Chegan as festas do Nadal, e en Galicia tamén temos as nosas propias costumes. Hoxe imos falar dunha delas que dende hai un par de anos está a recibir un forte pulo para seren recuperada. Trátase da figura do "Apalpador", unha personaxe típica da zona do Courel. Trátase dun carboeiro que tódalas noiteboas entraba nas casas e apalpaba as barrigas dos nenos e nenas, e se vía que a tiñan algo baleira, dáballes un bico na meixela e deixáballes unha presada de castañas para que a enchesen.
Tamén de vez en cando deixaba algún xoguete, pero sempre feito a man, de madeira ou de barro. Feitos con moito cariño e, por suposto, respectuosos co medio ambiente.
Pois xa sabedes, este ano cando vaiades para a cama trala cea de noiteboa, deixade algunha pequena larpeiradea por se o Apalpador entrase na vosa casa! |