EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

57. De que obxecto se trata?
Parece campo, pero non é;
mais no campo ti o podes ver.

CATEGORÍA: DIFÍCIL

Unha vez resolto este enigma visual poñeremos a foto completa en FOTOBLOGOTECA - ENIGMAS.

SOLUCIONADO
Comentarios (7) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 24-12-2010 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
56. De que obxecto se trata?
Dan, dan,
dan, dan.
Todas elas soarán.

CATEGORÍA: MOI FÁCIL

Unha vez resolto este enigma visual poñeremos a foto completa en FOTOBLOGOTECA - ENIGMAS.

SOLUCIONADO
Comentarios (3) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 24-12-2010 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
55. De que obxecto se trata?
Vermellas ou douradas
redondas elas son.

CATEGORÍA: MOI DIFÍCIL

Unha vez resolto este enigma visual poñeremos a foto completa en FOTOBLOGOTECA - ENIGMAS.

Comentarios (3) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 24-12-2010 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
O MISTERIO DO COLECCIONISTA DE CRÁNEOS
Nunha vila de Inglaterra vivía unha familia formada por o pai, Jonson, alto e fraco, a nai, Laida, baixa e fraca, o fillo, Michael, alto e groso e a filla, Eve, alta e delgada. Preto da vila había unha cidade na que vivía Jackson, un amigo da familia. Jackson era drogadicto, fumaba e tomaba bebidas alcohólicas.
Unha noite Jackson foi buscar a Michael e a Eve no seu coche, para dar un paseo. Chegou ás nove. Un veciño que escoitou o ruído asomouse á ventá e veu a Michael e a Eve subindo ao coche de Jackson.
Cando chegaron a unha ponte, sacou a pistola e disparoulle dous tiros na cabeza ao rapaz, despois tirouno ao río. Mentres a rapaza empezou a correr e a berrar:
- Socorro!
Ninguén a escoitou pois estaba nun bosque xigante. Nun instante Jackson alcanzouna e disparoulle na espalda e despois na cabeza. Eve morreu. Despois cortoulle a cabeza e levouna á súa casa.
Ao día seguinte os pais chamaron á policía e denunciaron a súa desaparición. A policía atopou a Michael na beira do río e a Eve no bosque, sen cabeza.
Os veciños estaban moi tristes pola morte dos rapaces. Un deles díxolle á policía que el vira subir aos nenos ao coche de Jackson e que foran cara ao bosque.
Un día un veciño cazador atopou no bosque unha caixa con moitos cranios de cans e gatos e unha carta que poñía:
“Gústame Eve, pero non sei cando a matarei”. Jackson
A policía entrou na casa de Jackson e atopou nun moble 68 cráneos de cans, 49 de gatos e o cranio de Eve. Detivérono no aeroporto cando intentaba fuxir a Holanda.
Ao final, no xuízo, condenárono a pena de morte e matárono o 25 de xullo de 2001. E colorín colorado este conto de medo rematou.

Junyú Zhou
6º B
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 21-12-2010 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
PIRATA
A miña maior ilusión, dende sempre, era ter unha mascota, Por iso o día que me regalaron a Pirata pensei que era o día máis feliz da miña vida. Pirata era un gatiño que semellaba bola de branco algodón, tan suave coma o terciopelo, cunha mancha negra ao redor dun dos seus preciosos ollos azuis, que semellaba o parche dun temerario pirata. E claro, chameille Pirata! O da mancha no ollo non é corrente nun gato, polo que dende o primeiro momento, souben que Pirata saía especial. Ninguén me cría cando eu contaba que Pirata entendía todo o que lle dicía. Cando perdía algunha cousa e pensaba en voz alta:
- Onde poñería iso?
E de súpeto, Pirata aparecía sentado ao lado da cousa que eu estivera buscando. Pera esta estraña habilidade súa, tan só a demostraba estando a soas comigo. Xa podía berrarlle ou enfadarme o que quixera, que diante de outros comportábase coma un gatiño normal.
Co paso do tempo Pirata fíxose todo un “gatazo”, e paseábase pola casa coma se fose un rei.
Aquela tarde, mamá enfadouse comigo e mandoume ao meu cuarto. Eu entrei na miña habitación feita unha furia, chorando de rabia e dicindo o inxusta que fora mamá. Tireime na cama e collín a Pirata en brazos. Mentres choraba, apertaba ao gato contra o meu peito e acariciaba o seu suave peliño, no que se me afundían as temblorosas mans mentres dicía que mamá era moi mala, suplicaba non ter que vela máis, era unha bruxa que non me quería e eu tampouco a ela. Mentres choraba Pirata escapouse dos meus brazos, lameume as meixelas e saltou da cama saíndo por unha rella da porta entreaberta.
Como dixen antes o gato andaba ás súas anchas pola casa así que non me estrañou que se fora. Eu, tragándome as bagoas, puxen os cascos e comecei a escoltar música ao volume máis alto. Así pasei toda a tarde, ata que o anaco de ceo que se vía pola miña ventá, volveuse negro e comezaron a saír as primeiras estrelas. Eu aínda estaba furiosa con mamá, pero tiña fame, polo que baixei á cociña. Cando abrín a porta a escena petrificoume: miña nai estaba tirada no chan nunha estraña postura, pálida coma a cera, nun charco de sangue. Os seus brazos estaban cubertos de arañazos e no seu pescozo aparecían unhas leves, pero aínda sangrantes marcas duns pequenos cairos afiados. Ao seu lado estaba Pirata, cun estraño brillo na mirada e parecía sorrir.

Elena García Urbano
6ºA

Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 21-12-2010 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
O PAPÓN
O Papón é grande e forte e ten un bandullo moi grande.
Hai moito tempo o Papón veu a Ferrol e viu un cole e petou. Como ninguén abría rubiu ao tellado e rompeu o cristal. Entrou nunha clase de segundo e viu nenos e nenas. Comeunos a todos e ao profesor tamén.

Naiara Souto Graña
2º C
Comentarios (3) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 21-12-2010 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
PANTASMAS
Na casa de Marta sempre había ruído. Era unha casa antiga, con barrotes de ferro diante das ventás. Os pomos das portas eran de ferro oxidado , o chan, que era de madeira, chirriaba cada vez que se pasaba por encima del, e o teito, se levantabas moito a voz, ás veces caíanse anacos de madeira. Totalmente, sería unha casa fantástica para Halloween.
Unha noite, cando Marta se ía deitar, oíu un ruído, pero, como xa estaba acostumada a eses ruídos, non lle fixo moito caso.
Äs doce da noite, Marta espertou sobresaltada, oíra outra vez un ruído, pero non era o mesmo que oía sempre. Era un ruído distinto, como se alguén estivera falando moi amodo e baixiño:
-Psssssss.
Marta intentou chamar á súa nai.
-Mamá, mamá. Podes vir?-berrou con todas as súas forzas
Pero a nai non lle respondeu. Non se oíron ruídos do teito cando berrou, pero si se oíu unha voz espectral:
-Marta, Marta. Non teñas medo .... dicía a voz.
Marta non acostumaba ter medo, pero esa voz facía que lle tremeran as pernas.
- Quen, ... quen es... que queres?- dixo Marta con toda a voz que puido reunir.
- Pren... prende a luz- dixo outra vez Marta.
Cando a luz conseguiu iluminar toda a habitación, Marta non viu nada. Quedou uns minutos esperando para ver se vía algo, pero cando no seu reloxo deron as doce e media, Marta deixou de esperar e pensou que fora un pesadelo, así que apagou a luz e intentou reconciliar o sono. Cando xa estaba a punto de durmirse por completo a ventá abriuse e entrou unha viruxe tan fría que conseguiu espertar a Marta.
Cando se ía levantar para pechar a ventá un espectro apareceu diante dela. Marta tiña tanto medo que ningún son saía da súa boca. O espectro colleuna e tamén á súa nai.
Non se sabe que lle pasou á familia Gordelesqui, pero o que si se sabe é que a casa quedou deshabitada para sempre.
Suponse que o espectro comeu á familia Gordelesqui ou que a matou e logo colgou as súas cabezas na parede. Non se sabe, calquera cousa puido pasar...

Maite Saavedra
5º B
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 20-12-2010 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
O AVIÓN MALDITO
Unha familia aproximábase ao avión con destino a Siberia.
Cando estaban collendo a equipaxe viron a un vagabundo que lles berraba:
- Non collan ese avión!! Está maldito!! Maldito!!
A familia non fixo caso ao vagabundo e seguiron.
Soaron nos altofalantes do aeroporto:
- Viaxe a Siberia, embarquen no avión.
Despois de tres horas de voo, descubriron que os pilotos estaban mortos. O avión ía sen rumbo.
Estrelouse nunha montaña, cerca dun pobo, no día 26 de marzo de 1938. Dende aquela, din que cada ano, a noite do 26 de marzo óense os berros de horror dos pasaxeiros do avión maldito.

Carlos Amado e Gabriel Casal
2º A ESO
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 20-12-2010 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
AS PENURIAS DUNHA NENA
Aínda o Sol do Crepúsculo tinxía as nubes de vermello cando a Lúa podíase ver reflectida nos seus ollos.
Pasaría a noite en vela polos berros do seu pai mentres a súa nai estaba temerosa; Auril estaba en crequenas entre a cama e o armario. Levantouse lentamente e cansada cara ao baño. Ao verse no espello a súa tez branquecina cunhas grandes olleiras esvarou, caeu ao chan e quedou inconsciente.
Soñaba cun pai normal que non berrase nin fixese dano a ninguén, pero cando espertou volveu o pesadelo que era a súa vida.
Ao levantarse empezou a escoitar sons, virouse e viu á morte que ao cravarlle un coitelo no peito fixo esvaecer as penas que tiña.. Auril tomou forma de espírito e foi ao cuarto do seu pai, cando un grito invadiu a casa e un fío de sangue saíu por debaixo da porta, dándose conta de que liberara a súa nai do maltrato e evitando que fixera dano a alguén sentiuse satisfeita e así foi cando desapareceu deixando caer o coitelo ao chan.

Candela Ferrer Montero
1º A ESO
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 20-12-2010 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
54. De que obxecto se trata?
Negro e prateado, ti o verás.

CATEGORÍA: FÁCIL

Unha vez resolto este enigma visual poñeremos a foto completa en FOTOBLOGOTECA - ENIGMAS.

SOLUCIONADO
Comentarios (4) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 17-12-2010 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.