EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Premio para 5ºA
As rapazas e os rapaces de 5ºA gañaron o premio de correlingua pola sua participación no concurso de banda deseñada. Parabéns, non é fácil gañar un premio a nivel de toda Galicia.
Se pinchades aquí podedes ver a banda deseñada en mellor calidade
Banda deseñada gañadora
Ligazón do premio
Comentarios (2) - Categoría: Actividades - Publicado o 31-03-2014 15:27
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores do Concurso Frei Martín Sarmiento
O 14 de xuño fixéronse públicos os/as gañadores/as da IX Edición do Premio Frei Martín Sarmiento,nas que todas e todos vós participástedes lendo os libros nas respectivas categorías:

1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
SOLAR, MARÍA E TOMÁS, XOSÉ como ilustrador; Vou ter un irmán; Ed. Galaxia

2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
SILVESTRE GÓMEZ, XURXO; Ti non xogas; Ed. Xerais

3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
FARIÑA, ANXO; A chave da Atlántida; Ed. Xerais
e CARREIRO, ABRAHAM; Xoeliki; Ed. Sotelo Blanco

4ª categoría: 1º e 2º de ESO
COSTAS, LEDICIA E TOBARUELA, PERE; Mortos de ningures; Ed. Everest

5ª categoría: de 3º e 4º de ESO e Bacharelato
RIVADULLA, CORCÓN; O noso amor será eterno; Ed. Xerais.

6ª categoría: adultos
RIVEIRO COELLO, ANTÓN; Laura no deserto; Ed. Galaxia
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 26-06-2013 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Semana do Libro
Durante toda esta semana estivemos celebrando a semana do libro no cole.
Tódalos cursos comenzamos as mañás cos Bos Días, adicando un tempo a traballar o libro coas temáticas: Un libro, unha casa de fantasía; Hoxe é o Día do Libro; Un libro, unha casa de emocións; Un libro, unha casa de aventuras; e Un libro, unha casa de sabedoría.
Ademais trabaláronse estas actividades nos distintos ciclos

1º Ciclo
Lectura de estractos del " Quijote " para niños
Visionado de estractos de la serie infantil " El Quijote".
Buenos días referentes : a la conmemoración del día del libro, a diferentes temáticas ( fantasía, homor , sabiduría..)
Decoración de taboleiros e corredores.
Realización de Cuentos de Aula por parte de los niños/as utilizando el trabajo Cooperativo( 2º E.P.)
Realización de lecturas en la Biblioteca del Centro
Asambleas (los niños/as comentan los libros que leen, para darlos a conocer a los demás
Resumen de los libros que estén leyendo

2º Ciclo.
- Colorear debuxos dun libro
- Colorear diferentes autores.
- Lectura de varios capítulos do Principiño.
- Dramatización do Principiño.
- Información sobre Miguel de Cervantes e o  Queixote.
- Información sobre Shakespeare.
- Visita a biblioteca colexial.
- Lectura colectiva do Queixote para nenos.
- Elaboración dun conto en galego e lectura diante dos compañeiros.
- Frases típicas ou destacadas do principiño.
- Enumeración de obras de Cervantes.
- Visionado da obra "Don Queixote cabalga de novo"
- Decoración de corredores e aulas.

3º Ciclo
Os de :
- Lectura conjunta de El Quijote
- Lectura de un libro de David Cal

6º A
ACTIVIDADES REALIZADAS NA QUINCENA DO LIBRO
* Relación afectiva cos libros: Cada quen colle un libro, fai una observación do libro e decide que outras utilidades pode ter un libro, agás a lectura.
* Os libros e os seus autores/as: Todos os nenos e as nenas traen á clase o seu libro favorito. Fan un intercambio cos compañeiros e cada quen terá que buscar información sobre o autor/a do libro que lle tocou.
* Por que me gusta o meu libro: Cada quén fará unha sinopse do seu libro e animará aos compañeiros a que o lean.
* Un libro, un amigo: Escriben unha carta aos libros como se fai cun amigo. As cartas ilustraranse e con elas se fará un libro confeccionado na clase.
* Cunha pasaxe do Quixote realizaran, por grupos, un texto teatral que logo representarán para os compañeiros/as.

Os de 6º B
1ª) ACTIVIDADE:ELABORACIÓN DUN LIBRO.
A HISTORIA DO QUIXOTE EN 6º B.
Cada alumno da clase elaborará unha historia,uniranse todas e formarase un libro que quedará para a biblioteca de aula.
Daránselles dez palabras relacionadas co Quixote ( venta, molino de viento, insula,…etc) que eles terán que incluír na historia.
Cada historia ao final levará un pequeno debuxo
2ª) ACTIVIDADE:VISIONADO DE VIDEOS.
Os alumn@s verán un video sobre a vida de Miguel de Cervantes e outro do Quixote.
3ª) ACTIVIDADE:LECTURA DO QUIXOTE.
Lerase un capítulo do Quixote en voz alta, os nenos irán rotando.
4º) Elaboración de poemas encadenados
En base a un verso inicial común e coa única norma de que os versos rimen, teñen que elaborar versos e pasar o papel aos compañeiros, pero só poden mirar o último verso.
5º) Creación dunha historia aleatoria
En grupos, dáselles uns personaxes, un espazo e un tempo, e unha situación. Por moi subrealista que pareza, teñen que inventar unha historia e contala aos compañeiros
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-04-2013 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Hipercurtos Contos

