EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Apalpador
O Apalpador volve a Lugo por Nadal

Este personaxe, asociado coas montañas da provincia, estará presente en actividades da Rede Museística Provincial.

A presenza do Apalpador, personaxe que chega da man do coñecido activista ecoloxista Anxo Moure, implica unha proposta para encher os museos "de maxia e contos" contra "ou consumismo". Doutra banda, as actividades, que se desenvolverán de mañá ao 4 de xaneiro, inclúen tamén a presentación dun novo número da revista "O Pazo dás Musas" (que nesta nova entrega homenaxea a Celso Emilio Ferreiro e a Leiras Pulpeiro), un ciclo de cine e o primeiro Festival Butoh de Lugo (que divulgará unha danza orixinaria de Xapón).
Fonte: La voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Tradicións - Publicado o 18-12-2012 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Semana Santa
Chegamos á fin do terceiro trimestre logo dunha tempada de probas, exames e moito traballo, pero tamén chegamos orgullosos pola labor ben feita. E xa están aquí as vacacións de Semana Santa. Temos por diante unha semana enteira para descansar, recargar pilas de cara ao asalto final do curso e xogar todo o que poidamos, pero tamén teñamos en conta o significado destas datas.
Se queremos empaparnos ben das tradicións de Semana Santa da nosa terra, temos dous lugares que son case visita obligada, estamos a falar de Ferrol e de Viveiro, cunhas celebracións e unhas procesións destacadas.
Na zona de enlaces deixamos as webs oficiais de ambas celebracións. Damos a noraboa á páxina web da Semana Santa viveirense, xa que ofrece a súa información en múltiples linguas.
Pois xa sabedes, animádevos e visitade estas especiais celebracións.
Semana Santa en Viveiro
Semana Santa en Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Tradicións - Publicado o 29-03-2012 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
Nadal

Por fin chegou o Nadal. Estamos nunhas datas de ledicia, esperanza e paz. O Nadal é moito máis que vacacións, comidas familiares e regalos.
Seguto que todos estábades agardando que chegaran as vacacións, así que aproveitade ben estas dúas semanas e media de vacacións para chegar con moita forza ao novo ano.
O Equipo de Dinamización Lingüística do colexio Salesianos Divina Pastora de Lugo, quere desexarvos un Bo Nadal e un próspero ano 2012.
Se queredes visitiar o Belén colexial, pasádevos polo cole, merece moito a pena velo.
Visita dos Magos de Oriente
Festa de Nadal dos rapaces e rapazas do 1º ciclo
Comentarios (0) - Categoría: Tradicións - Publicado o 21-12-2011 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Costumes e tradicións do Nadal
Nos celtas existía o costume chamado "das Velas do Nadal". Esta era unha tradición que consistía en manter unha vela acesa en honor á deusa Nai Terra durante o solsticio de inverno, usando os restos da vela do ano anterior.
Debía arder durante doce horas para traer boa sorte. Coma orixe desa tradición xurdiu unha das tradicións máis antigas e de maior raigame en Galicia: o chamado "Cepo do Nadal".
Esta tradición foi moi común especialmente en Lugo y Pontevedra.
O "Cepo do Nadal" era unha cepa grande de madeira boa, de carballo xeralmente, que se botaba no lume da lareira para que ardese durante toda a noite. Nalgunhas comarcas tamén se usaba o chamado "Lume novo" (as brasas deste lume, facíanse nas lareiras das casas queimando toxo ou leña miúda, logo eran benditas o Sábado Santo no adro da igrexa. Gardábanse porque daba boa sorte á familia e acendíanse na noite de Nadal).
Á calor e á luz deste lume xuntábase a xente e cantaban panxoliñas, contaban historias da Santa Compaña, da Estadea, de mouros, serpes, encantos, contos de rir, etc mentres os nenos xogaban. Pensábase que ás animas da familia estaban presentes esa noite arredor do lume.
Este cepo do Nadal era moito máis que o alimento do lume dunha noite do ano. Os carbóns que facía non se guindaban, gardábanse nun curruncho da casa por teren propiedades máxicas. Cando tronaba, tanto nas treboadas de verán como no anaco de inverno que aínda quedaba por vir, collíase borralla do cepo de Nadal e botábase de novo á lareira, para que se fixesen ascuas novas e espantasen os tronos.
Comentarios (0) - Categoría: Tradicións - Publicado o 16-12-2011 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal