EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

«Cantos de Nadal», á venda en todos os quioscos de Lugo

A recadación destinarase á compra de xoguetes para familias desfavorecidas

Comprar xoguetes para os nenos das familias máis desfavorecidas da provincia de Lugo é o obxectivo que persegue o disco «Cantos de Nadal», producido por Eloi Caldeiro, e no que participan artistas como Susana Seivane, Rosa Cedrón, Silvia Riobó, Anxo Lorenzo (gaita), Olexandre Savchuk (violín) ou Alberto Gambino (guitarra). O traballo discográfico, editado por Caldeiro en colaboración coa Fundación TIC e La Voz de Galicia, está á venda en todos os quioscos de Lugo a un prezo de 4,95 euros.

Nel inclúense unha decena de temas navideños tradicionais e novidosos, interpretados dunha forma moi persoal. Desde o clásico Noite de paz a O tamborileiro, pasando por Toca o pandeiro Manuel ou Con un sombreiro de palla. Tamén forman parte del composicións orixinais, como Bo Nadal, Felicidades, ideada por Caldeiro en base á simboloxía que ten este tempo de paz e felicidade.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 20-12-2012 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Música galega

Hoxe temos unha recomendación para todo o mundo. Un cantante que, a pesares da súa xuventude, demostra ter un grande talento tanto para cantar como para compoñer as súas propias cancións. Estamos a falar de Roi Casal, que xa ten uns cantos discos editados en lingua galega. Merece a pena escoitalo, e para iso, deixámosvos aquí un enlace a unha das súas cancións mais fermosas.
Roi Casal - Ninfa das frescas augas
Ligazón á web de Roi Casal
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 11-11-2011 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal