EDL Salesianos Lugo





 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Curso 2012/2013
Pois xa estamos de volta.
Despois de dous meses de vacacións, estamos de novo no cole.
Neste curso intentarei actualizar, como mínimo, semanalmente.
A primeira entrada do curso está adicada ao noso lema.

UNHA CASA PARA TI

Queremos que o cole sexa a vosa casa, o voso fogar. Así que a partires de hoxe, tedes unha razón máis para que vos sintades no cole igual que na vosa casa.

Polo tanto:
Benvidos á vosa casa
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-09-2012 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Premio Frei Martín Sarmiento
Na Festa da Lingua celebrada o 24 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra e o día 4 de maio na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela fixéronse públicos os/as gañadores/as da VIII Edición do Premio Frei Martín Sarmiento:


1ª CATEGORÍA (1º e 2º de EP):
CARREIRO ABRAHAM, As espiñas do porco espiño, Ed. A nosa terra.

2ª CATEGORÍA (3º e 4º de EP):
YÁNEZ CASAL, ANTONIO, Xoa, Ed. Xerais.

3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP):
GONZALEZ COSTA, TERESA, A filla do ladrón de bicicletas. Ed. Xerais.

4ª CATEGORÍA: 1º e 2º ESO
GALLEGO, ELENA; Dragal; Ed. Xerais.

5ª CATEGORÍA: 3º e 4º de ESO e Bacharelato
NUÑEZ SINGALA, MANUEL; Menú de enganos; Ed. Galaxia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-06-2012 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Doodle para o día das Letras Galegas
doodle galego
Os amigos de www.actuable.es veñen de lanzar unha campaña para que, o día das Letras Galegas, na páxina de busca Google, a imaxe teña que ver con Valentín Paz Andrade. Parécenos boa idea colaborar con eles e animámosvos a todos e todas a que firmedes na súa web a petición.
Ligazón a actuable para firmar a petición
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-04-2012 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Fragas do Eume

As Fragas do Eume é un parque natural galego creado en 1997 e que abrangue máis de 9.000 hectáreas nas beiras do río Eume, ao longo de cinco concellos na provincia da Coruña.
Está tamén declarado como Lugar de Importancia Comunitaria, coincidindo os seus límites cos do parque natural.
O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das Fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.
Así eran as Fragas do Eume ata a semana pasada
E así está quedando
Dende esta fin de semana está a sufrir unha traxedia medioambiental por culpa dun incendio forestal que está destrozando todo o ecosistema das Fragas.
A desolación e o impactoson tales que durante toda a fin de semana a foi Trending Topic en Twitter coas etiquetas #SOSFragasdoEume e #Eume
Artigo interesante no que xa se denunciaba os perigos que corrían as Fragas
As Fragas do Eume durante os incendios
Galería de fotos das Fragas do Eume antes dos incendios
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2012 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
A Primavera

Este martes 20 de marzo ás 6:14 da mañá comeza a primavera. Normalmente asociamos esta estación á cor verde, ás flores, ao calorciño...
Deixamos unha serie de poemas sobre a Primavera

Primavera calorosa
que co teu cedo espertar
tingues de doces cores
prados e bosques
do meu lugar.

Primavera calorosa
que co teu cedo
espertar
fas que as rosas
fermosas
abran os seus pétalos
a fin do Marzal.

Primavera calorosa
que co teu cedo espertar
xardíns, campos
e prados
cos seus vivos colores
vólvennos alegrar.


Chegou a primavera,
a primavera chegou,
con ela os paxaros
e o sorriso do sol.

Chegou a primavera,
a primavera chegou,
as plantas recobran vida
e o inverno marchou.

Chegou a primavera,
a primavera chegou,
xa fai moi pouco frío,
xa comeza a calor.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-03-2012 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Feliz Ano!
Logotipo de AndroidMoi feliz ano 2012 a todo o mundo!. Xa estamos por aquí de novo. No noso centro voltamos ao cole o luns da semana pasada con moitas ganas.
Seguramente os reis viñeron cargadiños de regalos, e como non, seguro que a alguén lle trouxeron un teléfono móbil de nova xeración, os chamados "smartphones". Pois ben, sabede que podemos galeguizar o noso aparello con tres aplicacións xa existentes:

ConxuGalego: Conxuga automaticamente verbos en galego. Introduce calquera verbo na lingua galega e descubre co Conxugador Galego como conxugalo en tódalas súas formas. ConxuGalego funciona con calquera verbo, mesmo os irregulares.

DiccionarioGalego:Busca no Dicionario Galego calquera termo, e descubre tódalas posibles acepcións da palabra. Se non atopa a palabra exacta pero si existe como posible raíz doutras, permite escoller entre as posibles coincidencias.
Software 100% feito en Galicia!

TradutorGalego: Co TradutorGalego podes traducir palabras e textos de ou ao galego. Traduce automaticamente do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa.

Pois agora xa non hai excusas para dicir que non sabemos algunha palabra en galego. Só temos que facer click e instalar as aplicacións.

Ligazón a AndroidMarket para TradutorGalego
Ligazón a AndroidMarket para ConxuGalego
Ligazón a AndroidMarket para DiccionarioGalego
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2012 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Comezamos
Hoxe comezamos unha nova andaina nas redes.
Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio Salesianos Divina Pastora de Lugo queremos ampliar a nosa labor educativa e dinamizadora da lingua galega con este blogue.
Neste novo espazo colgaremos todo tipo de actividades, traballos ou iniciativas relacionadas ca promoción do galego na nosa escola e na nosa cidade.
Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2011 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal