EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PREMIOS CONTOS DE MEDO:
Sabela, igual cas demais habitantes da vila, sabía da existencia de Hermitas, unha vella tola que segundo algúns dos máis vellos do lugar debía ter polo menos uns cen anos.

Non lle gustaba saír da casa, e sempre estaba na fiestra ou na porta dende onde lle berraba ás persoas que pasaban. Ninguén lle facía caso e ninguén entendía o que dicía.

Para todos estaba tola e o único que se podía facer con ela era ignorala.

Por todo isto, Sabela quedou totalmente paralizada cando un día, mentres recollía cogomelos no monte para os seus pais, de súpeto e sen oíla chegar aparecéuselle diante coma se dunha pantasma se tratara e díxolle:
- Nena, neniña, algo terrible che vai pasar, a ti e aos teus amigos. Corredes perigo, fuxide, fuxide mentres poidades.
Sabela, que nese intre case morre do susto, pechou fortemente os ollos e cando os volveu a abrir a vella xa non estaba.

Cando Sabela voltou á casa, non se atreveu a contarlle nada aos seus pais porque ata ela dubidaba que fora certo.
Sen embargo, necesitaba contarlle a alguén o que lle pasara, por iso, quedou cos seus amigos na praza da vila e alí se reuniron.

María e Fabio tomárona a broma, pero Belén, Nico e Ana estaban moi asustados e pensaban que debían falar coa vella para que lles explicara que era o que lles ía pasar. Como non se daban posto de acordo, decidiron marchar para a casa e quedar ao día seguinte para tomar unha decisión.
Na casa de Sabela aínda durmían todos cando soou o teléfono. Todos espertaron sobresaltados e cando o seu pai rematou de falar e colgou explicoulles que Ana desaparecera.
Parece ser que onte se deitou, como facía cada noite –dixo o seu pai- , pero de madrugada os seus pais oíron un ruído e cando foron mirar Ana xa non estaba.
Pasaron os días coas súas noites e Ana seguía sen aparecer. Sabela e os seus amigos estaban tremendamente asustados, querían falar coa vella, pero non se atrevían.
Unhas semanas despois, aínda moi tristes pola desaparición de Ana, Sabela e os seus amigos foron ata o lago a xogar coa pelota. Os seus pais tíñanllelo prohibido, pero eles pensaron que se ían xuntos, nada lles podía pasar.
Cando empezou a escurecer decidiron marchar para a casa, pero a medio camiño, Fabio deuse conta de que lle faltaba o abrigo e tivo que voltar ao lago a recollelo. Os demais pensaron que o mellor sería esperalo alí. Pasaron uns dez minutos e comezaron a preocuparse: esperaron e esperaron, pero Flavio non volvía.
Despois dun bo rato decidiron volver a buscalo, pero cando chegaron ao lago o abrigo de Fabio seguía alí, pero Fabio non estaba. Mortos de medo regresaron á vila a pedir axuda. Formaron grupos de veciños para buscar ao neno xunto coa policía, pero como no caso de Ana, pasaron os días coas súas noites e Fabio non aparecía.
Os pesadelos de Sabela cada vez eran peores. Pola noite apenas durmía e o mesmo lle ocorría aos seus amigos. Na vila a xente non falaba doutra cousa. Os máis vellos dicían que era cousa do demo, e que na súa vida viran cousa semellante.
Isto non rematou aquí. Un día na escola, María saíu da clase para ir ao baño e xa non voltou. A mestra ao principio pensou que era unha trastada da nena e que estaría xogando no patio, pero despois de buscala por todo o colexio e non aparecer, todos comezaron a asustarse.
Era o terceiro neno desaparecido e Sabela sabía que iso non ía rematar aí. A seguinte podía ser calquera.
De camiño á casa, pasou fronte á casa da vella tola e chamou á porta. A vella abriulle e sen deixala falar díxolle:
-¿Que fas aquí?Tés que marchar, aínda podes axudalos, pero tes que marchar. Eu xa non teño tempo, xa non podo axudarche, e coa mesma pechou a porta.
Cando Sabela marchaba, a vella díxolle de novo:
-Algo terrible pasou hai uns dez anos, que o volveu tolo.
-Vai á biblioteca e busca, eu xa non podo facer máis.
Sabela chegou á casa chorando e tremendo de medo. Non aguantou máis e contoulles todo ós seus pais. A sorpresa foi grande cando o seu pai lle dixo:
-Deixa de dicir parvadas. A vella agoreira morreu onte sobre as once da noite, non creo que estando morta puidera falar contigo hai uns minutos.
Esa noite non puido durmir. Ao día seguinte quedou ben cediño cos demais na biblioteca e buscaron durante case unha hora nos xornais vellos algo que lles puidera axudar. Despois de moito buscar, por fin o encontraron. Facía dez anos que o fillo do doutor morrera afogado no lago. Fora unha verdadeira traxedia porque aparecera afogado o día do Samaín diante da súa propia casa e nunca se soubo o que pasara realmente. Algúns dicían que fora o propio doutor quen matara ao seu fillo. Outros pensaban que fora unha broma que os demais nenos lle gastaran e que a cousa acabara mal.
Decidiron que o mellor sería ir á casa do doutor, pero tiñan que buscar a maneira de entrar sen que ninguén os vira. Atoparon unha ventá un pouco aberta e a forzaron para poder entrar. Todo estaba moi escuro e sucio. Os mobles eran moi vellos e a madeira facía ruído con cada pisada. Comezaron a mirar por todos os sitios, mortos de medo. Entón oíron un forte golpe. Era a porta da casa. A través da fiestra viron como o doutor marchara no seu coche. Máis relaxados seguiron buscando e ao final dunhas estreitas escaleiras atoparon unha pequena habitación chea de botes e doutras cousas, que parecía un hospital.
No fondo había tres gaiolas onde estaban Fabio, María e Ana. Despois de varios intentos conseguiron abrir as gaiolas e fuxiron todos xuntos da casa.
Cando chegaron á vila, os adultos non crían o que pasara. Fabio, María e Ana contaron que o doutor quería facer a partir doutros nenos ao seu fillo. Necesitaba uns ollos azuis coma os de María, unha boca grande coma a de Fabio, unha pel morena coma a de ana, é dicir, un pequeno Frankestein.
Ao final todo saíu ben, a policía rexistrou a casa do doutor e Sabela e os seus amigos puideron celebrar xuntos a noite do Samaín grazas á vella agoreira.
Ah! Por certo, o doutor non estaba na casa. Onde está o doutor?

