EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O esqueleto terrorífico
Había unha vez un esqueleto, o chamaban O Esqueleto Terrorífico. Unha nena acercouse a el e morreu. Un neno dicía que o esqueleto aparecía polas noites e mataba aos nenos e os comía. Os nenos se facían escravos do esqueleto e mataban aos maiores. Cando acabou a historia a clase tivo moito medo.
Lucía 4ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 13-12-2008 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
O morto vivinte
Érase unha vez un neno que tivo un sono. Ao día seguinte o neno e o seu pai saíron polo bosque onde había unha escola creativa. Se sentaron para tomar a comida, pero o neno dixo que non quería sentarse alí, porque no sono vira que había un morto. No sono uns humanos desenterraron ao morto e o morto cobraba vida. E os humanos din que o morto botou unha maldición. E o morto conquistou toda a Terra, e os humanos morreron pola maldición.
Elena, 3ºA

Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 13-12-2008 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
O samaín embruxado
Érase unha vez unha nena que era bruxa. O día do Samaín o seu inimigo transformou a toda a xente. A nena como ía disfrazada de bruxa non cambiou. Foi á festa. Se encontrou a toda a xente embruxada. Entón a nena loitou contra o seu inimigo e ganou . E toda a xente desembruxou e foron felices.
Miriam, 4º B
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 13-12-2008 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
Unha noite de Samaín
Era unha noite de lúa chea e a nai Ánxeles foi recoller a roupa tendida no campo. De súpeto escoitouse un ruído: Auuuu! Auuuuu!
Despois apareceu unha cousa andando polo chan. Era un lobo que camiñaba cara ela Saíu correndo de medo…
Que era?
Era o seu bebé que andaba á súa busca.
Óscar 4ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 13-12-2008 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
A casa terrorífica

Había unha vez unha nena chamada Silvia que tiña 8 anos. Un día chegou a casa coa súa amiga Noelia. Cando Noelia xa se fora Silvia sentiu como se alguén estivera entrando na casa. Foi mirar á porta pero non había ninguén, entón pensou que sería o vento. Pola noite, cando Silvia estaba durmindo, escoitou no corredor uns pasos. Ela asustada levantouse, pero so era o seu pai que acababa de vir de traballar.
-Papá que susto me deches!
-Perdoa, Silvia.
Cando a nena volveu á cama tivo un soño onde pantasmas a collían ata que quedase sen respiración. Pola maña, na cociña, cando estaba almorzando escoitou voces que a chamaban.
-Silviaa, Silviaaa
-Quen me chama? – respondeu a nena asustada.
Son o teu espírito e destruireiche a vida, ha, ha, ha, ha.
A nena encerrouse no cuarto, pero o seu espírito estaba en todos lados, cun coitelo moi afiado.
Pola noite apareceulle un sobre enriba da cama onde poñía con sangue: “Perseguireite vaias onde vaias”. A nena non sabía que facer, estaba volvéndose tola.
Un día o espírito, cando estaba durmindo, cravoulle un coitelo no peito. Silvia ao espertar descubriu que soamente era un coitelo de efectos especiais que simulaba estar cravado.
Dende entón deixou de ter medo.
Antela 5ºA

