EDL Salesianos Lugo




O meu perfil
 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festas de Don Bosco

O martes 31 foi Don Bosco, o noso patrón.
Xoan Bosco naceu en 1815 e finou en 1888, polo que estamos a piques de celebrar o seu 200 aniversario.
Aproveitando o lema do curso, esta semana estamos deixando pegadas de paz con Don Bosco. Aínda que a maior pegada é a que deixou Xoan Bosco .A orde dos Salesianos conta con case 16.000 membros, 1.300 escolas e máis de 300 parroquias espalladas en 105 países.
Esta semana e a próxima temos tódolos festexos:
O martes tivemos unha celebración na Parroquia da Milagrosa. Tamén temos os festivais solidarios, onde parte dos alumnos deleitarán ós seus compañeiros e ás súas familias con actuacións teatrais e playbacks co fin de recadar fondos para unhas Casas de acollida rurais en Amparaes, Calca e Lares (Perú)
Os festivais son todos ás sete da tarde, se queredes asistir tedes que recoller a entrada en portería. O prezo é donativo voluntario, non hai cuantía fixa:
ESO: xoves 2
Ed. Infantil: Luns 6
2º A, 2º B e 3º B de E.P:Martes 7
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 02-02-2012 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Feliz Ano!
Logotipo de AndroidMoi feliz ano 2012 a todo o mundo!. Xa estamos por aquí de novo. No noso centro voltamos ao cole o luns da semana pasada con moitas ganas.
Seguramente os reis viñeron cargadiños de regalos, e como non, seguro que a alguén lle trouxeron un teléfono móbil de nova xeración, os chamados "smartphones". Pois ben, sabede que podemos galeguizar o noso aparello con tres aplicacións xa existentes:

ConxuGalego: Conxuga automaticamente verbos en galego. Introduce calquera verbo na lingua galega e descubre co Conxugador Galego como conxugalo en tódalas súas formas. ConxuGalego funciona con calquera verbo, mesmo os irregulares.

DiccionarioGalego:Busca no Dicionario Galego calquera termo, e descubre tódalas posibles acepcións da palabra. Se non atopa a palabra exacta pero si existe como posible raíz doutras, permite escoller entre as posibles coincidencias.
Software 100% feito en Galicia!

TradutorGalego: Co TradutorGalego podes traducir palabras e textos de ou ao galego. Traduce automaticamente do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa.

Pois agora xa non hai excusas para dicir que non sabemos algunha palabra en galego. Só temos que facer click e instalar as aplicacións.

Ligazón a AndroidMarket para TradutorGalego
Ligazón a AndroidMarket para ConxuGalego
Ligazón a AndroidMarket para DiccionarioGalego
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2012 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Nadal

