EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xogamos co Entroido
peliqueiroPreme aquí para xogar.
Comentarios (6) - Categoría: Entroido - Publicado o 28-02-2011 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
XA CHEGA O ENTROIDO E CON EL O NOSO PELIQUEIRO!
O meco deste curso (xa imos polo terceiro) vai disfrazado de PELIQUEIRO, que é o personaxe de Entroido típico Laza.
A carauta é de madeira, pintada de cor carne, bigote e cellas negras; meixelas e beizos vermellos e dentes brancos.
Na parte superior leva unha mitra de lata de lata ou aluminio sobre a que se pintan motivos de animais reais, astros, flores, figuras xeométricas...Pola parte de atrás deste gorro vai unha pelica de animal (can, gato montes, raposo ou lobo). Desta pelica venlle o nome de peliqueiro.
Os peliqueiros levan: camisa branca, calzón branco con encaixes de fío branco e pompóns brancos e de cores, gravata e chaqueta curta con tres tiras de cores coas que se farán lazos sobre a gravata e un pano sobre a chaquetiña prendido con broches. Outro elemento importante é a faixa de seda sobre a que vai un cinto ancho de coiro . Para completar o traxe están as medias brancas, a liga e os zapatos negros.
Os peliqueiros camiñan pola rúa a pequenos saltos facendo soar as chocas. Non poden falar á xente e se esta lles toca, responden co látego. Se pillan a alguén, deberá invitalos.
Comentarios (0) - Categoría: Entroido - Publicado o 25-02-2011 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
81. Galiñas e ovos
Unha galiña pon dous ovos en tres días. ¿Cantos días se necesitan para que catro galiñas poñan dúas ducias de ovos?

SOLUCIONADO
Comentarios (5) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 18-02-2011 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
80. Medición dunha árbore
O tronco dunha árbore mide 20 metros máis que a metade da súa altura. ¿Canto mide en total?


SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 18-02-2011 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
79. Enigma gramatical
¿Como se escribe, "durmindo ou dormindo"?

SOLUCIONADO
Comentarios (5) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 18-02-2011 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
78. Coas cifras do cero ata o nove
Atopamos un número de dez cifras, todas elas diferentes, que cando o multiplicas por 2 resulta outro número de dez cifras que volve ter todas as cifras diferentes. Serías quen de descubrir de que número se trata?
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 13-02-2011 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
77. A hora
Que hora é cando faltan 90 minutos para a unha?


SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 13-02-2011 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
76. De que obxecto se trata?
Moi interesante, froito da árbore é.

CATEGORÍA: FÁCIL

Unha vez resolto este enigma visual poñeremos a foto completa en FOTOBLOGOTECA - ENIGMAS.

SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 11-02-2011 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
75. De que obxecto se trata?
Ante un instrumento de medida,
ti estás.

CATEGORÍA: FÁCIL

Unha vez resolto este enigma visual poñeremos a foto completa en FOTOBLOGOTECA - ENIGMAS.

Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 11-02-2011 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
74. En dous dados.
Cantos puntos hai en total nun par de dados?

SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 11-02-2011 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.