JA, JA, JA, JA
FIN?
Paula Mejide e Yarishel
CEP Ventín
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 27-02-2012 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS CONTOS DE MEDO:
O SACAÚNTOS

O Sacaúntos vivía nun bosque tenebroso. Todos os anos, o 31 de outubro se celebraba unha festa que se chamaba Samaín e sempre o Sacaúntos aparecía de repente na festa para coller algúns nenos ou nenas e metelos no seu saco.

Este ano os nenos e nenas disfrazáronse de zombis e cando apareceu o Sacaúntos déranlle tal susto que nunca máis se soubo del.

CEIP VENTÍN
2ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 27-02-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS CONTOS DE MEDO:
O SACAÚNTOS

O sacaúntos andaba polos camiños e encontrouse cunha nena. Meteuna no seu saco e levouna á súa guarida. Quitoulle toda a graxa e deixouna nos ósos.

DAYANA PIÑEIRO 1ºA CEIP RECIMIL
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 27-02-2012 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Xogando co Entroido
Aqui tes tres xogos cos TROTEIROS como protagonistas.
Xogo 1: Adiviña de quen se trata
Xogo 2: Coñecemos aos troteiros
Xogo 3: Comproba canto sabes sobre os troteiros
Comentarios (0) - Categoría: Entroido - Publicado o 18-02-2012 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO 2012: A TROTEIRA
XA CHEGA O ENTROIDO!!!!

ESTE ANO ESTÁ CON NÓS UNHA TROTEIRA DE BANDE (OURENSE).
VEN COÑECELA!!
Comentarios (1) - Categoría: Festas e tradicións galegas - Publicado o 12-02-2012 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
124. Palabras curiosas.
Que palabra contén seis veces a letra o?



SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 05-02-2012 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
123. Unha de animais
Cantos animais teño na miña corte se todos son gatos menos dous, todos son cans menos dous e todos son cabalos menos dous?

SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 05-02-2012 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
122. Problema xeográfico
Que hai no centro de Ávila?


SOLUCIONADO
Comentarios (3) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 05-02-2012 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
121. Tiro con arco.
Nunha diana temos as seguintes puntuacións: 40, 39, 24, 23, 17 e 16.
Cantas frechas fan falta para facer xusto cen puntos na citada diana?


SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 05-02-2012 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
120. Os invitados á festa de cumpreanos...
A miña irmá Adriana e eu, que son Laura, celebramos a nosa festa de cumpreanos o mesmo día: o 25 de xullo. Adriana levou o dobre de invitados que eu, pero é que a terceira parte dos seus invitados eran os nosos 6 curmáns.
¿A cantas persoas invitamos á nosa festa de cumpreanos?


SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 05-02-2012 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.