EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS PROTAGONISTAS DO CONTO


Algúns de vós
queríades coñecer
aos protagonistas
do noso conto. Por
iso poñemos aquí
unha das ilustracións.


Son Pinulo e a súa
noiva, a bruxa piruxa.
Están na exposición
do Samaín.
Comentarios (20) - Categoría: Cousiñas do noso colexio - Publicado o 24-04-2009 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
A VIAXE DUNHA CABAZA
Este conto narra a historia dunha cabaza que vivía no campo entre o millo e chega ao colexio Ibáñez Martín. Alí participará nunha exposición de cabazas, xa que os nenos están a celebrar o Samaín. Pero ten moita sorte porque na exposición atopará unha fermosa cabaza, unha bruxa piruxa, da que se vai namorar...

O conto está á túa disposición na biblioteca do cole. Anímate a lelo e verás como che gusta.

Comentarios (20) - Categoría: Cousiñas do noso colexio - Publicado o 18-04-2009 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Día internacional do Libro infantil e xuvenil
Celébrase o día 2 de abril para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen, o escritor de coñecidos contos infantís como "O parruliño feo", " O soldiño de chumbo" " O reiseñor" " A princesa e o chícharo" ...

No cole preparamos, na biblioteca, unha exposición con algúns dos seus contos e ademais aproveitamos para presentar dúas novidades feitas por nenos e nenas do cole.

A primeira, o "LIBRO DO MEDO" unha recolleita de historias de medo que xa elaboraramos polo Samaín.

A segunda, o conto "A VIAXE DUNHA CABAZA" que escribiron os nenos e nenas de segundo.

Comentarios (0) - Categoría: Cousiñas do noso colexio - Publicado o 18-04-2009 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.