EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PREMIOS CONTOS DE MEDO:
O MISTERIO DO CEMITERIO EMBRUXADO

Hai moitísimos anos había un pobo pequeno e gobernado por un malvado rei chamado Pablo, este tiña unha filla moi boa, chamada Antía.
Un día toda a xente do pobo protestou contra el. O rei estaba tan furioso que decidiu facer un cemiterio embruxado que arrodease todo o pobo.
Unhas rapazas chamadas Bea, Ana, Duna, Nadia e Yanira ían ir ao cemiterio. No cemiterio viron tumbas escachadas e árbores vellas. Entón dixo Duna:
- Imos separarnos.
Ana e Nadia non estaban moi seguras, pero Bea dixo:
- Tranquilas, imos intentalo.
Yanira e Bea encontraron unha cova, foron investigar e… de repente escoitaron unha voz:
- Volve comigo, volve comigo.
Bea e Yanira sairon correndo. Logo, Nadia como era máis Valente quixo ir soa. No medio do bosque encontrou unha caveira moi grande que dixo:
- Morreredes todos!
Nadia saiu correndo.
Duna e Ana encontraron un rapaz. Ana preguntoulle:
- Ola, sabes onde vive o rei?
De repente ao rapaz puxéronselle os ollos vermellos, xirou a cabeza e dixo:
- Non o sei, non o sei!
Ana e Duna correron ata máis non poder. Máis tarde encontráronse todas e dixeron Bea e Yanira:
- Estase facendo noite. Millor será que encendamos o lume, collamos algunas provisións e saquemos o saco de durmir.
De repente escoitaron unha risa así:
- Ji ji ji ji ja ja ja! – e a continuación xurdiron unha bruxa cos ollos avermellados e un vampiro cos colmillos cheos de sangue.
Bea, Duna, Nadia e Yanira berraron:
- Aaaa, a correr – dixo Nadia.
Cando se deron conta estaban nunha cabana pero elas non sabían que alí vivía a Fada da Escuridade. A fada viunas e dixo:
- Um, que ben ulides!
Pero de súpeto apareceu a filla do rei e a fada cesou. Antía díxolles:
- O meu pai vive aló do deserto do cemiterio.
Bea, Duna, Nadia, Ana e Yanira, por fin, chegaron ao castelo. Había un labirinto xigante e adivirtíronse. Tania e Ana atoparon a cociña e aproveitaron para comer. Logo Bea e Nadia deron co soto, atoparon dous baúles vermellos, abriron un e dalí sairon morcegos comendo a unha persoa. Logo abriu Bea o outro e apareceron polo menos unas cincuenta ratas vermellas.
Nadia e Bea tiñan moito medo do soto.
Despois Duna, por fin, encontrou o cuarto do rei, pero tiña as portas pechadas. Bea preguntou:
- Que está pasando aquí?
De súpeto apareceu o rei que as quería matar, pero Ana colleu un martelo e golpeouno.
Ana déralle tan forte que o matou, logo veu Antía e fixéronse moi amigas.
Encima do cemiterio fixeron un parque, pero aí debaixo segue o rei cos seun monstros, e seguro que volverán.
FIN
Yanira Aneiros Romero
3º A
CEIP RECIMIL
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 02-03-2012 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS CONTOS DE MEDO:
O MORCEGO ASASINO

Un día de outono vimos un morcego no monte cando íamos de excursión a buscar castañas.
Estabamos xogando ao trombo e de súpeto apareceu un moucho que nos dixo:
- Tede coidado que hai un morcego asasino.

Os nenos non lle fixeron caso ao moucho. Entón empezou a chover e todos foron a unha cova. E alí vivía o morcego. Os nenos escoitaron:

“NON TEÑADES MEDO, EU SON UN MORCEGO BO!”
Os nenos empezaron a berrar:
- “ Socorrooooo!” Aquí vive o morcego do que nos falou o moucho.

Entón o morcego dixo:
- O que dixo sobre min é mentira! Eu só quero que sexades os meus amigos.

Pero cando os nenos estaban agochados xogando con el, o morcego mordeulles no pescozo a todos.
E todos se converteron en zombis e ti que estás lendo tamén te vas converter en zombis.
A partir dese momento, todos os nenos e nenas que escoiten este conto se converteran en zombis- dixo o morcego.

CLASE DE 2º D CEP VENTÍN
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 02-03-2012 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS CONTOS DE MEDO:
A PERSECUCIÓN CIBERNÉTICA

Un día uns científicos estaban traballando nun invento cun ordenador. Cando finalizaron, probárono, pero o ordenador e o invento se sobrecargaron e de pronto saiu un monstro do ordenador. Os científicos intentaron atrapalo pero o monstro escapou e foise a unha cafetería. Na cafetería todos tiñan moito medo. Cando o monstro terminou de destruir toda a cafetería todos se foron correndo menos un, ao que o monstro atrapou. Intentou escapar pero era imposible. O monstro matouno.
Ao día seguinte correuse a voz daquel monstro. O máis normal era que os miedicas chamasen á policía e a detectives e algúns chamaron a detectives moi famosos. Entre todos ían resolver o caso. Prepararon unha trampa: dous policías eran o cebo, levárono ata a trampa e todos estaban disfrazados de arbustos. O monstro caeu na trampa. Atrapárono e devolverono ao ordenador.