Comentarios (2) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 08-12-2008 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
A pantasma do cemiterio
Esta historia ocorreu nun pobo de Magalofes (Fene).
O primo da miña avoa tiña que cruzar un cemiterio cheo de lodo para ir ata a casa da súa moza. Suponse que ao chegar ao outro lado do cemiterio tiña que ter os zapatos embarrados do lodo. Pero en cambio tiña os zapatos limpos e el sentía que algo o elevaba dende a entrada ata a saída.
Todo o mundo sabe que na cabeza da Santa Compaña vai un vivo coa cruz e a auga bendita, e en efecto, el viu ao pai da moza diante dunha liña de ánimas. Ao terceiro día de suceder aquilo… morreu o pai da súa moza.
Desde aquel día o primo da miña avoa saía todos os venres e sábado ao cemiterio ás doce da noite a alí convertíase nunha pantasma.
Ata agora todo o mundo cre que o que eleva ao primo da miña avoa era a Santa Compaña, pero ninguén se atreveu a investigalo, por agora.
Edgar 5ºB
Comentarios (6) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 08-12-2008 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
O enterro
Nun lugar chamado Piñeiro, dun pobo que xa non me acordo… vivían seis veciños. Dous dos veciños, Carme e Manolo, eran ricos e compraron unha tele.
Os demais veciños ían de noite a ver a tele á casa de Carme e Manolo. Unha parella de veciños, Xaquín e Pepa, foron unha noite a ver alí un programa de televisión. Cando rematou, á unha da noite, fóronse porque xa era moi tarde. Levaban un anaco camiñando cando viron a unhas persoas, moitas persoas. Eran moitos e coñecidos, non se atreveron a seguilos, e continuaron o seu camiño. Pero as persoas foron en grupo, en dirección ao cemiterio. A parella, Xaquín e Pepa, seguiron para a súa casa.
Ao día seguinte non se atreveron a dicir nada do que viran. Aos tres días seguintes de pasar iso chamaron á súa porta. Eran dous veciños, Xoán e Luisa, viñan moi tristes e tiñan a mala noticia de que morreran Carme e Manolo, e que tiñan que ir ao enterro.
Camiño do enterro chegaron ao lugar onde días antes viran as persoas.
Estaban alí!... As mesmas persoas. Camiño do enterro.
Esa mesma imaxe era a que viran aquela noite…
Inés 5ºB
Comentarios (3) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 06-12-2008 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Un conto de medo
Xoán e Marta vivían cos seus pais nunha finca. Un día os seus pais dixeron que se tiñan que marchar, pero que volverían tarde. Ao pouco rato oíronse uns berros. Xoán e Marta, aterrados, saíron á horta.
-!Outra vez os berros! – exclamou Xoán.
- Mellor que vaiamos á cama- dixo Marta.
Na cama non eran capaces de durmir. De súpeto abriuse a porta. Os dous aterrados, baixaron ao salón cara a porta da casa.
Cando abriron a porta viron un home-lobo.
-!AAAAAAAA!!-berraron os nenos.
-Que vos dixen de que estiverades na cama?-dixo o home-lobo.
-Pai, es ti?-dixeron os nenos.
-Si, son un home-lobo e a que berraba era a vosa nai cando se enterou -dixo el.
-Pero non nos van facer dano, verdade? – dixeron os rapaces.
-Claro que non- dixo o pai.
Gabriel 6ºA
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 05-12-2008 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
A Santa Compaña. Poema do Samaín
O Samaín está preto do magosto;
E no magosto bébese mosto,
pero no Samaín é época de susto.
!Non leves un desgusto!
A Santa Compaña dá moito medo,
así que intenta non ter ningún pesadelo.
!Feliz Samaín!!
Sabela 6ºB
Comentarios (4) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 05-12-2008 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
O campamento e a Santa Compaña
Un día uns nenos que estaban de campamento pola noite decidiron ir dar unha volta polo bosque. Xa tirando as dez da noite déronse conta de que estaban perdidos, cando de pronto !TAAN! !TAN! !TAAN! ! Era a Santa Compaña!
Os nenos asustáronse tanto que botaron a correr sen saber a onde ían meténdose cada vez máis no bosque, pero a Santa Compaña os seguía. Un deles lera un libro no que poñía como neutralizar a Santa Compaña. Entón sacou a lanterna e sen medo apuntou cara a Santa Compaña. Esta desapareceu ao instante.
Xuntos buscaron o camiño de volta á tenda. Ao final conseguiron chegar sans e salvos, aínda que o equipo de búsqueda que saíra a buscalos non volvera aparecer.
Marta 6ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 05-12-2008 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.