EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A ESCOLA: UNHA MIRADA CARA ATRÁS
Coa colaboración de moitas familias do centro, dos profesores, con material do propio centro e con outro que nos prestou o CEIP de Esteiro preparamos unha exposición, que supón unha ollada para atrás nas nosas aulas.

Os nosos alumnos poderán descubrir libros, mapas, material audiovisual, material de laboratorio, xoguetes, obxectos varios... que agora non están nas aulas porque foron suplidos por outros máis modernos.

Os pais e avós poderán recordar os seus tempos na escola a través das fotos, debuxos, libros, boletíns de notas, traballos de labores, manualidades... que entre todos, e con moito agarimo, recompilamos.

ESTADES TODOS E TODAS INVITADOS A VISITALA.
Comentarios (1) - Categoría: Cousiñas do noso colexio - Publicado o 17-05-2011 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
90. Problemático accidente
Supoñamos que un avión do vo regular que cubre o traxecto Paris – Madrid empeza a perder altura no sur de Francia e estrellase xusto na liña fronteiriza entre España e Francia, sen que se poida dicir se está nun país ou noutro. Nesta situación onde deberán ser enterrados os supervivintes?

SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 06-05-2011 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.