara a nosa vocación dende nenos. Román sabía, xa antes de facer os nove anos, que o seu destino sería apagar lumes, tanto grandes coma pequenos. Ten por diante un longo camiño por percorrer, a miúdo cheo de dificultades. A súa constancia e as súas ganas de ver cumprido o seu desexo guiarano ata o converter no mellor dos bombeiros.


Historia dunha sobreira
Ramón Caride

historia dunha sobreira é unha obra teatral que alerta dos perigos de non coidar , respectar e amar a Natureza que nos rodea. Estructurada en tres actos, que poderían ser representados como pezas independentes, fálanos da experiencia dun grupo de escolares que fai o imposible para evitar que tallen a sobreira que, desde sempre, é compañeira e amiga dos rapaces do colexio.


Bigote de Mimí
Manuel María

Mimí, cando non está a xogar co seu bo amigo Fiz, anda a perseguir ratos e todo o tempo que lle queda libre dedícao a enfeitar o bigote que, igual cós seus ollos, é verde, azul e acastañado. A súa vaidade e os enredos do Fiz son malos conselleiros e, como nós sabemos o que lle pode ocorrer a un gato sen bigote, a piques está de se converter no cazador cazado.


O caracol sen sol
Manuel Uhía

Que ocorrería se o sol non espertase ao chegar a primavera? O caracol e o grilo andan moi preocupados porque este ano ao sol parece que se lle esqueceu a hora de derreter a neve dos cumios das montañas, de iluminar as flores, de quentar a terra. A única solución será organizarse e, entre todos, ir á procura deste sol preguiceiro que tanto está alterando a vida da fraga. Da mesma maneira que esta historia nace para propiciar unha lectura compartida; nace unha lectura nova, aquela na que o adulto vai guiando o camiñar por un texto e por un tratamento plástico esixentes, pero perfectamente comprensibles e asimilables nesa lectura compartida, conversada. Para pais que querem levar á casa non só un libro para que os fillos lean, senón para ler con eles. Para aulas nas que a lectura é unha actividade tutelada. Unha actividade na que as dificultades están aí para axudar a progresar ao lector. Para que a lectura sexa unha creación de experiencias de coñecemento


O homiño de papel
A nena aburríase na casa. Cos xoguetes de sempre xa non se entretiña. Un dia imaxinou, inventou e fixo un amigo de papel de periódico. O homiño de papel e mais a nena aprenderon a descubrir a vida, as cousas boas e malas que hai nela, e como se lles pode transmitir esperanza e alegria ós demais, mirando as accións humanas cos ollos da solidariedade.


O soño do merlo branco
Agustín Fernández Paz

O Merlo Vello transmítelles ós merliños máis novos todo aquilo que deben saber para sobrevivir. Bulebule queda tan fascinada coa historia do Merlo Branco que cre ser ela a elixida para lle dar vida a ese merlo que ha traerfelicidade á súa especie. Cando a Roda da Vida dá unha volta, comprende que o Merlo Branco está en cada un de nós, independentemente do noso aspecto. O seu soño agora é distinto... agora soña con ser unha boa Merla Vella para contarlles ós segredos da Roda da Vida.


O sorriso de Rosalía
Cristina Sáez Cazallas

Rosalía ten o sorriso máis grande do mundo, pero o seu tesouro máis prezado é a súa capacidade para imaxinar, que a levará a coñecer lugares que só podemos visitar viaxando polas páxinas dos libros


Planeta de ratos tolos
Bernardino Graña

Contar unha historia que dure ata que se poña o sol é a proposta que lle fai Carolo ao noivo dunha das súas fillas. Éste acepta o reto e comenza a narrar a historia de dous ratiños, que vai medrando e medrando, enriquecida con outros contos que esta historia lles suxire ás persoas que o están escoitando. "Planeta de ratos tolos" é un conto cheo de contos co que os rapaces se divertirán e reflexionarán sobre moitos aspectos da vida.


Samovar
Máximo Gorki

Un samovar é un utensilio, moi característico da cultura rusa. que serve para facer té; pero tamén é o protagonista deste fermoso conto de Máximo Gorki, no que se critica a soberbia e a presunción. A narración ressólvese coma un xogo no que se combina a prosa e a rima e, ademais da súa amena lectura, ofrece moitas posibilidades para a dramatización


Tres voltas ó planeta
Ana maría Fernández

Unha, duas, tres... todas as voltas precisas para completar unha fermosa e entrañable viaxe arrededor do planeta. Ninguén mellor có noso protagonista para guiarnos a través dos misterios da vida e para dar resposta ás preguntas, moitas veces silenciadas, que nos impiden gozar de todo o que nos rodea. Un libro coma este é algo máis que un conto, é un delicioso xogo literario para nenos e nenas, capaz de os converter en adicto á lectura.

Comentarios (0) - Categoría: Recomendacións - Publicado o 20-06-2012 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
endlsalesianoslugo@gmail.com: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal