EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A COVA DOS VAMPIROS
Érase unha vez unha princesa que vivía nunha casa. Tiña uns veciños que vivían nunha cova.
Un día a princesa foi investigar. Oíu unhas voces de vampiros pero seguiu. Notou que a seguían, mirou para atrás e veu aos vampiros e saíu correndo da cova. Non volveu á casa dos veciños nunca máis.

Duna Bermúdez Blas
2ºA
Comentarios (5) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 30-11-2010 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
A BRUXA
Había unha vez unha bruxa que era malvada e colleu nenos e nenas.

Nadia López Soñora
2º B
Comentarios (2) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 30-11-2010 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
O HOME DO SACO
O Home do saco é un home que viste mal e colle aos nenos que se portan mal. Un día o Home do saco viu que un se portara mal. E entón, cando era de noite, saíu e colleu ao neno. Levouno con el, matouno e fixo sopa co neno. Dicía:
- Que rica!
Cando os pais espertaron, dixeron:
-E a nosa filla?
Chamaron a un detective. O detective veu e dixo:
-Encontra ao noso fillo.
E ao día seguinte o Home do saco estaba na casa pero o neno non estaba cos seus pais.

Iago Rodríguez
2º C
Comentarios (1) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 30-11-2010 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
O CASTELO ENCANTADO
Había unha vez un castelo encantado no que vivía unha raíña, un rei e a súa filla. Un día mirou nun armario, abriu e lle saltou unha pantasma. A Pantasma foi polos corredores e asustou á raíña e ao rei. Correron e sairon do castelo. A filla foi polos corredores e non apareceron. A filla foi polos xardíns e encontrou aos seus pais e todos foron felices.

Beatriz Casal Prego
2º A
Comentarios (2) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 30-11-2010 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
20. Numerando páxinas
Cantas cifras precisamos para numerar as follas dun caderno de 240 páxinas?
Comentarios (3) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 27-11-2010 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
19. Xogando cos números capicúa
Os números capicúa son os que se len igual de esquerda a dereita que de dereita a esquerda. Canto suman todos os números capicúas de tres cifras?
Comentarios (1) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 27-11-2010 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
18. Que cousas pasan no edificio...
Un edificio ten sete plantas. Os veciños chaman luns á primeira, martes á segunda, mércores á terceira, xoves á cuarta, venres á quinta, sábado á sexta e domingo á sétima. Como chaman ao ascensor?



SOLUCIONADO
Comentarios (3) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 27-11-2010 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
17. Na selva africana
Que pasa na selva africana todos os días (incluso festivos) de 4 a 6 da madrugada?



SOLUCIONADO
Comentarios (8) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 27-11-2010 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
16. Algo ben curioso
De que se pode encher unha bota para que pese o menos posible?




SOLUCIONADO
Comentarios (3) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 26-11-2010 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
15. Acontecemento curioso
No cume dunha montaña atopamos un sombreiro, unha bufanda e unha cenoria. Ninguén tirara estes tres obxectos ao chan, pero é totalmente lóxico que se atopen xuntos nese lugar. Cal é a explicación?



SOLUCIONADO
Comentarios (3) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 26-11-2010 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.