EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

116. Unha de ratos
O tipo de rato máis común ten 12 crías cada vez. Esas crías poden ter outra vez crías aos 2 meses.
Se levo unha ratiña dese tipo, cantos ratiños terei en 10 meses?

SOLUCIONADO
Comentarios (5) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 30-12-2011 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
115. Outra máis para adiviñar
Á noite é un vulto
reloce co sol,
bebe auga da chuvia
escoita ao reiseñor,
rósmalle ao vento
e ás veces ten flor.
Quen é?

Enviada por Alejandro Gabarre Salazar de 4ºA
Comentarios (1) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 30-12-2011 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
114. Unha adiviña aquí quixo estar
Teño coroa sen ser rei,
teño raíz sen ser planta
e se non me coidas ben
moito dano che podo facer.
Quen son?

Enviada por Sabela Deibe Vizoso de 4ºA


SOLUCIONADO
Comentarios (4) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 30-12-2011 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
113. As prazas do autobús.
Nun autobús de 54 prazas, por cada asiento que vai libre hai dous que van ocupados.
Cantas persoas viaxan no autobús?

SOLUCIONADO
Comentarios (3) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 29-12-2011 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
112. As raparigas van de viaxe.
Fátima, Fani, Lucía e Claudia son catro compañeiras de clase. Este verán cada unha delas viaxará a unha capital europea. Fani vai facer unha viaxe máis barata que a de Lucía. Fátima gastará menos que Claudia, pero máis que Lucía. A que cidade irá cada unha?

Observa ben os prezos antes de responder.
Londres: 900 euros.
Roma:. 750 euros.
Paris: 500 euros
Lisboa : 400 euros

SOLUCIONADO
Comentarios (4) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 17-12-2011 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
111. Unha de libros
O libro de Lingua ten máis páxinas que o libro de Música e tamén ten máis que o libro de Inglés. O libro de Matemáticas ten máis páxinas que o de Inglés, pero menos que o de Música. Con estes datos podes dicirme cal é o libro que ten menos páxinas e cal é o que ten máis?

SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 17-12-2011 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
110. Cousa curiosa
Que se pon sobre a mesa, córtase, repártese e non se come?


SOLUCIONADO
Comentarios (4) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 11-12-2011 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
109. As catro saídas
Iago está nunha illa que só ten catro saídas. Nunha delas hai dous tigres vixiando. Noutra hai tres panteiras furiosas. Na terceira está un leopardo e na cuarta hai leóns mortos de fame.

Por cal delas sairá Iago?

SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 11-12-2011 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
108. Federico e as súas fotos
Federico xa colocou as súas catro primeiras fotografías no seu album. A foto da súa viaxe a Ourense vai inmediatamente detrás da foto da súa familia. A foto do Magosto vai diante da do seu viaxe a Ourense. E finalmente direivos que a foto do seu can non é a primeira nen a última.
Que foto é a primeira, cal a segunda, a terceira e a cuarta?

SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 10-12-2011 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
107. Un número curioso
Que número se lle quitas a metade é igual a cero?


SOLUCIONADO
Comentarios (5) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 10-12-2011 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.