Dende a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia nos invitan a participar nunha nova edición do Concurso de Hipercurtos Contos. NON É UN CONCUROS ESCOLAR, pero pode ser unha iniciativa interesante para participar
Pódense enviar por correo ordinario ou a través dun formulario online
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR
O prazo de entrega remata o 1 de maio e as bases son as seguintes:

1. Poderán participar todas as persoas que o desexen.
2. Establécense tres categorías (e cada participante será inscrito nunha delas segundo a súa idade o 1 de maio do 2013):
a) nenos e nenas ata 13 anos;
b) mozos e mozas entre 14 e 30 anos;
c) maiores de 30 anos.
3. Os hipercurtos contos estarán escritos en galego, serán orixinais e inéditos e terán
unha extensión máxima de 175 palabras.
4. A temática é libre.
5. Os hipercurtos contos presentaranse sen identificación, facendo constar o seu título. Acompañando a obra e nun sobre pechado, enviaranse os datos completos do autor ou autora (nome, apelidos, idade, enderezo, teléfono e unha fotocopia do DNI). No exterior do sobre deberá estar escrito o título do hipercurto conto entregado e a data de nacemento do autor ou autora.
6. Cada autor ou autora poderá presentar o número de hipercurtos contos que desexe.
7. Todos os hipercurtos contos deben ser entregados na secretaría técnica da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia (na rúa Belvís, nº 2; CP: 15703, Compostela; tfno.: 981 582 243), en man ou por correo (mellor certificado) antes do 1 de maio do 2013, facendo constar no exterior do sobre ‘Concurso de hipercurtos contos’. O 17 de maio de 2013 daranse a coñecer os gañadores e gañadoras.
8. Os textos enviados ao concurso pasarán a ser propiedade da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, renunciando os seus autores e autoras aos seus dereitos como tales.
9. Despois da elección dos textos gañadores, será publicado un caderno no que estes e outros textos, seleccionados entre todos os presentados, quedarán recollidos.
10. Os premios (consistentes en vales que se poderán cambiar por libros, discos ou outros produtos galegos nos establecementos que se indicarán aos premiados) quedan establecidos por categorías do seguinte xeito:
a) 70 €; b) 130€; c) 100€.
Haberá tamén un accésit de 60 € para o membro da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia mellor clasificado.
11. Os premios serán únicos e indivisíbeis. A xuízo do xurado e segundo a calidade das obras, poderase declarar deserto algún premio.
12. O xurado estará composto polos membros da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia. A decisión do xurado será inapelábel.
13. A participación neste concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases.
Formulario online
Bases do Concurso
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 21-03-2013 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
150 Aniversario de Cantares Gallegos
Este ano celebramos o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, obra fundamental da literatura galega.
Rosalía firmou a dedicatoria o 17 de maio de 1863, por eso tódolos 17 de maio conmemoramos o día das Letras Galega.
Con motivo deste aniversario tan especial, o Consello da Cultura Galega publicou un fascímil descargable en pdf de Cantares Gallegos
Cantares en pdf
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 12-03-2013 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades para a ESO
O noso blog pretende servir tamén para axudar a outros centros a programar actividades que axuden á aprendizaxe do galego. Neste caso porpoñémosvos unhas actividades para a ESO:

ESQUEMAS DAS ACTIVIDADES E TEMPORALIZACIÓN
1ª HORA
Motivación ( 5 min)
Actividade 1: ! Vivamos como galegos! ( 30min)
Actividade 2: actividades pizarra dixital (xunta) (15 min)
2ª HORA
Actividade 3: atrapa un millón ( 30 min)
Actividade 4: Sendo poeta (15 min)

DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES
Motivación :
Formamos grupos de 4-5 persoas para traballar ao longo da tarde e se motiva o motivo desta celebración

Actividade 1: ! Vivamos como galegos! ( 30min)
Visualizamos o vídeo “ Vivamos como galegos!”. En cada grupo os rapaces deben elaborar un “teatrillo” ou outro anuncio semellante ao visto partindo das seguintes cuestións
Qué significa para ti ser galego?
De que te sentes orgulloso?
Que costumes son as máis compartidas?
Expresións típicas galegas ( falando ben )
Lugares de Galicia a ter en conta
Feitos significativos

Déixanse 15 min aprox. para que o realicen e despois os represéntanse aos demais compañeiros. Finalmente votarán ao mellor anuncio tendo en conta a orixinalidade, o contido e a representación. Pódese visualizar o vídeo varias veces para inspirarse.