Por fin chegou o Nadal. Estamos nunhas datas de ledicia, esperanza e paz. O Nadal é moito máis que vacacións, comidas familiares e regalos.
Seguto que todos estábades agardando que chegaran as vacacións, así que aproveitade ben estas dúas semanas e media de vacacións para chegar con moita forza ao novo ano.
O Equipo de Dinamización Lingüística do colexio Salesianos Divina Pastora de Lugo, quere desexarvos un Bo Nadal e un próspero ano 2012.
Se queredes visitiar o Belén colexial, pasádevos polo cole, merece moito a pena velo.
Visita dos Magos de Oriente
Festa de Nadal dos rapaces e rapazas do 1º ciclo
Comentarios (1) - Categoría: Tradicións - Publicado o 21-12-2011 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Costumes e tradicións do Nadal
Nos celtas existía o costume chamado "das Velas do Nadal". Esta era unha tradición que consistía en manter unha vela acesa en honor á deusa Nai Terra durante o solsticio de inverno, usando os restos da vela do ano anterior.
Debía arder durante doce horas para traer boa sorte. Coma orixe desa tradición xurdiu unha das tradicións máis antigas e de maior raigame en Galicia: o chamado "Cepo do Nadal".
Esta tradición foi moi común especialmente en Lugo y Pontevedra.
O "Cepo do Nadal" era unha cepa grande de madeira boa, de carballo xeralmente, que se botaba no lume da lareira para que ardese durante toda a noite. Nalgunhas comarcas tamén se usaba o chamado "Lume novo" (as brasas deste lume, facíanse nas lareiras das casas queimando toxo ou leña miúda, logo eran benditas o Sábado Santo no adro da igrexa. Gardábanse porque daba boa sorte á familia e acendíanse na noite de Nadal).
Á calor e á luz deste lume xuntábase a xente e cantaban panxoliñas, contaban historias da Santa Compaña, da Estadea, de mouros, serpes, encantos, contos de rir, etc mentres os nenos xogaban. Pensábase que ás animas da familia estaban presentes esa noite arredor do lume.
Este cepo do Nadal era moito máis que o alimento do lume dunha noite do ano. Os carbóns que facía non se guindaban, gardábanse nun curruncho da casa por teren propiedades máxicas. Cando tronaba, tanto nas treboadas de verán como no anaco de inverno que aínda quedaba por vir, collíase borralla do cepo de Nadal e botábase de novo á lareira, para que se fixesen ascuas novas e espantasen os tronos.
Comentarios (0) - Categoría: Tradicións - Publicado o 16-12-2011 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O Apalpador
Chegan as festas do Nadal, e en Galicia tamén temos as nosas propias costumes. Hoxe imos falar dunha delas que dende hai un par de anos está a recibir un forte pulo para seren recuperada. Trátase da figura do "Apalpador", unha personaxe típica da zona do Courel. Trátase dun carboeiro que tódalas noiteboas entraba nas casas e apalpaba as barrigas dos nenos e nenas, e se vía que a tiñan algo baleira, dáballes un bico na meixela e deixáballes unha presada de castañas para que a enchesen.
Tamén de vez en cando deixaba algún xoguete, pero sempre feito a man, de madeira ou de barro. Feitos con moito cariño e, por suposto, respectuosos co medio ambiente.
Pois xa sabedes, este ano cando vaiades para a cama trala cea de noiteboa, deixade algunha pequena larpeiradea por se o Apalpador entrase na vosa casa!
Comentarios (0) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 12-12-2011 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Acórdate da muralla
Muralla romana deLugoHai 11 anos, un 30 de novembro a UNESCO designou a muralla romana da nosa cidade de Lugo como Patrimonio da Humanidade. Moito ten chovido dende aquela. Mutitude de proxectos, actividades e un certo pulo turístico son o legado destes anos, e agardamos que se logren outros moitos nos vindeiros.
Para celebrar o aniversario de tan feliz acontecemento, o Concello de Lugo acaba de anunciar unha serie de actos que terán lugar do día 28 ata o 30 de novembro os cales, baixo o lema "Acórdate da Muralla", englobarán actividades tan diversas coma a charla do historiador Adolfo de Abel Vilela sobre «Lucus Augusti e a importancia militar da Muralla», e outra do arqueólogo Enrique Alcorta titulada «Muralla, Monumento, Moenia» o día 28; unha xornada de portas abertas nos museos da cidade o día 30 con reparto de libros incluído e a actividade estrela: os ciclistas galegos Ezequiel Mosquera e Gustavo César Veloso conducirán dous extremos dunha corda coa que o Concello de Lugo pretende rodear o monumento, coa axuda dos propios cidadáns. Cando os dous extremos da corda se xunten, dispararanse once bombas de palenque e dará comezo a festa popular, con repartición gratuíta de castañas asadas en cada unha das portas da muralla e varios concertos en directo en distintos escenarios do centro histórico.
Así que animádevos e participade, que un monumento do tamaño e idade da nosa muralla ben o merece!
Ligazón á nova na Voz
Ligazón á nova no Progreso
Ligazón á web oficial da celebración
Comentarios (2) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 22-11-2011 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Magosto Escolar
Esta semana os alumnos e mestres de infantil e primaria celebramos un pequeno magosto no patio do colexio. Cada rapaz trouxo unha chea de castañas e Rubén, o noso castañeiro particular, encargouse de facer unha boa fogata e asar un pouquiño as castañas.
Queremos agradecer a tódalas familias e a todo o claustro por colaborar un ano máis nesta actividade.
Deixamos as ligazóns á galería de fotos da web do colexio para que poidades ver algunhas fotos desta festa.
Galería de fotos do Magosto de 1º Ciclo na web do colexio
Galería de fotos do Magosto de infantil na web do colexio
Comentarios (2) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 16-11-2011 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Samaín
Samaín pola muralla de LugoA pesares de que a data xa pasou, parécenos interesante falar desta festividade celta coa que se conmemoraba a fin do verán e a chegada do inverno. Dende hai uns anos estase a facer un grande esforzo en toda Galicia por recuperala, e de feito non hai cidade nin pobo que este ano non celebrase algún acto especial. Por exemplo, na nosa cidade tivemos unha comitiva de persoas con cabazas pola muralla na noite do Samaín.
Tamén os colexios tratamos de recuperar a festividade, principalmente facendo actividades con cabazas, e como mostra dalgúns traballos feitos, deixámosvos aquí uns enlaces con vídeos tanto do IES Portovello de Ourense coma do CEIP Mestre Goldar de Vigo.
Samaín no CEIP Mestre Goldar de Vigo
Samaín no IES Portovello de Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 14-11-2011 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O Magosto
O Magosto é unha festa tradicional galega na que o lume e as castañas xogan un papel fundamental.
Para atopar a súa orixe temos que viaxar moitísimos séculos atrás ata a época dos celtas.
Na actualidade esta festa cobra máis importancia na provincia de Ourense, e sobre todo na cidade das Burgas, onde hoxe (11 de novembro), coincidindo con San Martiño patrón da cidade, celebran o día grande do Magosto. Na cidade de Ourense, hoxe e mañá multitude de familias e grupos de amigos soben a Monteledo a celebrar esta festa tradicional. Faise unha fogata, ásanse uns chourizos e unhas castañas e pasan o día gozando nun ambiente de ledicia e amizade.
En Lugo non temos esta tradición tan marcada, pero celebramos de xeito moi similar esta festa. Na escola levamos toda a semana facendo obradoiros relacionados co Magosto e, principalmente, sobre a castaña. E a vindeira semana celebraremos a festa cunha degustación de castañas no patio.
Historia
Orixes do Magosto
O Magosto segundo El País
Comentarios (2) - Categoría: Festas galegas - Publicado o 11-11-2011 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Música galega

Hoxe temos unha recomendación para todo o mundo. Un cantante que, a pesares da súa xuventude, demostra ter un grande talento tanto para cantar como para compoñer as súas propias cancións. Estamos a falar de Roi Casal, que xa ten uns cantos discos editados en lingua galega. Merece a pena escoitalo, e para iso, deixámosvos aquí un enlace a unha das súas cancións mais fermosas.
Roi Casal - Ninfa das frescas augas
Ligazón á web de Roi Casal
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 11-11-2011 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
© by Abertal