IAGO RODRÍGUEZ CARRACEDO
3ºB CEIP RECIMIL
Comentarios (2) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 02-03-2012 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS CONTOS DE MEDO:
O SACAÚNTOS ASUSTANENOS

Un día a medianoite o Sacaúntos foi asustar aos nenos. Achegouse máis e máis ata que ¡Uuuuu! E os nenos sairon correndo pero o sacaúntos atrapounos e quitoulles a graxa do bandullo e despois foi buscar máis e máis para que se quedaran esqueléticos e ao final atrapou catro máis e quedaron todos os amigos esqueléticos.


ALEJANDRO VIZOSO 1º B CEIP RECIMIL
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 02-03-2012 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS CONTOS DE MEDO:
TRATO MORTAL
Un día unha velliña foi levar unas flores á tumba da súa filla que estaba no cemiterio e atopou a un home que lle resultaba coñecido. Entón a vella preguntoulle:
- Quen é vostede? Creo coñecelo.
Daquela o home desapareceu.
Ao día seguinte, cando foi coller o bus para visitar a unha amiga case a atropela o bus. Cando chegou á casa da súa amiga o teito afundiuse e case as aplasta. Parecía que a morte as perseguía.
Cando volveu á casa oiu unha musiquiña… Era a caixa de bailarina preferida da súa filla. A velliña toda asustada correu á súa habitación… De súpeto as alarmas da casa comezaron a soar. Como non sabía que facer gritou:
- Hai alguén aí?
Unha voz misteriosa respondeu:
- Si, e non te preocupes que pronto saberás que son.
Entón escoitouse.
- Bum!
E esa cousa misteriosa foise.
A vella saiu da súa habitación e foi ao salón a ver se lle roubaran as cousas de valor que tiña, pero sorprendeuse porque todo estaba no seu sitio. Agora decatárase de que non era unha persoa a que a perseguía.
Ao día seguinte a vella chamou á súa amiga para pedirle consello, pero cando colleron o teléfono oiuse unha voz que dicía:
- A seguinte es ti! Ja, ja, ja!
Entón colgaron. A vella saiu á farmacia para pedir un calmante xa que todo podía ser imaxinación súa. Cando ía abrir a porta para saír da farmacia o mesmo home que atopara no cemiterio deulle unha carta. De camino á casa a velliña abriu a carta. Dentro poñía:
- Quérote ver no cemiterio ás doce da noite para ofrecerche un trato. Se non vés ti e todas as persoas que queres e coñeces morrerán.
A vella intentou buscar ao home que lle dera a carta para facerlle unas preguntas, pero non o atopou. Ás doce menos cuarto a vella saíu da súa casa para chegar puntual. Ás doce en punto chegou o home rodeado de moitas persoas vestidas de negro. A vella preguntoulle:
- Que queres?
Entón as persoas vestidas de negro convertéronse en … espíritos! Que dicían:
- Vas morrer, vas morrer…
A vella saiu correndo pero debido á súa avanzada idade o que se di correr non corría, máis ben andaba. Cando os espíritos a rodearon o home tamén se convertiu nun espírito e o espírito díxolle que se superaba unas probas lle outorgaría un desexo a cambio da súa vida, e que se se negaba ou non superaba todas as probas toda a xente do mundo morrería. A vella aceptou.
A primeira proba consistía en atravesar un río de lava por unha ponte na que se pisaban a táboa incorrecta afundíase.
A vella empezou ben pero… a falta de cinco táboas pisou unha táboa incorrecta pero en vez de afundirse a táboa a ponte descolgouse pola parte que comezara a proba; ela atemorizada intentou escalar ata o cumio,e… conseguiuno!
Xa estaba na segunda proba, ainda que tiña moitas feridas no corpo. A segunda proba consistía en adiviñar un acertixo:
- No teu corpo está mais ti non a ves, se atopas un espírito xa non a tes.
A vella nerviosa respondeu:
- É a alma!
E acertou. A vella pasaba á terceira proba. A terceira proba consistía en elixir unha das tres portas que apareceran de súpeto. A primeira era escura e gris, a segunda era colorida e bonita, e a terceira era de cristal. A vella elexiu a terceira, e fíxoo porque cada unha das portas representaba un futuro malo ou bo pero ela pensaba que cada un elixe o seu futuro, e a de cristal non tiña ningún futuro, fixo se non unha oportunidade de decisión, e entón a vella acertou!
De súpeto apareceu o espírito e díxolle:
- Cal é o teu desexo?
Daquela a vella respondeu:
- Que a miña filla volva á vida e sexa feliz.
Entón o espírito arrincoulle a alma á vella e devolveu á vida á súa filla.
FIN
Daniel Yánez 5º A
CEIP RECIMIL
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 02-03-2012 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.