EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As cabazas espectrais
Era Samaín, e María estaba decorando a casa con cabazas, ósos de xoguetes, cabras de cartón e candeas. Chegou a noite, era lúa chea e María xa se deitara. Oíu pasos e mirou polo ferrollo. As cabazas cobraran vida e agora tiñan corpos; os esqueletos e cabazas levaban candeas. Viñan a por ela, coláronse polo ferrollo e a colleron. Estaba a punto de morrer atada a unha cruz con lume, pero de repente… espertou sobresaltada. No seu cuarto apareceu unha cabaza mentres durmía, pero foi o seu irmán. María anoxouse e lle botou unha… iso si que daba medo!
Marina 6ºB
Comentarios (5) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 28-11-2008 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
Unha vida maldita
Nun poboado celta chamado Vila da Mavida, vivían dous nenos de nove anos chamados Toría e Xhogo.
Unha noite de outubro, viñan do monte e, ao pasar cerca dun cranio con lume, a Toría pareceulle ver saír dun deles unha pantasma. Díxollo a Xhogo, pero el pensou que estaba tola.
Cando toda a casa durmía, Toría non podía pegar ollo, dicía que notaba algo estraño detrás dun cántaro. Xhogo volveu a pensar que estaba tola e dixo que ía a separar o cántaro para asegurarse que non pasaba nada.
Coa axuda de Toría separou o cántaro e a terra comezou a dar voltas, e uns segundos despois víronse tombados na herba. Tamén notaron un cheiro a humidade, mofo e lápidas. Estaban nun campo santo!
De súpeto as tumbas abríronse, deixando paso a corpos sen alma e formaron unha procesión entre eles: a Santa Compaña. Os mortos decatáronse da presenza dos vivos. Entón matáronnos de medo. Como por arte de maxia os seus cadáveres apareceron no centro da aldea. Isto foi pasando co resto dos habitantes ata que non quedou ninguén.
Moitísimos anos despois descubriu o gran enigma da aldea celta. O seu nome era Mavida, pero esa palabra contiña unha frase. Era: MALAVIDA.
Clara, 5ºA
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 28-11-2008 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Mortos vivinte
Manuel viña da taberna e volvía para casa. Empezou a chover con moita forza e apurou o paso para chegar ata o cemiterio, que era o único abrigo que había no camiño. Cando chegou arrimouse ben á parede para cubrirse o mellor posible da chuvia. Sacou un cigarro do peto, e de súpeto sae unha man do nicho que di:
-Queres lume?
Manuel saiu correndo porque pensou que era un morto o que lle falaba. Pero o que estaba no nicho era o seu veciño Carlos que tamén se estaba abrigando da chuvia.
Rubén 6ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 28-11-2008 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
A viaxe do padriño a San Andrés de Teixido
Ocorreu no monte de Ancos. A miña bisavoa Aurora tiña un padriño chamado Luís. Luís nunca fora a San Andrés de Teixido. Cando morreu Luís, outro dos seus afillados, chamado Antón, decidiu levar a súa alma ao santuario e dixo:
-Vou levar a Luís a San Andrés de Teixido.
-Pero que dis?-dixo Aurora -Estás tolo?
- Pois si –dixo el – Como di o refrán “A San Andrés de Teixido vai de morto o que non vai de vivo”.
Antón chegou ao cemiterio e buscou a tumba de Luís.
-Veña, Luís- díxolle Antón- Levántate, ímonos a San Andrés de Teixido.
Antón semellou coller o espírito de Luís e foron a San Andrés de Teixido, os dous da man.
-Salta o charco!-indicaba Antón, dando instrucións precisas para percorrer o camiño.
- Para! Que hai un cabalo… Coidado!, que vén un tractor…Ollo con ese toxo!..
Así foron os dous a San Andrés de Teixido, un de morto e outro de vivo.
Sabela 5ºB
Comentarios (6) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 28-11-2008 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
O espello da morte
Hai moitos anos había unha nena que foi visitar á súa avoa. Como estaba aburrida subiu ao faiado a ver que había. Alí viu un espello roto e nel estaba o seu reflexo, moi pálido, coa camisa rota e cun fío de sangue na cabeza. Asustouse e saíu correndo polas escaleiras, pero caeu e morreu. O seu cadáver, tal como aparecera no espello, era pálido, tiña a roupa rota e un fío de sangue na fronte.
Ela vira como fora a súa morte.
Alicia 6ºA
Comentarios (1) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 28-11-2008 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Case a Santa Compaña
Ía eu camiñando polo bosque, cara a casa da miña curmá, xa que era o seu aniversario, xustamente o día despois do Samaín. Quería chegar antes e entón tiven que ir pola noite. De súpeto apareceu unha luz, e eu pensei que era a Santa Compaña Entón escondinme detrás dunha árbore. Tiven moito medo, pero non escapei, quería ver a Santa Compaña. Ía dicindo o meu nome. Entón decateime que os seus cabelos eran rubios, é claro, a miña nai é a única do pobo que ten os cabelos así. Polo tanto tiña que ser a miña nai. E éraa, porque me contou que ela se quedara durmida cando lle berrei:
-Vou á casa da miña curmá!
Cando espertou e non me viu, asustouse e foi buscarme. Por sorte non era a Santa Compaña, pero… ao mellor o ano que vén aparecerá ??
Maxa 6ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 28-11-2008 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
QUE SUSTO!
Íamos unhas amigas e máis eu a gastarlle unha broma á profesora. Todo estaba planeado: primeiro disfrazariamonos coma se fosemos a Santa Compaña e logo Paula chamaría á porta da profesora.
O domingo xa estaba todo preparado. Puxémonos os disfraces e empezamos a camiñar cara a casa da mestra. Cando chegamos e Paula se dispoñía a chamar... Que pasou?
A Santa Compaña! Ufff, morreran uns amigos que tamén viñan asustar á profe.
Paula chamou á porta e nós finximos ser a Santa Compaña.
Todo saiu ben e María Xesús non volveu mandarnos deberes.
Jorge 6º
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 26-11-2008 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Tintín e o vampiro
Érase unha vez unha aldea moi pequerrecha que se chamaba a Vila do Morcego. A xente ríase dos vampiros. Tintín, que era moi valente e forte, tampouco cría nos vampiros. Tintín, coma todos os anos, foi coller castañas. Aquel día escoitouse un ruído moi estraño. Tintín, tranquilo, escondeuse nun arbusto. Asomouse e viu un vampiro cos seus dentes afiados coma un coitelo. Tintín colleu unha estaca e cravouna no corazón do vampiro. Daquela nunca máis se riron dos vampiros.
Rodrigo 2º B
Comentarios (2) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 26-11-2008 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Unha princesiña máxica
Era Samaín, no mundo das pantasmas. Unha princesiña vivía nun castelo moi bonito. O pai da princesiña vivía con ela. De súpeto abriuse a porta. Un vampiro dixo:
- Dame o teu castelo ou lévome á túa filla.
E o rei dille:
- Non che darei o meu castelo.
E o vampiro colleu á princesa. Levouna ao seu castelo escuro pero...
A princesa fixo maxia!
Un príncipe apareceu e salvou a princesa.
Paula 2ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 20-11-2008 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
As cabazas estrañas
Era Samaín. Facían un concurso de cabazas. Quedaran nunha mesa. De pronto movéronse, falaron, convertíronse en vampiros, comeron as persoas e logo non había ninguén. Fóronse a outro pobo onde estaban moitas máis persoas. Comeron a todos. Estaban tan, tan gordos, que un lobo comeunos a todos.
Laura 2º B
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 20-11-2008 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.