Actividade 2: actividades pizarra dixital (xunta)
Nos seguintes enlances encontraredes unha serie de xogos interactivos para realizar conxuntamente, participarán usando un voceiro os distintos grupos.
http://www.crtvg.es/infantil/adivinas
As adiviñas: vanse visualizando cada un dos vídeos e os rapaces, unha vez rematado, deben resolver a pregunta que se lles formula en cada un deles. ( dáse 1 minuto para resolver)
NOTA IMPORTANTE: debedes ser áxiles e parar o vídeo xusto cando dean a cuarta pista xa que despois dan a solución moi rápido.

http://www.edu.xunta.es/xogos/aforcado/aforcado.html#xogo
Aforcado: Só teñen que adiviñar a palabra agochada, dicindo as letras que cren que ten. Teñen 5 oportunidades, antes de que queimen o Meco (por cada letra que non estea na palabra, subirá o lume da fogueira)

http://www.edu.xunta.es/preguntoiro/index.html
Preguntoiro: é un xogo de coñecementos xerais sobre Galicia onde poden xogar catro grupos ( seguir as indicacións da Páxina)

Actividade 3: atrapa un millón
A dinámica é como a do programa atrapa un millón. Se no coñeces o programa podes velo o venres as 22:00 en Antena 3 o ver un anaco do programa no seguinte enlace:
http://www.antena3.com/videos-online/programas/millon/noticias/pierden-1000000eurosprimerapregunta_2011122800046.html
- Cada grupo conta con 20 posits de 50.000 puntos cada uno. En total 1.000.000 de puntos.( 20 posits para cada equipo. Unha cor por equipo. Por exemplo: 20 posits amarelos, 20 posits verdes, etc.)
- O titor/a lerá a pregunta e deixará 30 segundos para que “aposten” os puntos que queiran á opción/opcións que consideren oportuno no grupo.
- Os puntos que no coloquen antes de rematar o tempo os perderán.
- Despois o titor/a indicará a resposta.
- Os posits que estean postos nas respostas incorrectas pérdense.
- Se algún equipo quedara sen puntos, quedaría eliminado.
- Gaña o equipo que quede con máis puntos ao final do xogo.

Actividade 4: Sendo poeta

En cada clase haberá 4 ou 5 poesías (1 por grupo).
Cada grupo deberá elaborar unha nova poesía seguindo as pautas que se detallan:
Repártese unha poesía por grupo.
Deben tratar o tema que aparece na poesía orixinal.
Cada verso deberá ter a 1ª letra do verso correspondente (na orixinal).
Usarase a mesma rima que na orixinal.
Non se poden repetir os mesmos verbos e substantivos que aparecen no verso correspondente(simétrico) da orixinal.
Ó final, cada grupo recita a súa poesía ó resto da clase, e escríbena nunha cartolina para expoñer fóra

MATERIAIS
Guión da titoría
VIDEO “ VIVAMOS COMO GALEGOS”
Un ppt co xogo “ATRAPA UN MILLÓN”
CARTOLINAS
POSITS
Un ordenador.
Un proxector e unha pantalla.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-05-2012 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Festas de Don Bosco

O martes 31 foi Don Bosco, o noso patrón.
Xoan Bosco naceu en 1815 e finou en 1888, polo que estamos a piques de celebrar o seu 200 aniversario.
Aproveitando o lema do curso, esta semana estamos deixando pegadas de paz con Don Bosco. Aínda que a maior pegada é a que deixou Xoan Bosco .A orde dos Salesianos conta con case 16.000 membros, 1.300 escolas e máis de 300 parroquias espalladas en 105 países.
Esta semana e a próxima temos tódolos festexos:
O martes tivemos unha celebración na Parroquia da Milagrosa. Tamén temos os festivais solidarios, onde parte dos alumnos deleitarán ós seus compañeiros e ás súas familias con actuacións teatrais e playbacks co fin de recadar fondos para unhas Casas de acollida rurais en Amparaes, Calca e Lares (Perú)
Os festivais son todos ás sete da tarde, se queredes asistir tedes que recoller a entrada en portería. O prezo é donativo voluntario, non hai cuantía fixa:
ESO: xoves 2
Ed. Infantil: Luns 6
2º A, 2º B e 3º B de E.P:Martes 7
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 02-02-2012 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Visita ao parque eólico Sotavento
Entrada ao parque eólico SotaventoQue Galicia é unha potencia no que se refire á xeración de enerxía dunha maneira non contaminante é sabido por todos e todas, pero o que ao mellor non sabe moita xente é que na nosa comunidade contamos cun centro experimental no que se estudian e ensinan os beneficios das enerxías renovables como a eólica, o hidróxeno ou a solar.
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria do noso centro foron nestes días a velo, e quedaron impresionados e encantados co que alí viron, aprenderon e fixeron.
Ademáis tamén observamos que estamos en pleno outono, e que saen cogomelos por calquera lado!
Páxina web do parque eólico Sotavento
Ligazón á galería de fotos da excursión na web do centro
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 10-11-2011 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal