EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PALABRAS POLA PAZ
AMOR,AMIZADE, AGARIMO, ALEGRÍA, ALOUMIÑO, ACOUGO, AFECTO, AFABILIDADE, APOIO,
AXUDA, APEGO, APERTA, APRECIO, ALTRUÍSMO,BENESTAR
BONDADE,BENIGNIDADE, CARIÑO, CARICIA, COMPAÑEIRISMO,COMPROMISO, COMPAIXÓN, CALMA,
CONCORDIA, CONFIANZA, CARIDADE, CAMARADERÍA,
CONSIDERACIÓN, CORDIALIDADE, COLABORACIÓN
COOPERACIÓN, DOZURA, DEFENSA, DIGNIDADE, ESTIMA
FELICIDADE, FRATERNIDADE, FIDELIDADE,HARMONÍA,
HUMANIDADE, IGUALDADE, IMPLICACIÓN, LEDICIA
LEALDADE, PAZ, PROSPERIDADE, QUIETUDE, QUERENCIA
RESPECTO, RESPALDO, SERENIDADE, SENSIBILIDADE,
SINCERIDADE, SORRISO, SOSEGO, SOLIDARIEDADE,
SIMPATÍA, TRANQUILIDADE, TENRURA, TOLERANCIA,
UNIÓN, VONTADE, XENEROSIDADE.


ESTAS PALABRAS FORMARÁN PARTE DO NOSO OBELISCO DAS PALABRAS POLA PAZ.

SEGURAMENTE QUEDARÁN MOITAS OUTRAS, POR ISO SE QUERES APORTAR MÁIS, MÁNDANOS O TEU COMENTARIO.
Comentarios (5) - Categoría: Celebración do Día da Paz - Publicado o 30-12-2009 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA Nº 93
A TODOS IMITO

NON INVENTO NADA,

AS COUSAS QUE FAGO

SON TODAS MONADAS.

QUEN SON?
Comentarios (5) - Categoría: As adiviñas - Publicado o 26-12-2009 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA Nº 92
EU SON O AMO QUE MANDA AQUÍ

TEÑO UNHA PUCHA COLOR RUBÍ

E AO NENO GUAPO ESPERTO ASÍ:

QUIQUIRIQUI!

QUEN SON?
Comentarios (3) - Categoría: As adiviñas - Publicado o 26-12-2009 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA Nº 91
MOITAS MONXIÑAS

NO SEU CONVENTO

VISITAN AS FLORES

E FAN DOCE DENTRO.

QUEN SON?
Comentarios (3) - Categoría: As adiviñas - Publicado o 26-12-2009 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA Nº 90
ZAMBOMBA É UN INSTRUMENTO,

UN INSTRUMENTO MUSICAL,

PERO SE ES UN BO ELEMENTO,

TI SABERÁS,

EN QUE FESTA SE OE MÁIS?


Adiviña enviada por Ismael Vilar Carpente.
Comentarios (3) - Categoría: As adiviñas - Publicado o 26-12-2009 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA Nº 89
QUE COUSA, COUSIÑA É

QUE SE MOVE POLA AUGA

E NON TEN PÉ?


Adiviña enviada por Iago Rodríguez Carracedo.

Comentarios (2) - Categoría: As adiviñas - Publicado o 26-12-2009 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA Nº 88
ONDAS FAI, MAR NON É;

ESPIÑAS TEN, PEIXE NON É.

QUE É?


Adiviña enviada por Iago Rodríguez Carracedo.
Comentarios (2) - Categoría: As adiviñas - Publicado o 26-12-2009 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA Nº 87
ALTO ESTÁ

BARBAS TEN,

RI E GUINDA

O QUE CONTÉN.

QUE É?


Adiviña enviada por Brais Romalde Campos
Comentarios (5) - Categoría: As adiviñas - Publicado o 26-12-2009 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA Nº 86
ZUMBA QUE ZUMBA,

ÓESE O MEU SON

NAS NOITES DE NADAL

E ATA QUE SAE O SOL.

QUEN SON?


Adiviña enviada por Ismael Vilar Carpente.
Comentarios (2) - Categoría: As adiviñas - Publicado o 26-12-2009 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA Nº 85
VERDE NA TERRA,

BRANCO NA ARTESA

QUENTE NO FORNO,

GORDO NA MESA.

QUE É?


Adiviña enviada por Estefania Simón San Emeterio.
Comentarios (4) - Categoría: As adiviñas - Publicado o 26-12-2009 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.